Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Mércores, 26 de febreiro de 2003 Páx. 2.315

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 367/2002, do 14 de novembro, polo que se resolve o expediente de deslinde entre os termos municipais dos concellos de Castro Caldelas e San Xoán de Río.

Os concellos de Castro Caldelas e San Xoán de Río, con data do 15 de novembro de 1996, solicitaron do Instituto Xeográfico Nacional o inicio de expediente de deslinde para determina-la liña límite entre ámbolos concellos.

Tramitado o expediente de acordo co procedemento establecido na Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia e no Real decreto 1690/1986, de 11 de xullo, regulamento de poboación e demarcación territorial das entidades locais, o Instituto Xeográfico Nacional emitiu un informe do 6 de outubro de 1997 e complementario de ratificación do 10 de xaneiro de 2001, prestando a súa conformidade o Concello de San Xoán de Río, dentro do prazo concedido ós concellos para presentar alegacións.

Visto o disposto nos artigos 41.1º e 44.3º da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, segundo os cales os conflictos que poidan suscitarse entre municipios en relación co deslinde dos seus termos serán resoltos polo Consello da Xunta de Galicia, logo dos informes do Instituto Xeográfico Nacional, da Deputación Provincial e da Comisión Galega de Delimitación Territorial e logo do dictame do Consello Consultivo de Galicia.

Por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, de acordo co dictame do Consello Consultivo de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catorce de novembro de dous mil dous,

DISPOÑO:

Primeiro.-Resolve-la cuestión suscitada entre os concellos de Castro de Caldelas e San Xoán de Río, sobre o deslinde dos seus termos municipais, no sentido de considerar válida e vixente a liña límite xurisdiccional, no tramo entre os marcos sétimo e oitavo, segundo se describe na acta de deslinde do 1 de setembro de 1934 e no correspondente caderno de campo, tal e como se reflicte na fotografía aérea, segundo figura no anexo deste decreto.

Segundo.-Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados interpoñer potesta

tivamente recurso de reposición perante o Consello da Xunta de Galicia, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa publicación; ou ben, recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, sen prexuízo de que poidan

interpoñer calquera outro recurso que coiden oportuno.

Santiago de Compostela, catorce de novembro de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais