Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Xoves, 27 de febreiro de 2003 Páx. 2.390

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2003 pola que se convocan varios cursos de formación continua para o persoal da Xunta de Galicia.

Dentro do programa de actividades de formación continua da EGAP para o 2003, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse os cursos referidos no anexo I á presente resolución, que se desenvolverán de conformidade coas seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nos cursos programados deberá solicitalo coa presentación da instancia e certificación que, como modelos oficiais, se recollen no anexo II e III desta resolución, respectivamente.

2. Naqueles cursos que conten con varias edicións presentarase unha soa instancia e para unha única localidade.

3. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso neste ano.

4. Para os cursos que se realicen ata o mes de xuño inclusive, o prazo de presentación de instancias rematará o día 10 de marzo. Para os cursos que se realicen a partir do mes de agosto, o prazo de presentación de solicitudes rematará o día 31 de maio.

5. As solicitudes, dirixidas ó director da EGAP, presentaranse no rexistro xeral da escola, sita na rúa de Madrid, 2-4, Polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, ou en calquera das dependencias recollidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Segunda.-Acceso ás actividades.

Poderá participa-lo persoal que cumpra os requisitos específicos esixidos para cada curso no aludido anexo I.

Terceira.-Selección.

1. Os criterios selectivos que se van utilizar serán os sinalados con carácter xeral na resolución da Escola Galega de Administración Pública do 27 de xuño de 1994 (Diario Oficial de Galicia nº 149, do 3 de agosto), modificada pola Resolución do 5 de xaneiro de 2001 (Diario Oficial de Galicia nº 14, do 19 de xaneiro). Nos cursos de conversa en inglés e conversa en francés a selección realizarase mediante unha proba oral no respectivo idioma. No curso

de inglés comunitario poderá realizarse unha proba de avaliación lingüística.

2. Nos cursos que conten con varias edicións terá preferencia na selección efectuada para cada unha das localidades programadas o persoal que desempeñe o seu posto de traballo nelas.

3. En todo caso, terá preferencia o persoal fixo sobre o temporal.

4. As relacións de seleccionados para participar nos cursos previstos publicaranse nos taboleiros de anuncios da Escola Galega de Administración Pública e do Centro de Información Administrativa e Atención ó Cidadán e, se é o caso, nas delegacións provinciais da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

Cuarta.-Certificacións de asistencia.

1. Outorgaráselle-lo correspondente certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade e dedicación no desenvolvemento dos cursos. Para os efectos de avalia-los coñecementos adquiridos polos alumnos, a EGAP poderá fixa-la realización das probas que considere oportunas ou requiri-la presentación dun traballo final de prácticas.

2. É obrigatoria a asistencia e puntualidade a tódalas sesións dos cursos. Toda ausencia deberá ser xustificada debidamente polo interesado. A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, a máis do 15% das horas lectivas programadas, impedirá a expedición da certificación anteriormente referida e dará lugar á baixa no curso coa perda de tódolos dereitos.

3. Para coñecemento e constancia no seu expediente, os participantes nos cursos deberán facilitar copia das certificacións recibidas ós servicios de persoal do centro directivo ó que estean adscritos.

Quinta.-Modificacións.

1. A EGAP poderá modifica-lo desenvolvemento e mailos contidos dos cursos anunciados co fin de adaptalos ás necesidades da Administración, así como ás distintas continxencias que poidan xurdir.

2. No suposto de que o número de instancias recibidas sexa inferior ó 50% das prazas convocadas, a EGAP reserva para si o dereito de suspende-la realización do curso de que se trate, utilizando para o efecto os medios de notificación ós interesados previstos na normativa vixente.

Sexta.-Financiamento.

En razón dos fondos con que se financiarán estes cursos, a súa realización efectiva está condicionada á transferencia daqueles por parte do Instituto Nacional de Administración Pública.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2003.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública

ANEXO I

* Curso: procedemento de outorgamento de licencias e concesións administrativas.

1. Obxectivos.

Estudio teórico e práctico do outorgamento de licencias e concesións, referencia a algúns dos procedementos nos que se desenvolve esta materia. Farase especial referencia ás licencias de concesións de dominio público e á normativa autonómica en materia de patrimonio.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A e B e persoal laboral dos grupos I e II da Xunta de Galicia, que desempeñen tarefas relacionadas coas materias que constitúen o contido do curso.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 21 horas.

3.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela, os días 1, 2, 3, 7, 8, 9 e 10 de abril.

3.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.4. Prazas: 25.

