Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Martes, 25 de febreiro de 2003 Páx. 2.283

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA POBRA DE TRIVES

ANUNCIO.

O Concello da Pobra de Trives procede á venda mediante poxa por procedemento aberto do ben inmoble cualificado de propio segundo expediente tramitado para o efecto, que seguidamente se describe:

-Edificio sito en rúa Rosalía de Castro s/n.

-A Pobra de Trives/Inventario de bens: tomo 2, folla 177, código plano 176.

-Uso actual: biblioteca pública.

-Plantas: 3.

-Superficie construída:

Baixo. Superficie construída: 109,210 m. Superficie útil: 87,77.

1º andar. Superficie construída: 104,17 m. Superficie útil: 83,45.

2º andar. Superficie construída: 104,17 m. Superficie útil: 83,45.

-Cualificación urbanística actual: equipamento cultural.

-Prezo de saída: 72.121,45 A.

Adxudicarase o prezo máis alto que supere o prezo de saída.

Ofertas: prazo: 20 días naturais contados desde o seguinte ó da data de publicación do derradeiro anuncio (BOP ou DOG -derradeira publicación).

Lugar: rexistro xeral do Concello da Pobra de Trives de luns a venres. Horario: 9 a 14 horas.

Pódese remitir por correo ou calquera outra vía de comunicación que garanta a confidencialidade da oferta económica e conste no rexistro xeral antes das 14 h do derradeiro día do prazo.

Forma: sobre pechado.-Identificación: oferta económica para compra de inmoble na Pobra de Trives. Rúa Rosalía de Castro s/n.

Deberá conter: oferta económica.-Programa de actuación que se proxecta no inmoble que deberá axustarse ás prescricións do Planeamento Urbanístico Municipal para Solo Urbano/Residencial II.

Apertura de ofertas: pola mesa de contratación do concello.

Adxudicación: Pleno da Corporación.

Prazo máximo para a entrega do inmoble por parte do concello: 1 ano que se contará desde a data de notificación da adxudicación.

Documento: contrato de compravenda mediante escritura pública.

Tódolos gastos incluídos os de publicidade serán por conta do comprador.

Garantía provisional: non se esixe.

Concorrencia: persoas físicas e/ou xurídica con capacidade xurídica plena.

A Pobra de Trives, 16 de xaneiro de 2003.

Luis Álvarez González

Alcalde