Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Xoves, 27 de febreiro de 2003 Páx. 2.388

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EMIGRACIÓN

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 14 de febreiro de 2003 pola que se regulan os programas de axudas e subvencións para a promoción asistencial, social, cultural e informativa das comunidades de galegos asentadas fóra de Galicia.

Advertido erro na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 35, do 19 de febreiro de 2003, cómpre realiza-la seguinte corrección:

Na páxina 1.923, no artigo 4.2º, onde di: «O prazo de presentación de solicitudes rematará, con carácter ordinario, o 31 de marzo de 2003. Con carácter extraordinario poderán ser atendidas aqueloutras solicitudes que se presenten fóra do citado prazo por mor da realización de actividades que por causas sobrevidas non puideran ser previstas antes do 31 de marzo de 2003, sempre que exista crédito suficiente na partida orzamentaria destinada a estes fins», debe dicir: «O prazo de presentación de solicitudes rematará, con carácter ordinario, o 10 de abril de 2003. Con carácter extraordinario poderán ser atendidas aqueloutras solicitudes que se presenten fóra do citado prazo por mor da realización de actividades que por causas sobrevidas non puideran ser previstas antes do 10 de abril de 2003, sempre que exista crédito suficiente na partida orzamentaria destinada para estes fins».

Na páxina 1.925, no artigo 15.2º, onde di: «O prazo de presentación de solicitudes rematará, con carácter ordinario, o 31 de marzo de 2003. Con carácter extraordinario poderán ser atendidas aqueloutras solicitudes que se presenten fóra do citado prazo por mor da realización de actividades que por causas sobrevidas non puideran ser previstas antes do 31 de marzo de 2003, sempre que exista crédito axeitado e suficiente na partida orzamentaria destinada para estes fins», debe dicir: «O prazo de presentación de solicitudes rematará, con carácter ordinario, o 10 de abril de 2003. Con carácter extraordinario poderán ser atendidas aqueloutras solicitudes que se presenten fóra do citado prazo por mor da realización de actividades que por causas sobrevidas non puideran ser previstas antes do 10 de abril de 2003, sempre que exista crédito suficiente na partida orzamentaria destinada para estes fins».

Na páxina 1.927, no artigo 26.2º, onde di: «O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 2003», debe dicir: «O prazo de presentación de solicitudes remata o 10 de abril de 2003».