4. Contido.

Réxime xurídico aplicable ás licencias. Autorizacións e permisos. As súas diferencias. Denegación, caducidade e revogación das licencias, autorizacións e permisos. As concesións: as súas clases e natureza xurídica. A doutrina das concesións administrativas e as súas relacións coa do contrato administrativo. Réxime xurídico da concesión de servicios públicos. A concesión do dominio público. A modificación, novación e transmisión das concesións. A súa extinción.

* Curso: réxime xurídico das axudas (2 edicións).

1. Obxectivos.

Unificar criterios e perfecciona-los métodos legais de actuación de acordo co establecido nas distintas normas de axudas.

2. Destinatarios.

Persoal da Xunta de Galicia con responsabilidade na tramitación e xestión de axudas e subvencións, que se atopen destinados en unidades dedicadas a esta tarefa.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 21 horas.

3.2. Lugar e datas: EGAP, os días 1, 2, 3, 7, 8, 9 e 10 de abril.

3.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.4. Prazas: 25 por edición.

4. Contido.

O procedemento das subvencións. A súa concesión. O pagamento das axudas. O control das subvencións. As subvencións no orzamento público.

* Curso: procedemento administrativo, intimidade e informática.

1. Obxectivos.

Estudia-los problemas que se presentan no actuar da Administración pública en relación coas materias que están cubertas pola garantía constitucional da intimidade persoal e familiar, tanto no aspecto teórico como no práctico, examinando a normativa de acceso a arquivos e rexistros no que afecta este dereito constitucional, as cuestións que se presentan polo uso da informática na Administración pública e o réxime legal de protección de datos de carácter persoal.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A e B e persoal laboral dos grupos I e II da Xunta de Galicia, que desenvolvan tarefas relacionadas coas materias que constitúen o contido do curso.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 21 horas.

3.2. Lugar e datas: EGAP, os días 21, 22, 23, 24, 28, 29 e 30 de abril.

3.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.4. Prazas: 25.

4. Contido.

Introducción. Administración pública e intimidade persoal e familiar dos cidadáns. Dereitos constitucionais en presencia e a súa regulamentación legal. Procedemento administrativo e intimidade. Dereito de acceso a arquivos e rexistros. Problemática nos distintos sectores da actividade administrativa. Casos prácticos. Administración pública e informática. A seguridade nas comunicacións electrónicas. O documento electrónico, a firma electrónica e as relacións coa Administración pública por medios electrónicos e informáticos. A protección de datos de carácter persoal: regulamentación legal. Principios da protección de datos e dereitos das persoas. Ficheiros de titularidade pública e privada. A Axencia de Protección de Datos. Infraccións e sancións.

* Curso: o deber de actuar e o control da inactividade da Administración.

1. Obxectivos.

Estudia-lo deber xurídico de actuar da Administración, analizando as súas dificultades e obstáculos, tanto no eido teórico como no práctico, examinándose os supostos de inactividade consagrados nas normas, como o caso do silencio administrativo e a perención e intentando repara-las consecuencias da inactividade administrativa no seu sentido amplo, valorando as súas consecuencias e a responsabilidade patrimonial da Administración nestes casos.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A e B e persoal laboral dos grupos I e II da Xunta de Galicia, que no desempeño do seu posto de traballo desenvolvan tarefas relacionadas coas materias obxecto do curso.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 21 horas.

3.2. Lugar e datas: EGAP, os días 15, 16, 17, 18, 22, 23 e 24 de setembro.

3.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.4. Prazas: 25.

4. Contido.

O deber de actuar. Inactividade regulamentaria e execución das leis. O deber de incoacción e a discrecionalidade nos procedementos iniciados de oficio. O silencio da Administración en materia sancionadora. A inactividade na instrucción dos procedementos administrativos. O deber de resolver. A perención administrativa. O silencio administrativo. A inexecución dos actos administrativos. A inactividade dos concesionarios. Inactividade administrativa e responsabilidade patrimonial.

* Curso: a execución, modificación e extinción dos contratos administrativos.

1. Obxectivos.

Profundar no estudio dos preceptos legais e das novidades regulamentarias na materia da execución, modificación e extinción dos contratos administrativos. En particular, estudiaranse os dereitos e obrigas do contratista, as consecuencias do incumprimento da Administración, a transmisión dos dereitos de cobro, o principio de risco e ventura nos contratos administrativos, así como as normas legais sobre cumprimento dos distintos contratos e a súa modificación e prórroga.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A e B e persoal laboral dos grupos I e II da Xunta de Galicia, que no desempeño do seu posto de traballo desenvolvan tarefas relacionadas coas materias obxecto do curso.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 21 horas.

3.2. Lugar e datas: EGAP, os días 19, 20, 21, 22, 26, 27 e 28 de maio.

3.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.4. Prazas: 25.

4. Contido.

Introducción. Execución dos contratos administrativos. Efectos dos contratos. Dereitos e obrigas do contratista. Demora na execución e prórroga dos contratos. Incumprimento da Administración. Transmisión dos dereitos de cobro. Producción de danos e perdas a terceiros. Cesión do contrato e subcontratación. O principio de risco e ventura. Forza maior. A execución do contrato de obras: a comprobación do replanteo. Regulación regulamentaria. Modificación do contrato de obras. Modificacións non autorizadas. Complementarios. Cumprimento do contrato de obras. Recepción e prazo de garantía. Ocupación efectiva das obras e recepcións tácitas. Resolución do contrato de obras. Execución, modi

ficación e extinción do contrato de xestión de servicios públicos, contrato de abastecemento e contratos de consultoría e asistencia dos servicios públicos.

* Curso: o novo regulamento da Lei de contratos das administracións públicas e o expediente de contratación. Os pregos de cláusulas.

1. Obxectivos.

Analiza-lo novo regulamento da Lei de contratos das administracións públicas, estudiando a súa incidencia práctica nas actuacións procedementais preparatorias dos contratos e nos expedientes de contratación.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A e B e persoal laboral dos grupos I e II, con destino na Administración da Xunta de Galicia, que no desempeño do seu posto de traballo desenvolvan tarefas relacionadas coa materia obxecto do curso.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 21 horas.

3.2. Lugar e datas: EGAP, os días 1, 2, 3, 4, 8, 9 e 10 de setembro.

3.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.4. Prazas: 25.

4. Contido.

O novo regulamento da Lei de contratos das administracións públicas. Órganos de contratación. Determinación do obxecto dos contratos: pluralidade do obxecto e prestacións condicionadas. Variantes e melloras. Capacidade e solvencia das empresas. Determinación dos criterios de selección das empresas nos pregos. Unións temporais de empresarios. Actuacións relativas á contratación: pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas. Práctica administrativa en modelos-tipo de pregos de cláusulas administrativas particulares. Formalización dos contratos. Contratos menores. Anteproxectos, proxectos e expedientes de contratación no contrato de obras. Proxectos de explotación no contrato de xestión de servicios públicos. Disposicións relativas a contratos de abastecemento, consultoría e asistencia e servicios. A actuación da mesa de contratación no novo regulamento.

* Curso: técnicas de redacción de informes, propostas e resolucións (7 edicións).

1. Obxectivos.

Domina-las técnicas de redacción dos documentos administrativos complexos.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A, B e C e persoal laboral dos grupos I, II e III da Xunta de Galicia, que no desempeño do seu posto de traballo desenvolvan tarefas relacionadas coas materias obxecto do curso.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 21 horas.

3.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela (2 edicións) e Vigo: 14, 15, 16, 21, 22, 23 e 24 de abril. A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra: 28, 29 e 30 de abril; 5, 6, 7 e 8 de maio.

3.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.4. Prazas: 25 por edición.

4. Contido.

A linguaxe administrativa como linguaxe de especialidade. Criterios xerais de estilo na redacción administrativa. Os informes. As resolucións. Os recursos.

* Curso: a normativa laboral. O convenio colectivo único para o persoal da Xunta de Galicia. A negociación colectiva.

1. Obxectivos.

Profundar no coñecemento da normativa laboral vixente, con especial atención á normativa autonómica.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A, B e C e persoal laboral dos grupos I, II e III da Xunta de Galicia, que desempeñen postos de traballo nos que leven a cabo funcións relacionadas co contido do curso.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 30 horas.

3.2. Lugar e datas: EGAP, os días 15, 16, 20, 21, 22, 23, 27, 28, 29 e 30 de outubro.

3.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.4. Prazas: 30 por edición.

4. Contido.

A normativa laboral. Políticas de igualdade. As modificacións producidas na contratación laboral. O réxime da Seguridade Social e o cálculo das pensións. As empresas de traballo temporal e a súa relación coa Administración pública. O convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia. O Servicio Galego de Colocación. A negociación colectiva.

* Curso: fundamentos de dereito comunitario para a praxe administrativa.

1. Obxectivos.

Prove-lo persoal administrativo que deba consultar e aplicar normas comunitarias de dereito privado e actos atípicos (comunicacións da comisión, entre outros) dos coñecementos precisos para a correcta defensa das competencias e intereses da Comunidade Autónoma de Galicia. Colaborar á formación de especialistas sectoriais naquelas consellerías e organismos directamente afectados polas normas de execución das distintas políticas comúns existentes a nivel europeo.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A, B e C e persoal laboral dos grupos I, II e III da Xunta de Galicia, que desenvolvan tarefas relacionadas co contido do curso.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 30 horas.

3.2. Lugar e datas: EGAP, os días 29 e 30 de abril; 5, 6, 7, 8, 12, 13, 14 e 15 de maio.

3.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.4. Prazas: 20.

4. Contido.

Sistema de fontes. Defensa da competencia material autonómica na formación do dereito comunitario. Desenvolvemento e execución do dereito comunitario polas comunidades autónomas. Exame da práctica comparada en estados de estructura complexa. Supervisión pola Comisión Europea. Análise do procedemento de infracción comunitario.

* Curso: xestión de procedementos administrativos afectados por disposicións comunitarias.

1. Obxectivos.

Familiariza-lo persoal autonómico coas disposicións de dereito derivado europeo que priman sobre as normas do ordenamento español nos procedementos administrativos máis comúns. Interpretar e integrar correctamente as disposicións substantivas comunitarias. Resolve-los conflictos que poida xera-la aplicabilidade directa pola Administración autonómica.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A, B e C e persoal laboral dos grupos I, II e III da Xunta de Galicia, que desenvolvan tarefas relacionadas co contido do curso.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 30 horas.

3.2. Lugares e datas: EGAP, os días 3, 4, 5, 6, 10, 11, 12, 13, 17 e 18 de novembro.

3.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.4. Prazas: 20.

4. Contido.

Introducción: marco de relacións entre os diversos ordenamentos. Procedemento administrativo común e dereito comunitario. Xestión da actividade administrativa de fomento nun contorno comunitario. Elaboración de disposicións administrativas e controis da Comisión Europea. As directivas de contratación administrativa como normas de integración.

* Curso: xeral de xestión orzamentaria.

1. Obxectivos.

Proporcionar coñecementos específicos en materia de xestión orzamentaria.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A, B e C e persoal laboral dos grupos I, II e III con destino na Administración da Xunta de Galicia, interesados na materia obxecto do curso.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 24 horas.

3.2. Lugar e datas: EGAP, os días 12, 13, 14, 15, 19, 20, 21 e 22 de maio.

3.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.4. Prazas: 30.

4. Contido.

Introducción ós orzamentos da Comunidade Autónoma galega. A execución dos diferentes capítulos orzamentarios. Modificacións orzamentarias. Liquidación e peche do orzamento.

* Curso: a xestión dos tributos da Comunidade Autónoma galega.

1. Obxectivos.

O estudio, desde un punto de vista eminentemente práctico, dos problemas específicos que formula a aplicación do conxunto dos tributos da Comunidade Autónoma galega, tanto os xestionados directamente pola propia comunidade, como os xestionados por delegación ou colaboración con outras entidades públicas, para profundar na cuestión do financiamento autonómico desde a perspectiva do dereito procedimental.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A, B e C e persoal laboral dos grupos I, II e III da Xunta de Galicia, que no desempeño do seu posto de traballo desenvolvan tarefas relacionadas coas materias obxectivo do curso.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 30 horas.

3.2. Lugar e datas: EGAP, os días 29 e 30 de setembro; 1, 2, 6, 7, 8, 9, 13 e 14 de outubro.

3.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.4. Prazas: 25.

4. Contido.

Os tributos da Comunidade Autónoma galega. Tributos propios. Impostos e taxas. Impostos cedidos. Réxime xeral. Cesión parcial do IRPF. Imposto sobre o patrimonio. Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Imposto sobre sucesións e doazóns. Xestión de tributos sobre o xogo.

* Curso: xeral de contabilidade pública.

1. Obxectivos.

Proporcionar uns coñecementos básicos en materia de contabilidade pública.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A, B e C e persoal laboral dos grupos I, II e III da Xunta de Galicia, que no desempeño do seu posto de traballo realicen funcións relacionadas co contido do curso.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 30 horas.

3.2. Lugar e datas: EGAP, os días 5, 6, 7, 8, 12, 13, 14, 15, 19 e 20 de maio.

3.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.4. Prazas: 25.

4. Contido.

Plan Xeral de Contabilidade Pública. Orzamento de gastos. Orzamento de ingresos. Endebedamento. Transferencias e subvencións. Inmobilizado non financeiro. Tesourería. Contas anuais.

* Curso: xestión de persoal.

1. Obxectivos.

Proporcionar uns coñecementos básicos en materia de xestión do persoal das administracións públicas.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A, B e C e persoal laboral dos grupos I, II e III, destinados en unidades de recursos humanos da Administración da Xunta de Galicia.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 21 horas.

3.2. Lugar e datas: EGAP, os días 19, 20, 21, 22, 26, 27 e 28 de maio.

3.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.4. Prazas: 25.

4. Contido.

Introducción ó tema. O persoal ó servicio das administracións públicas. Réxime xurídico e características de xestión dos diferentes tipos de persoal.

* Curso: xestión de operacións de pagamento.

1. Obxectivos.

Proporciona-los coñecementos teóricos e prácticos que permitan mellora-los procedementos de xestión de operacións de pagamento

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A, B e C e persoal laboral dos grupos I, II e III da Xunta de Galicia, relacionados coa materia obxecto do curso.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 21 horas.

3.2. Lugar e datas: EGAP, os días 28, 29, e 30 de abril; 5, 6, 7 e 8 de maio.

3.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.4. Prazas: 30.

4. Contido.

O orzamento e a xestión orzamentaria. Operacións especiais de pagamento: pagamentos en firme. Pagamentos que hai que xustificar. Fondo de manobra/anticipos de caixa fixa. Organización e funcionamento das caixas pagadoras: a habilitación. Xestión de pagamentos de bens e servicios. Xestión de pagamentos de retribucións de persoal.

* Curso: formación de formadores.

1. Obxectivos.

Introducir, actualizar e mellora-las habilidades didácticas das persoas que se dedican á impartición de accións formativas.

2. Destinatarios.

Persoal funcionario e laboral da Xunta de Galicia que impartiran cursos ou actividades formativas da EGAP.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 20 horas.

3.2. Lugar e datas: EGAP, os días 27, 28, 29 e 30 de outubro; 3, 4 e 5 de novembro.

3.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.4. Prazas: 10.

4. Contido.

A aprendizaxe adulta. O grupo como destinatario da acción formativa. Métodos e sistemas de aprendizaxe.

* Curso: xestión informática das unidades administrativas.

1. Obxectivos.

Proporcionar uns coñecementos básicos para a xestión informática das unidades administrativas, con especial atención ás posibilidades que ofrece Internet.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A e B e persoal laboral dos grupos I e II da Xunta de Galicia, que no desempeño do seu posto de traballo realicen funcións relacionadas co contido do curso, preferentemente responsables de unidades administrativas con nivel de subdirección xeral ou xefatura de servicio.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 24 horas.

3.2. Lugar e datas: EGAP, os días 27 e 28 de maio; 2, 3, 4, 5, 9 e 10 de xuño.

3.3. Horarios: das 17 ás 19 horas.

3.4. Prazas: 20.

4. Contido.

Coñecementos básicos: manexo da información. Partes fundamentais dun ordenador persoal. Sistema operativo: concepto. Manexos básicos iniciais. Con

ceptos de arquivo, carpeta e directorio. Organización das unidades de almacenamento. Traballo cun programa e intercambio de información entre distintos programas. Procesador de textos e demais programas de uso habitual nas unidades administrativas. Internet: conceptos básicos. World Wide Web.

* Curso: procedemento administrativo na modalidade de teleformación (5 edicións).

1. Obxectivos.

Perfeccionar e actualiza-los coñecementos sobre a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos C e D e persoal laboral dos grupos III e IV da Xunta de Galicia, con coñecemento de acceso á Internet.

3. Requirimentos técnicos:

-PC con conexión á Internet.

-Conta de correo electrónico.

-Navegador da Internet.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 24 horas (20 de autoestudio con titorías telemáticas e 4 horas presenciais).

A realización do autoestudio complementarase coa existencia dun sistema de titoría telemática para que os alumnos poidan formularlle ó profesor tódalas dúbidas relacionadas coa materia do curso.

Sesións presenciais: realizaranse dúas sesións presenciais de 2 horas, a primeira ó comezo do curso co fin de explica-lo seguimento e a estructura deste e a segunda ó remate para a realización da proba de avaliación para poder obte-lo diploma.

