Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Martes, 25 de febreiro de 2003 Páx. 2.280

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FENE

EDICTO.

A Corporación Municipal en sesión extraordinaria celebrada con data do 23 de xaneiro de 2003 adoptou o seguinte acordo:

«Aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Urbana do Concello de Fene.

Dáse conta da proposta da alcaldía que transcrita di o seguinte:

«Tendo en conta o informe favorable emitido polo conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas

e Vivenda, con data do 20 de decembro de 2002, e unha vez incorporadas ó documento as observacións contidas no citado informe, coas modificacións informadas con data do 13 de xaneiro de 2003 polo arquitecto director do equipo redactor, Fernando Casqueiro Barreiro, esta Alcaldía-Presidencia propón ó Concello Pleno a adopción dos seguintes acordos:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o documento do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Fene, informado favorablemente polo conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 20 de decembro de 2002, ó que se incorporaron as observacións contidas no citado informe.

Segundo.-Que se proceda á publicación deste acordo de aprobación definitiva no DOG e no BOP, debendo publicarse tamén neste último o documento que contén a normativa e as ordenanzas, tal como preceptúa o artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Terceiro.-O presente acordo comunicaráselle ó conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ó que se lle dará traslado dunha copia autenticada do expediente administrativo completo e de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente, con tódolos planos e documentos que integran o plan, debidamente dilixenciado polo secretario do concello, para dar cumprimento ó que preceptúa o artigo 48.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia».

Logo de deliberación, a Corporación Municipal en votación ordinaria e por maioría de nove votos a favor (9 do BNG) cinco en contra (3 do PSOE e 2 de EU-IU) e tres abstencións (3 do PP), acorda prestar aprobación á proposta transcrita, facultando ó alcalde-presidente para a execución dos presentes acordos».

O que se fai público para os efectos oportunos e tal como preceptúa o artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Fene, 24 de xaneiro de 2003.

Xosé María Rivera Arnoso

Alcalde