Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Martes, 25 de febreiro de 2003 Páx. 2.280

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso (referencia L2002/10).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Subministracións. b) Número de expediente: L2002/10.

2. Obxecto do contrato: limpeza dos centros públicos de educación infantil e primaria do municipio da Coruña. Duración do contrato: o contrato terá a duración de dous anos, contados a partir da data

da súa adxudicación, prorrogable antes da súa finalización por mutuo acordo do concello e contratista por dous anos ata un máximo de catro anos (incluíndo ó período inicial e as súas prórrogas).

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 911.918 euros anuais, IVE incluído.

5. Garantía provisional: 36.476,72 euros.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: praza de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71.f) Correo electrónico: suministros*aytolacoruna.es y licitaciones*aytolacoruna.es g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día 7 de abril de 2003.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: as ofertas presentaranse ata o día 7 de abril de 2003, rematando ás 13 horas. b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada. d) Admisión de variantes: si. Véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das proposicións económicas e documentación técnica: a) Lugar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. b) Data: 14 de abril de 2003. c) Hora: 12 horas o día antes citado.

10. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

12. Data do envío do anuncio ó Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 13 de febreiro de 2003.

A Coruña, 13 de febreiro de 2003.

P.D.

Carlos González Garcés Santiso

Tenente alcalde, concelleiro delegado

de Contratación