4.2. Datas: outubro a novembro.

4.3. Prazas: 20 por edición.

5. Contido.

Principios xerais e ámbito de aplicación da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común. Procedemento administrativo: concepto e fins do procedemento. Características e fases do procedemento administrativo. Principais trazos do procedemento de elaboración de disposicións de carácter xeral. O procedemento sancionador. Procedementos de reclamacións previas ó exercicio das accións civís e laborais, procedementos especiais á marxe da Lei 30/1992.

* Curso: o expediente administrativo e os documentos administrativos (7 edicións).

1. Obxectivos.

Indica-los aspectos teóricos e prácticos involucrados na tramitación dos expedientes administrativos, así como estudia-lo documento administrativo desde o punto de vista xurídico e as principais formas documentais, todo iso relacionado cos dereitos dos cidadáns en relación cos expedientes administrativos e

abordando a problemática xurídica dos rexistros, certificacións e compulsas.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos C e D e persoal laboral dos grupos III e IV da Xunta de Galicia, que no desempeño do seu posto de traballo realicen funcións relacionadas co contido do curso.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 21 horas.

3.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela (2 edicións), A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, os días 13, 14, 15, 16, 20, 21 e 22 de outubro.

3.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.4. Prazas: 25 por edición.

4. Contido.

Custodia, formación e ordenación do expediente. Clases de documentos, formalidades documentais. Dereitos dos cidadáns en relación cos expedientes administrativos. Rexistros, certificacións e compulsas. Acceso ó expediente administrativo e ós arquivos e rexistros.

* Curso: xeral de contratación administrativa (2 edicións).

1. Obxectivos.

Profundar nos coñecementos xerais na materia e capacita-los participantes no manexo do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos C e D e persoal laboral dos grupos III e IV da Xunta de Galicia, que no desempeño do seu posto de traballo realicen funcións relacionadas cos obxectivos do curso.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 21 horas.

3.2. Lugares e datas: EGAP (2 edicións), os días 9, 10, 11, 12, 16, 17 e 18 de xuño.

3.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.4. Prazas: 30 por edición.

4. Contido.

Principios xerais. Actuacións previas. O contrato de obras. O contrato de xestión de servicios públicos. Outros tipos de contratos.

* Curso: introducción á Unión Europea (6 edicións).

1. Obxectivos.

Ofertar unha aproximación inicial ós funcionarios que aplican políticas, programas e iniciativas comunitarias mediante a tramitación dos seus correspondentes procedementos administrativos. Familiarización co vocabulario e conceptos básicos do acervo comunitario para a súa posterior explicación ós

administrados. Coñecemento do entramado institucional europeo e o seu funcionamento. Aprendizaxe do manexo de ferramentas, bases de datos e recursos que faciliten a busca de información comunitaria complementaria.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos C e D e persoal laboral dos grupos III e IV, con destino na Administración da Xunta de Galicia, que no desempeño do seu posto de traballo realicen funcións relacionadas cos obxectivos do curso.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 24 horas.

3.2. Lugar e datas: A Coruña: 19, 20, 21, 22, 26, 27, 28 e 29 de maio; Santiago de Compostela: 2, 3, 4, 5, 9, 10, 11 e 12 de xuño; Lugo: 16, 17, 18, 19, 23, 24, 25 e 26 de xuño; Ourense: 1, 2, 3, 4, 8, 9, 10 e 11 de setembro; Vigo: 15, 16, 17, 18, 22, 23, 24 e 25 de setembro; Pontevedra: 29 e 30 de setembro, 1, 2, 6, 7, 8 e 9 de outubro.

3.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.4. Prazas: 25 por edición.

4. Contido.

Historia da construcción europea e institucións. Sistema xurídico: dereito orixinario e derivado. Liberdades e dereitos individuais. Políticas comúns do sector primario. Políticas económicas. Defensa do ambiente e protección do consumidor. Incidencia do dereito comunitario en institucións de dereito administrativo. Fontes de información europea.

* Curso: básico de arquivo (7 edicións).

1. Obxectivos.

A iniciación ó tratamento documental e ás técnicas de arquivo na Administración pública.

2. Destinatarios.

Persoal da Xunta de Galicia, pertencente ós grupos funcionariais C, D e E e laborais III, IV e V, que no desempeño do seu posto de traballo leven a cabo tarefas de arquivo de documentación administrativa.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 21 horas.

3.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela (2 edicións), A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, os días 14, 15, 16, 21, 22, 23 e 24 de abril.

3.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.4. Prazas: 30 por edición.

4. Contido.

Información e documentación. O proceso documental. Os documentos das administracións públicas. As técnicas de arquivo.

* Curso: información e atención ó cidadán (6 edicións).

