Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Mércores, 26 de febreiro de 2003 Páx. 2.317

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Gestión y Técnicas del Agua, S.A. (limpeza pública, viaria, regos, recollida de lixos domiciliarios e residuos reciclables de Noia).

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Gestión y Técnicas del Agua, S.A. (limpeza pública, viaria, regos, recollida de lixos domiciliarios e residuos reciclables de Noia) (código convenio 1503501), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 15-11-2002 e complementado o 16-12-2002, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e, da parte social, polos delegados de persoal o día 11-10-2002, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo

que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 18 de decembro de 2002.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo da empresa Gestión y Técnicas del Agua (Gestagua, S.A.) no seu centro de traballo de Noia

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio colectivo será de aplicación para tódolos traballadores/as da empresa Gestión y Técnicas del Agua, S.A., en adiante Gestagua, S.A., que presten os seus servicios para o Concello de Noia e estean adscritos ós servicios de limpeza pública, viaria, parques e xardíns, recollida de lixo domiciliario e residuos reciclables. Quedan excluídos deste convenio os traballadores/as subrogados do Concello de Noia.

Artigo 2º.-Vixencia, duración e prórrogas.

Este convenio entrará en vigor, independentemente da data da súa sinatura, o 1 de xaneiro de 2002.

A súa duración será de 3 anos, ata o 31 de decembro de 2004.

A súa denuncia será de carácter automático.

As partes comprométense, tres meses antes do seu remate, a inicia-las negociacións dun novo convenio.

Este convenio considérase automaticamente prorrogado durante o tempo que medie entre a data de expiración e a de aprobación do novo convenio ou norma que o substitúa.

Artigo 3º.-Condicións máis beneficiosas.

Do non previsto neste convenio rexerá o disposto no convenio do sector vixente no momento, Estatuto dos traballadores e demais lexislación aplicable.

Artigo 4º.-Absorción e compensación.

As retribucións establecidas neste convenio compensarán e absorberán tódalas existentes no momento da súa entrada en vigor, calquera que sexa a natureza e orixe destas.

Os aumentos de retribucións que poidan producirse no futuro por disposicións legais de aplicación xeral, só poderán afectar ás condicións pactadas neste convenio, cando, consideradas as novas retribucións en cómputo anual, superen as aquí pactadas.

En caso contrario, serán absorbidas e compensadas por estas últimas, subsistindo este convenio nos seus propios termos e sen modificación ningunha nos seus conceptos, módulos e retribucións.

Artigo 5º.-Comisión mixta de garantías.

Estará formada por 2 representantes da parte económica e 2 representantes da parte social, que será delegado de persoal. Ámbalas dúas partes poderán contar con asesores e xuntaranse a instancias de calquera delas cantas veces sexa preciso, debendo

celebrarse a reunión dentro dos seguintes cinco días hábiles á convocatoria.

As súas funcións serán:

1. Interpretación auténtica da totalidade das cláusulas deste convenio.

2. Estudio e estimación das novas disposicións legais de promulgación posterior á entrada en vigor deste convenio, que puidesen afectar ó seu contido.

3. Cantas outras actividades tendan a unha eficacia práctica do convenio e a unha mellor solución interna dos conflictos.

As reunións da comisión paritaria non se descontarán do crédito de horas sindicais.

Artigo 6º.-Interpretación e aplicación.

As dúbidas e diverxencias que poidan xurdir sobre a aplicación deste convenio serán sometidas á comisión mixta paritaria antes de presenta-la reclamación pertinente ante o organismo competente.

A dita comisión deberá emiti-la súa resolución nun prazo máximo de cinco días hábiles a partir do día en que foi solicitado.

As funcións e actividades da comisión mixta de garantías non obstruirán, en ningún caso, o libre acceso á xurisdicción administrativa e contenciosa previstas na lei.

Organización do traballo

Artigo 7º.-Organización do traballo.

A organización do traballo é facultade exclusiva da empresa.

A empresa facilitará o exercicio do traballo de maneira que o persoal non sufra atrasos no desenvolvemento do seu cometido debido a persoas ou feitos alleos á dita empresa.

Cada traballador/a realizará o traballo propio da súa categoría. Se por necesidade do servicio un traballador/a viñese desempeñando funcións de categoría superior, cobrará, desde o primeiro día, o salario desa mesma categoría.

Artigo 8º.-Promoción.

No caso de existir prazas de superior categoría terá preferencia, para acceder a elas, o persoal activo da empresa do centro de traballo, polo que se promocionarán as ditas categorías ó persoal que demostre a súa aptitude, logo de superación das probas selectivas, marcando a empresa as bases e requisitos necesarios, para o que esta se compromete a da-las facilidades para que o traballador poida acada-la formación precisa ós traballadores/as que pretendan acceder ás ditas prazas e que reúnan os requisitos adecuados.

No caso de que as prazas quedasen vacantes, a empresa podería solicitar ós distintos profesionais das oficinas de emprego.

Artigo 9º.-Categorías profesionais.

As categorías profesionais para este convenio, só no relativo ás condicións económicas, son as que figuran na táboa salarial do anexo I do convenio.

Artigo 10º.-Contratación.

A contratación de novos traballadores farase sempre por medio do Inem, en oferta pública, renunciando a outro tipo de contratacións, especialmente daquelas empresas que practiquen a cesión temporal (ETT).

Condicións de traballo

Artigo 11º.-Xornada laboral.

A xornada será de 40 horas semanais, de luns a sábado, o que supón unha xornada diaria de 6 horas e 15 minutos máis dúas horas e media na xornada de xoves pola tarde para a limpeza do mercado, incluíndo 20 minutos cada día para o bocadillo, como tempo efectivo de traballo.

Os traballos para realizar en domingos e festivos retribuiranse no ano 2002 con 39,07 euros máis un día de descanso; no ano 2003, con 42,07 máis un día de descanso, e para o ano 2004 co incremento que sufra o salario base máis un día de descanso.

O día de descanso gozarase, como máximo, no mes seguinte do domingo ou festivo traballado; a empresa rotará ó máximo posible estes traballos, de xeito que, ó final do ano, os días traballados por tódolos traballadores sexan similares.

Artigo 12º.-Vacacións.

Todo o persoal gozará anualmente de 30 días naturais de vacacións retribuídas a razón de salario base máis antigüidade e complemento de asistencia.

O persoal que se incorpore á empresa ó longo do ano gozará da parte proporcional das vacacións que lle correspondan. Se a dita contratación se fixese despois do 30 de setembro, gozará da parte proporcional dentro do mesmo ano nunha data que se acordará coa empresa.

As vacacións gozaranse ó longo de todo o ano, garantindo o desfrute de alomenos 15 días nos meses de xullo, agosto ou setembro, de acordo co calendario exposto nos taboleiros da empresa acordado entre os traballadores e esta, de xeito que non existan discriminacións, e se non hai acordo, estas serán rotativas entre os traballadores/as.

Artigo 13º.-Permisos e licencias.

O persoal terá dereito ó goce de permisos e licencias retribuídas nos seguintes supostos:

a) 15 días hábiles en caso de contraer matrimonio.

b) 3 días en caso de enfermidade grave de familiares en primeiro grao. Se o feito se produce fóra da localidade de residencia, o permiso será de 5 días.

c) 3 días en caso de falecemento de calquera familiar en primeiro grao, e 2 días se o é de segundo grao; se o feito ocorre fóra da localidade, o permiso será de 2 días máis.

d) 3 días en caso de nacemento de fillos/as. Se o feito ocorre fóra da localidade de residencia, o permiso será de 5 días.

e) 1 día por traslado de domicilio habitual.

f) 1 día por matrimonio de fillos/as e 2 se é fóra da localidade.

g) O goce dos permisos necesarios para concorrer a exames, cando se cursen estudios para a obtención dalgún título, tanto académico coma profesional. Deberá ser acreditada sempre a concorrencia ós ditos exames.

h) O tempo necesario para recibir asistencia médica ou sanitaria, sempre que sexa por un médico especialista, debendo acreditarse documentalmente.

i) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

k) Polo tempo necesario para a renovación do carné de conducir, aqueles traballadores que teñan a categoría de conductor.

l) Catro días laborables ó ano sen xustificar, para gozar antes do 31 de decembro de cada ano, logo de petición con 48 horas de antelación. A empresa reserva para si o dereito de non concede-las ditas licencias cando as solicitudes coincidentes nunha mesma data supoñan unha grave deterioración no servicio. Estes días non terán carácter acumulativo dun ano a outro, nin poderán ser remunerados en caso de renunciar ó seu goce. Neste punto considéranse laborables aqueles festivos que por ser consecutivos sexa necesario realiza-lo servicio de recollida.

As licencias e permisos serán retribuídos a salario real, como se se estivese traballando.

As licencias e permisos empezarán a contar na data en que se produza o feito que os motiva, ou no día seguinte se o traballador tivese finalizado xa a quenda de traballo. Cando se fala de días enténdense días naturais.

Artigo 14º.-Incapacidade temporal.

No caso de baixa por incapacidade temporal derivada de accidente laboral ou enfermidade profesional, contraída como consecuencia da prestación de traballo neste centro, a empresa complementará ata o 100% do salario real, mentres dure a situación de IT; en caso de enfermidade común a empresa complementará o 100% do salario durante os primeiros 3 meses de IT, agás o complemento de nocturnidade, e transporte. En caso de maternidade ou hospitalización, tamén terá dereito á dita prestación.

Artigo 15º.-Preaviso de cesamento.

Rexerá o que dispoña a lexislación vixente nesta materia en cada momento.

Artigo 16º.-Roupa de traballo.

A roupa de traballo será de uso obrigatorio para todo o persoal e a empresa facilitará cada ano as seguintes pezas, que serán homologadas tal como indique a lexislación vixente:

Conductores:

2 fundas ó ano, 1 anorak, 1 par de botas de seguridade, luvas anticorte, botíns de seguridade, un traxe de auga e unhas botas de auga, un traxe de inverno e un traxe de verán (cazadora, dous pantalóns, un xersei, dúas camisas, e no traxe de verán, unha cazadora, dúas camisas e dous pantalóns).

Peóns:

Un traxe de inverno (cazadora, 2 pantalóns, 2 camisas, 1 xersei) un traxe de verán (cazadora, 2 pantalóns, 2 camisas), 1 anorak, 1 par de botas de seguridade, 1 par de botas de auga, 1 traxe de auga, luvas anticorte, 1 par de botíns de seguridade.

A roupa entregarase do 1 ó 15 de maio, e a roupa precisa para o inverno, entre a que se consideran as botas de auga e a roupa de auga, do 15 ó 30 de setembro.

Condicións sociais

Artigo 17º.-Póliza de seguros.

En caso de accidente laboral ou enfermidade profesional como consecuencia da actividade desenvolvida para a empresa, da que se derive morte, incapacidade laboral permanente absoluta ou grande invalidez para calquera actividade laboral, o traballador/a ou os seus beneficiarios percibirán en concepto de indemnización a cantidade de 18.030 euros, independentemente das prestacións que puidesen corresponderlle por este motivo.

Artigo 18º.-Excedencias.

Terá dereito a solicita-la excedencia todo traballador/a que teña unha antigüidade mínima de 1 ano na empresa, concedéndose esta por un período comprendida entre 1 e 5 anos.

A petición de excedencia deberá facerse cun mes de antelación, como mínimo. A incorporación ó posto de traballo deberá ser solicitada 1 mes antes de ter finalizado a excedencia.

A excedencia poderá ser voluntaria ou forzosa. A excedencia considerarase forzosa cando sexa debida a algunha das causas seguintes:

1. Nomeamento para cargo público, político ou sindical.

2. Enfermidade.

O traballador/a, por lactación dun fillo/a menor de 9 meses, terá dereito a unha hora diaria de ausencia do traballo, que poderá ser ó principio ou ó final da xornada de traballo. Esta ausencia poderá prorrogarse ata que o fillo/a cumpra 9 meses.

Poderá solicitar excedencia todo traballador en activo que teña un cargo sindical, tanto sexa da estructura directiva da central sindical á que pertenza, como á institución galega ou estatal en calquera das súas modalidades. Esta excedencia será con dereito a reserva de posto de traballo, debéndose avisar, cando menos, cunha antelación dun mes da súa reincorporación á empresa, que se fará de xeito automático, contándose o tempo de excedencia para os efectos de antigüidade na empresa.

Artigo 19º.-Cobertura por retirada do carné de conducir.

Nos casos de retirada provisional do permiso de conducir, a empresa adaptará o conductor afectado a outro posto de traballo, conservándolle a categoría e soldo durante un período máximo de tres meses. Transcorrido o dito prazo adaptaráselle tanto o soldo como a categoría ó seu novo posto de traballo. O traballador reintegrarase á súa categoría e posto anterior nun prazo de 3 meses a partir da devolución do mencionado carné.

Este beneficio non terá efecto cando a dita retirada sexa por imprudencia temeraria, conducción baixo os efectos das drogas ou alcol.

Artigo 20º.-Comité de seguridade e hixiene.

Rexerá o disposto na Lei de prevención de riscos laborais neste tema.

Artigo 21º.-Revisións médicas.

Rexerá o disposto na Lei de prevención de riscos laborais neste tema.

Dereitos sindicais

Artigo 22º.-Dereitos sindicais.

Os delegados de persoal disporán dun crédito de 15 horas sindicais mensuais retribuídas a salario real (como se estivese traballando), para o desenvolvemento das súas funcións representativas e sindicais. A empresa poderá pedir certificación xenérica da utilización destas horas.

As reunións para a negociación do convenio colectivo, así como as que convoque a representación empresarial, non se computarán para efectos do consumo de crédito de horas sindicais.

A empresa manterá en bo estado os taboleiros de anuncios de cada centro, así como facilitará ó delegado o acceso ós medios de reproducción da empresa, sempre que os escritos ou documentos teñan relación coa actividade do delegado dentro da empresa.

Artigo 23º.-Cota sindical.

A empresa descontará da nómina dos traballadores/as que o soliciten por escrito a cota sindical correspondente.

Condicións salariais

Artigo 24º.-Retribucións salariais.

A estructura do salario está constituída polos seguintes conceptos:

-Salario base.

-Antigüidade.

-Complemento de asistencia.

-Complemento de nocturnidade.

-Complemento tóxico, penoso ou perigoso.

-Complemento transporte.

-Pagas extraordinarias.

Establécese unha táboa salarial que se adxunta como anexo, correspondente ó período desde o 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 2002.

Para o segundo ano de vixencia, é dicir ano 2003, o incremento anual será de 2,5% calculado sobre a táboa salarial de 2002.

Para o ano 2004 establécese un incremento do IPC teórico previsto, con revisión salarial a IPC real a 31 de decembro dese ano 2004.

Artigo 25º.-Salario base.

É o que está recollido para cada categoría na táboa salarial que figura como anexo I deste convenio colectivo. Retribuirase por día natural.

Artigo 26º.-Antigüidade.

O complemento persoal de antigüidade queda establecido a razón de 12,85 euros/trienio por mes nas doce pagas ordinarias e nas 3 extraordinarias e con un máximo de 5 trienios.

Este complemento xerará as obrigas os mesmos días que o salario base.

Artigo 27º.-Complemento de transporte.

Establécese un complemento de transporte, para tódalas categorías, que se retribuirá en 11 pagas e que se reflexa no anexo I.

Artigo 28º.-Complemento de nocturnidade.

Todo o persoal afecto a este convenio que realice máis da metade da súa xornada laboral diaria entre as 22 e as 6 horas percibirá un complemento de nocturnidade por cada día efectivo de traballo consistente nun 25% do salario base diario.

Artigo 29º.-Complemento de asistencia.

Por cantidade e calidade do traballo e por día efectivo de traballo, cada traballador/a recibirá un complemento denominado de asistencia, que está recollido, para cada categoría no anexo I deste convenio.

Artigo 30º.-Complementos tóxicos, penosos ou perigosos.

Todo o persoal afecto ó servicio recibirá un plus denominado tóxicos, penosos ou perigosos, que consistirá nun 20% do salario base diario, que figura no anexo I deste convenio.

Artigo 31º.-Pagas extraordinarias.

Durante o transcurso do ano percibiranse tres pagas extraordinarias, que serán as seguintes:

1. Paga extraordinaria de verán, que se aboará coa mensualidade de xuño e xerarase a obriga de pagamento semestralmente día a día desde o 1 de xaneiro ata o 30 de xuño.

2. Paga de Nadal, que se aboará o día 15 de decembro e xerarase a obriga de pagamento semestralmente e día a día, desde o 1 de xullo ata o 31 de decembro.

3. Paga de beneficios, que se aboará coa mensualidade de marzo, computándose anualmente día a día, e rateándose naqueles traballadores que non teñan cumprido o ano na empresa.

As contías das pagas extraordinarias veñen recollidas na táboa salarial anexa.

Artigo 32º.-Horas extraordinarias.

Acórdase reducir ó mínimo as horas extraordinarias. Estas só se realizarán en casos excepcionais, por necesidades perentorias do servicio, danos extraordinarios e urxentes, sendo comunicadas ós representantes dos traballadores e tendo a consideración de horas estructurais; serán aboadas de acordo coa lexislación vixente.

Artigo 33º.-Anticipos.

A empresa porá á disposición dos traballadores mensualmente, non acumulable, a cantidade de 1.200, á que se poderán acolle-los traballadores para necesidades urxentes e perentorias e que terán que devolver, sen ningún tipo de gasto para o traballador, nun máximo de doce mensualidades.

O persoal que así o solicite por escrito terá dereito a percibir un anticipo á conta do traballo realizado durante a mensualidade en que se solicita, por importe de ata un 80% do salario retribuído.

Os anticipos deberán solicitase con 24 horas de antelación mínimas.

Esta cantidade será distribuída, despois das peticións oportunas, por unha comisión na que estará un representante da empresa e un representante dos traballadores, que será o delegado de persoal. As decisións deberán tomarse por unanimidade.

Artigo 34º.-Pagamento do salario.

O aboamento dos salarios será mensual e o pagamento realizarase mediante transferencia bancaria; para iso a empresa ordenará as ditas transferencias, como límite, antes dos 4 primeiros días do mes posterior ó que corresponda o pagamento.

Outras condicións

Artigo 35º.-Subrogación.

Ó remate, rescisión ou abandono da contrata pola concesionaria, neste caso Gestagua, S.A., tódolos traballadores/as adscritos ó servicio de limpeza viaria e recollida de residuos sólidos e xardinería do Concello de Noia, pasarán a ser adscritos á nova empresa

titular da dita contrata, respectando os dereitos e condicións laborais, económicas e sociais, así como as obrigas que contén este convenio colectivo, tal e como se establece no artigo 44 do ET e normas sectoriais.

A empresa facilitará toda a documentación e información necesaria para que poida efectuarse a dita adscrición coa nova empresa contratista.

Artigo 36º.-Dereito supletorio.

Nas materias non reguladas neste convenio rexerá o disposto na lexislación vixente.

Artigo 37º.-Incrementos salariais.

1. Para o ano 2002.

Apróbase a táboa salarial adxunta como anexo I. Os atrasos retribuídos no ano 2002 pagaranse nunha soa vez, na nómina que corresponda ó mes en que se asine o convenio.

Disposición derrogatoria

Este convenio colectivo derroga expresamente todas e cada unha das cláusulas contidas no primeiro convenio colectivo de Gestagua, S.A., publicado no BOP nº 210, do 11 de setembro de 1999, asi como calquera norma, pacto, acordo, uso ou costume que puidera existir anterior á súa entrada en vigor.

Disposición derradeira

Os atrasos derivados do incremento salarial pactado neste convenio pagaranse nun prazo máximo de dous meses a partir da súa sinatura, independentemente da data de publicación do convenio no BOP.

En Noia, 11 de outubro de 2002.

Rubricado

ANEXO

Táboas salariais año 2002 para os servicios de RSU, limpeza viaria, xardíns no Concello de Noia

CategoríasSalario

base

Tóxico, penoso,

perigoso

Complemento

de asistencia

Complemento

de transporte

NocturnidadePaga extra marzo,

verán, Nadal

Total

ano

Encargado xeral1.259,99252102,4959,651.259,9923.557,78

Conductor RSU-día583,91116,78102,4959,65583,9111.929,28

Conductor RSU-noite583,91116,78102,4959,65145,98583,9113.535,03

Oficial limpeza viaria574102,4959,6557410.496,03

Oficial RSU-día574114,80102,4959,6557411.758,83

Oficial RSU-noite574114,80102,4959,65143,5057413.337,33

Peón524102,4959,655249.746,03

Peón RSU-día524104,80102,4959,6552410.898,83

Peón RSU-noite524104,80102,4959,6513152412.339,83

Auxiliar administrativo764,02102,4959,65764,0213.346,34