Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Mércores, 26 de febreiro de 2003 Páx. 2.362

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

No BOP da Coruña número 293, do 23 de decembro de 2002, publicáronse integramente as bases específicas da convocatoria para a provisión dunha praza

de operarios de servicios de mantemento xeral (ferreiro), persoal laboral fixo, quenda libre, vacante no cadro de persoal do Concello de Oleiros. O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, que comezarán a contar a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio da convocatoria no BOE, deixando constancia que os sucesivos anuncios relativos á convocatoria publicaranse no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios deste concello.

Oleiros, 15 de xaneiro de 2003.

Mª José Varela Neira

Concelleira delegada de Persoal, Gobernación, Consumo e Sanidade