1. Obxectivos.

Comprensión dos modos de conducta e das diferentes situacións que se poden presentar no desen

volvemento dun posto de traballo de atención ó público.

2. Destinatarios.

Persoal pertencente ós grupos funcionariais C, D e E e laborais III, IV e V da Xunta de Galicia, que ocupen postos de traballo que comporten tarefas de atención ó público e información ó cidadán.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 24 horas.

3.2. Lugares e datas: Ourense: 2, 3, 4, 12, 13, 16 e 17 de xuño; Pontevedra: 5, 6, 9, 10, 11, 17 e 18 de xuño. Vigo: 18, 19, 20, 23, 24, 25 e 26 de xuño. A Coruña: 8, 9, 10, 18, 19, 22 e 23 de setembro; Lugo: 11, 12, 15, 16, 17, 23 e 24 de setembro. Santiago de Compostela: 24, 25, 26, 29 e 30 de setembro; 1 e 2 de outubro.

3.3. Horarios: das 17 ás 20.30 horas.

3.4. Prazas: 30 por edición.

4. Contido.

A relación interpersoal. Elementos básicos da comunicación. Técnicas de información ó público. Resolución de situacións. A información e atención ó público na Xunta de Galicia.

* Curso: iniciación á informática. O procesador de textos, na modalidade de teleformación (5 edicións).

1. Obxectivos.

Proporcionar uns coñecementos básicos de informática, con especial atención ás posibilidades que ofrecen os tratamentos de textos na realización das tarefas administrativas.

2. Destinatarios.

O persoal de Administración da Xunta de Galicia, con coñecemento do acceso á Internet.

3. Requirimentos técnicos.

-PC con conexión á Internet.

-Conta de correo electrónico.

-Navegador da Internet.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 30 horas (26 horas de autoestudio con titorías telemáticas e 4 horas presenciais)

A realización do autoestudio complementarase coa existencia dun sistema de titoría telemática para que os alumnos poidan formularlle ó profesor tódalas dúbidas relacionadas coa materia do curso.

Sesións presenciais: realizaranse dúas sesións presenciais de 2 horas, a primeira ó comezo do curso co fin de explica-lo seguimento e a estructura deste y a segunda ó remate para a realización da proba de avaliación para poder obte-lo diploma.

4.2. Datas: outubro e novembro.

4.3. Prazas: 20 por edición.

5. Contido.

Coñecementos básicos. Sistema operativo. Procesador de textos: introducción e garda de texto. Labores de edición. Labores de automatización.

* Curso: as redes informáticas: a rede Internet (10 edicións).

1. Obxectivos.

Divulga-las posibilidades e vantaxes do funcionamento a través das redes informáticas.

2. Destinatarios.

Funcionarios con coñecementos informáticos. Responsables de decisión da conexión coa rede Internet. Usuarios das redes informáticas, en especial da rede Internet.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 16 horas.

3.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela (2 edicións), A Coruña (2 edicións), Ferrol, Lugo, Ourense (2 edicións), Pontevedra e Vigo, os días 11, 12, 16, 17, 18, 19, 23 e 24 de xuño.

3.3. Horarios: das 17 ás 19 horas (1ª edición); das 19 a 21 horas (2ª edición).

3.4. Prazas: 20 por edición.

4. Contido.

O acceso á Internet. As conexións. As redes. As páxinas web e as canles de información.As canles de diálogo. Os foros de discusión (news).

* Curso: iniciación á informática. O procesador de textos (13 edicións).

1. Obxectivos.

Proporcionar uns coñecementos básicos de informática, con especial atención ás posibilidades que ofrece o tratamento de textos na realización das tarefas administrativas.

2. Destinatarios.

O persoal de Administración da Xunta de Galicia.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 30 horas.

3.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela (4 edicións), A Coruña (2 edicións), Ferrol, Lugo (2 edicións), Ourense (2 edicións), Pontevedra e Vigo, os días 1, 2, 3, 7, 8, 9, 10, 14, 15, 16, 21, 22, 23, 24 e 28 de abril. A 3ª e 4ª edicións de Santiago de Compostela serán os días 29 e 30 de abril; 5, 6, 7, 8, 12, 13, 14, 15, 19, 20, 21, 22 e 26 de maio.

3.3. Horarios: das 17 ás 19 horas (1ª e 3ª edicións); das 19 ás 21 horas (2ª e 4ª edicións).

3.4. Prazas: 20 por edición.

4. Contido.

Coñecementos básicos. Sistema operativo. Procesador de textos: introducción e garda de texto. Labores de edición. Labores de automatización.

