Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Xoves, 27 de febreiro de 2003 Páx. 2.388

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EMIGRACIÓN

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 14 de febreiro de 2003 pola que se regulan programas de axudas e subvencións de apoio infraestructural ás comunidades galegas no exterior, para o exercicio 2003.

Advertido erro na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 35, do 19 de febreiro de 2003, cómpre realiza-la seguinte corrección:

Na páxina 1.913, no artigo 5.2º, onde di: «O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 31 de marzo de 2003», debe dicir: «O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 10 de abril de 2003».

Na páxina 1.916, no artigo 16.2º, onde di: «O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 31 de marzo de 2003», debe dicir: «O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 10 de abril de 2003».