Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Martes, 25 de febreiro de 2003 Páx. 2.281

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA LAMA

ANUNCIO.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Concello da Lama. Dependencia: Secretaría. Nº de expediente: PAM/2003-43/148.

2. Obxecto do contrato.

Descrición: renovación do pavimento de camiños en Xesta, A Barcia, A Lama, Xende, Verducido, Seixido e Covelo. División por lotes e número: non. Lugar de execución: Xesta, A Barcia, A Lama, Xen

de, Verducido, Seixido e Covelo. Prazo de execución: seis meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: poxa.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 75.301,14 euros, IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 2 por 100 do orzamento base. Definitiva: 4 por 100 do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello da Lama, avda. José Antonio, 1, A Lama, CP: 36830. Teléfonos: 986 76 82 38, 986 76 80 36. Fax: 986 76 82 82.

Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó do remate da presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Acreditar solvencia económico-financiera e técnica ou profesional por calquera das formas previstas nos artigos 16 e 17 do TRLCAP.

8. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación: o décimo terceiro día seguinte ó da última publicación do presente anuncio no DOG ou BOP.

Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de condicións.

Lugar de presentación: o indicada no punto 6. O licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses a partir da apertura das proposicións.

9. Apertura das proposicións.

Entidade, domicilio e localidade: Concello da Lama, avda. José Antonio, 1, A Lama.

Data: terceiro día hábil seguinte, agás sábado ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Hora: 12 horas.

10. Gastos dos anuncios.

Por conta do adxudicatario.

A Lama, 22 de xaneiro de 2003.

Jorge Canda Martínez

Alcalde