Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Mércores, 26 de febreiro de 2003 Páx. 2.353

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 22 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/8).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e

no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S, CC.TT. O Baño.

Situación: Mugardos.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V., 12/20 kV de 3 (1x240) mm Al, de 830 m de lonxitude, coa orixe en apoio paso aéreo-subterráneo para implantar en liña que alimenta o C.T. Baño e que percorre os C.T.-1, C.T.-2 e C.T.-3, para instalar.

Centros de transformación en urbanización, en Mugardos, en casetas prefabricadas de formigón, denominadas C.T.-1, de 250 kVA, C.T.-2 de 630 kVA e C.T.-3 de 250 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV. Concello de Mugardos.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 22 de xaneiro de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña