Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Martes, 25 de febreiro de 2003 Páx. 2.281

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Concello Pleno en sesión celebrada o día 26 de decembro de 2002 aprobou definitivamente os proxectos de estatutos e de bases de actuación da Xunta de Compensación presentados polos propietarios da AEI-23 Bruquetas, así como o correspondente proxecto de compensación elaborado pola Xunta de Compensación, os acordos adoptados son os seguintes:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de compensación elaborado pola Xunta de Compensa

ción constituída para levar a cabo a urbanización do polígono AEI-23 Bruquetas, redactado polo arquitecto José Miguel Vázquez García e formalizado en escritura pública nº 3.678 do 23 de agosto de 2002 ante o notario da Coruña, Ramón González.

Segundo.-Aprobar definitivamente os proxectos de estatutos e de bases de actuación da Xunta de Compensación presentados a esta Administración polos propietarios da AEI-23 incorporados ó expediente administrativo.

Terceiro.-Incorporar ó Patrimonio Municipal do Solo, para afectalos ós usos previstos no planeamento, tódolos terreos de cesión obrigatoria, en pleno dominio e libre de cargas, conforme o establecido no artigo 104 b) da Lei do solo de Galicia (LSG).

Cuarto.-Acepta-la solicitude realizada polos propietarios de tódolos terreos incluídos na AEI-23, para aplica-lo artigo 157.5º da LSG, polas razóns e valoración que constan nos informes dos servicios técnicos municipais.

Quinto.-Somete-los acordos as publicacións regulamentarias con notificación persoal ós interesados.

O que se fai público para xeral coñecemento, podéndose interpor contra a mencionada aprobación recurso potestativo de reposición perante o órgano que dictou a presente resolución dentro do prazo dun mes contado a partir do día da súa publicación no DOG de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común na súa redacción dada pola Lei 4/1999, sen prexuízo da posibilidade de interpor directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á publicación do presente edicto no DOG e na forma prevista no artigo 45 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (BOE 14-7-1998).

Ferrol, 15 de xaneiro de 2003.

Xaime Bello Costa

Alcalde