Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Martes, 25 de febreiro de 2003 Páx. 2.282

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MARÍN

ANUNCIO.

Por resolución da Alcaldía do día 14 de novembro de 2002 dispúxose aprobar inicialmente estudio de detalle, realizado polo arquitecto Gonzalo de Pedro Quijano, con visado colexial de 10-9-2002, para sinala-las aliñacións e rasantes nas rúas Tiro Naval Janer esquina Camiño Señoráns, que queda sometido a información pública por prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante este prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo no Servicio Municipal de Urbanismo deste concello e presenta-las alegacións que consideren convenientes.

Marín, 15 de novembro de 2002.

Antonio Santiago Fernández

Alcalde-presidente