Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Mércores, 26 de febreiro de 2003 Páx. 2.353

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/8-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000 do un de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Velle-A Batundeira 2, 32960 Ourense.

Denominación: L.M.T.S., e centro de entrega de enerxía residencia.

Situación: Ourense.

Descricións técnicas: liña subterránea a 20 kV en conductor tipo RHZ-12/20 kV, de 465 m de lonxitude, con orixe na Cela de Liña do C.T. Nosa Señora do Cristal e remate na L.M.T. subterránea ó C.T. hospital novo. Centro de entrega de enerxía residencia.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 10 de xaneiro de 2003.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense