Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Mércores, 26 de febreiro de 2003 Páx. 2.362

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MIÑO

ANUNCIO de información pública do estudio de detalle da APOD-10 do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

A Comisión de Goberno deste concello, na sesión do 5-2-2003, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle da APOD-10 do PXOM de Miño, presentado pola xunta de compensación e redactado polo arquitecto Sr. Celada Gómez, coa data de visado do COAG do 10-12-2002. Sométese a información pública durante o prazo de vinte días, mediante a publicación de anuncios no taboleiro de edictos do concello, DOG e un dos diarios de maior circulación da provincia, conforme establece o artigo 86.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Faise público para o coñecemento xeral, con indicación de que o prazo de exposición pública se entenderá aberto desde a publicación do primeiro anuncio ata transcorridos vinte días desde a última publicación.

O expediente atópase á disposición do público na secretaría do concello.

Miño, 14 de febreiro de 2003.

Deogracias Romeu López

Alcalde