Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Mércores, 26 de febreiro de 2003 Páx. 2.354

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 22 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/14).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento L.M.T.S. D.C. Santiago II-Negreira en Piñeiro.

Situación: Santiago de Compostela.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV, baixo tubo, en dobre circuíto e con conductor R.H.V., 12/20 kV de 2x3(1x240) mm Al, de 250 m de lonxitude, coa orixe en tramo subterráneo en límite de urbanización río Sarela e final na mesma liña Santiago de Compostela II-Negreira, próximo a derivación a C.T. Pedrido. Concello de Santiago de Compostela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 22 de xaneiro de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña