Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Mércores, 26 de febreiro de 2003 Páx. 2.316

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 368/2002, do 5 de decembro, polo que se resolve o expediente de deslinde entre os termos municipais dos concellos de Lalín e Dozón.

O Concello de Lalín, con data do 3 de novembro de 1993, solicitou do Instituto Xeográfico Nacional o deslinde da liña límite municipal co concello de Dozón, no tramo comprendido entre os marcos primeiro e terceiro.

Tramitado o expediente de acordo co procedemento establecido na Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración local de Galicia e no Real decreto 1690/1986, de 11 de xullo, regulamento de poboación e demarcación territorial das entidades locais, o Instituto Xeográfico Nacional emitiu un informe do 30 de maio de 1994 e un segundo informe do 15 de marzo de 1999, presentando alegacións a este o Concello de Lalín, dentro do prazo concedido ós concellos para presentar alegacións.

Visto o disposto nos artigos 41.1º e 44.3º da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, segundo os cales os conflictos que poidan suscitarse entre municipios en relación co deslinde

dos seus termos serán resoltos polo Consello da Xunta de Galicia, logo dos informes do Instituto Xeográfico Nacional, da Deputación Provincial e da Comisión Galega de Delimitación Territorial e logo do dictame do Consello Consultivo de Galicia.

Por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, de acordo co dictame do Consello Consultivo de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día cinco de decembro de dous mil dous,

DISPOÑO:

Primeiro.-Resolve-la cuestión suscitada entre os concellos de Lalín e Dozón, sobre o deslinde dos seus termos municipais, no sentido de considerar como válida e vixente a liña límite no tramo entre os marcos primeiro e terceiro, segundo se describe na acta de deslinde do 6 de xullo de 1942 e no correspondente caderno de campo, tal e como se reflicte no Mapa Topográfico Nacional a escala 1:25.000 do Instituto Xeográfico Nacional, segundo figura no anexo deste decreto.

Segundo.-Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición perante o Consello da Xunta de Galicia, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa publicación; ou ben, recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publi

cación desta resolución, sen prexuízo de que poidan interpoñer calquera outro recurso que coiden oportuno.

Santiago de Compostela, cinco de decembro de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións

Laborais