* Curso: xestor de bases de datos relacionais (13 edicións).

1. Obxectivos.

Proporcionar uns coñecementos introductorios no manexo do xestor de bases de datos relacionais.

2. Destinatarios.

Persoal de Administración da Xunta de Galicia que no seu posto de traballo utilice bases de datos.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 24 horas.

3.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela (4 edicións), A Coruña (2 edicións), Ferrol, Lugo (2 edicións), Ourense (2 edicións), Pontevedra e Vigo, os días 16, 20, 21, 22, 23, 27, 28, 29 e 30 de outubro, 3, 4 e 5 de novembro. A 3ª e 4ª edicións de Santiago de Compostela serán os días 6, 10, 11, 12, 13, 17, 18, 19, 20, 24, 25 e 26 de novembro.

3.3. Horarios: das 17 ás 19 horas (1ª e 3ª edicións); das 19 ás 21 horas (2ª e 4ª edicións).

3.4. Prazas: 20 por edición.

4. Contido.

Conceptos básicos. Xestión de táboas. Consultas. Formularios. Informes.

* Curso: folla de cálculo (13 edicións).

1. Obxectivos.

Proporcionar uns coñecementos introductorios para o manexo da folla de cálculo.

2. Destinatarios.

Persoal de Administración da Xunta de Galicia que no seu posto de traballo utilice folla de cálculo.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 20 horas.

3.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela (4 edicións), A Coruña (2 edicións), Ferrol, Lugo (2 edicións), Ourense (2 edicións), Pontevedra e Vigo, os días 11, 15, 16, 17, 18, 22, 23, 24, 25 e 29 de setembro. A 3ª e 4ª edicións de Santiago de Compostela serán os días 30 de setembro; 1, 2, 6, 7, 8, 9, 13, 14 e 15 de outubro.

3.3. Horarios: das 17 ás 19 horas (1ª e 3ª edicións); das 19 ás 21 horas (2ª e 4ª edicións).

3.4. Prazas: 20 por edición.

4. Contido.

Introducción e modificación de valores. Utilización e deseño de fórmulas. Funcións. Gráficos. Xestión de datos.

* Curso: conversa en inglés (2 edicións).

1. Obxectivos.

A aprendizaxe para conseguir unha fluidez na expresión oral da lingua inglesa.

2. Destinatarios.

Persoal ó servicio da Xunta de Galicia.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 24 horas.

3.2. Lugares e datas: EGAP, do 21 de abril ó 11 de xuño.

3.3. Horarios: luns e mércores, das 17 ás 18.30 horas (1ª edición) e das 18.30 ás 20 horas (2ª edición).

3.4. Prazas: 7 por edición.

4. Contido.

Contidos comunicativos. Contidos semánticos. Contidos fonéticos

* Curso: conversa en francés (2 edicións).

1. Obxectivos.

A aprendizaxe para conseguir unha fluidez na expresión oral da lingua francesa.

2. Destinatarios.

Persoal ó servicio da Xunta de Galicia.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 24 horas.

3.2. Lugar e datas: EGAP, do 22 de abril ó 17 de xuño.

3.3. Horarios: martes e xoves, das 17 ás 18.30 horas (1ª edición) e das 18.30 ás 20 horas (2ª edición).

3.4. Prazas: 7 por edición.

4. Contido.

Contidos comunicativos. Contidos semánticos. Contidos fonéticos

* Curso: inglés comunitario.

1. Obxectivos.

Introduci-los alumnos na realidade institucional e de traballo da Unión Europea e poñer á súa disposición as ferramentas lingüísticas necesarias para que poidan desenvolver eficazmente o traballo relacionado cos temas comunitarios.

2. Destinatarios.

Persoal ó servicio da Xunta de Galicia.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 48 horas.

3.2. Lugares e datas: EGAP, do 15 de setembro ó 9 de outubro.

3.3. Horarios: das 17 ás 20 horas de luns a xoves.

3.4. Prazas: 20.

4. Contido.

Desenvolvemento das catro destrezas lingüísticas: lectura, comprensión auditiva, comunicación oral e comunicación escrita.

ANEXO III

D... secretario xeral/responsable dos servicios de persoal na consellería/delegación provincial de...

Certifico:

Que don/a..., no desempeño do seu posto de traballo de..., realiza tarefas directamente relacionadas co contido do curso...

..., ... de... de 2003.

Asdo.:...

Especifique a denominación do curso solicitado.