Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Martes, 25 de febreiro de 2003 Páx. 2.282

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO de licitación (40/2002).

Resolución do Concello de Ourense para a contratación da xestión indirecta do servicio de conservación e mantemento das instalacións de semáforos e control de tráfico, sistema TVCC, sala de control e sistema de control de acceso ó núcleo histórico (TAG), sitas no termo municipal de Ourense.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia na que se tramita o expediente: Servicio de Patrimonio e Contratación.

c) Número do expediente: 40/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: xestión indirecta do servicio de conservación e mantemento das instalacións de semáforos e control de tráfico, sistema TVCC, sala de control e sistema de control de acceso ó núclo histórico (TAG) sitas no termo municipal de Ourense.

b) Prazo de execución: 8 anos desde a formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 456.205,03 euros/ano, IVE incluído.

5. Garantía provisional: 9.124,10 euros.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Servicio de Patrimonio e Contratación.

b) Domicilio: Concello de Ourense, praza Maior nº 1.

c) Localidade e código postal: Ourense (32005).

d) Teléfono: 988 38 81 61.

e) Telefax: 988 38 81 85.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de propostas.

7. Requisitos do contratista.

a) Os establecidos no punto 11 do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 15 días natuais, desde a última publicación no DOG ou BOP.

b) Documentación para presentar: a sinalada no punto 12 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do Concello de Ourense, sito na praza Maior nº 1, Ourense, 32005, de 9 a 13 horas.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses, desde a apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: salón de sesións do Concello de Ourense.

b) Enderezo: praza Maior nº 1.

c) Data: quinto día hábil seguinte a aquel no que finalice o de presentación de proposicións ás 12 horas.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Ourense, 23 de xaneiro de 2003.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde