Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Mércores, 26 de febreiro de 2003 Páx. 2.362

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PORTO DO SON

ANUNCIO.

No BOP da Coruña nº 21, do 27 de xaneiro de 2003, publicouse a convocatoria e o texto íntegro das bases para cubri-las seguintes prazas, incluídas na oferta de emprego do Concello do Porto do Son do 2002:

-Provisión en propiedade, polo procedemento de concurso oposición, dunha praza laboral fixa de director técnico deportivo.

-Provisión en propiedade, polo procedemento de concurso oposición, dunha praza da escala de Administración xeral, subescala subalterna, denominada conserxe do pavillón polideportivo.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con estas convocatorias publicaranse unicamente no BOP da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello.

Porto do Son, 28 de xaneiro de 2003.

Ramón Quintáns Vila

Alcalde