Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Mércores, 26 de febreiro de 2003 Páx. 2.362

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO.

En cumprimento do disposto na Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, faise público que o Pleno da Corporación, en sesión do 20 de decembro de 2002, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle redactado pola Oficina de Planeamento, S.A. para a ordenación de volumes no SAU-4, Castelao-As Telleiras, parroquia de Nigrán.

Contra o citado acordo poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a sala competente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contado desde a publicación deste anuncio no DOG. Todo isto sen prexuízo de que poida exercerse calquera outro que se estime procedente.

Nigrán, 17 de xaneiro de 2003.

Manuel Rial Cadaval

Alcalde