Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Martes, 25 de febreiro de 2003 Páx. 2.279

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

ANUNCIO.

Convocatoria de concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, da obra de rehabilitación da escola de San Román.

Aprobado pola Comisión de Goberno en sesión do 7 de febreiro de 2002, o prego de cláusulas administrativas que rexerá a contratación da obra de rehabilitación da escola de San Román segunda fase, polo procedemento aberto, forma de adxudicación concurso e tramitación urxente, con reducción de prazos, exponse ó público na secretaría deste concello polo prazo de 8 días hábiles para efectos de exame e reclamacións, de acordo co disposto no art. 122 do R.D. 781/1986, do 18 de abril. Simultaneamente anúnciase o concurso de referencia, se ben a licitación se aprazará, no suposto de que formulen reclamacións contra o prego de cláusulas administrativas ata que as resolva a corporación.

1. Entidade adxudicadora.

Concello de Cervo, praza do Concello, 27891 Cervo (Lugo). Tfno: 982 55 77 77. Fax: 982 55 77 29. Lugar onde se pode obter maior información.

a) Dependencia que tramita o expediente: secretaría do concello, onde poderán obter copia do prego de condicións e demais información que compón o expediente.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: trátase da realización das obras de rehabilitación da escola de San Román de Vilaestrofe (Cervo), sita en San Román de Vilaestrofe, concello de Cervo, de conformidade co proxecto técnico redactado para o efecto polo arquitecto José Fco. Díaz Moscoso.

As empresas interesadas en participar neste concurso deberán someterse desde o punto de vista técnico ó proxecto de referencia.

b) Lugar de execución: San Román de Vilaestrofe-Cervo.

c) Prazo de execución: as obras deberán ser executadas, como mínimo, de acordo co calendario de xustificación establecido no convenio asinado e polo que se conceden as axudas económicas para esta obra.

En particular, as obras deberán estar executadas e certificadas, na contía anual que corresponda, antes do día 1 de novembro de cada exercicio económico.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente, segundo o acordo corporativo.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

O orzamento do contrato que servirá de base na licitación ascende a un total de 186.519,65 euros, IVE, demais impostos, anuncios e gastos incluídos.

5. Garantías.

a) Provisional: 2 % do tipo de licitación.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Requisitos.

Clasificación: grupo: C; subgrupo: 4; categoría: C.

A solvencia económica, financeira e técnica acreditarase de conformidade co establecido nos artigos 16 e 17 do TRLCAP, aprobado por R.D.L. 2/2000.

7. Criterio que servirán de base para a adxudicación.

Os criterios obxectivos que servirán de base para adxudicación do concurso, ponderando sobre un tope de 10 puntos, serán os seguintes:

-Prazo de execución das obras. Ponderado ata 6 puntos, significando que se valorará neste parágrafo o feito de que a anticipación das obras se refire, non a cada unha das anualidades, senón ó investimento total.

-Maiores unidades de obra por conta do adxudicatario valoradas a prezos de execución material. Ponderado ata 3 puntos.

-Menor prezo ofertado. Ponderado ata 1 punto.

8. Presentación de ofertas.

a) As ofertas presentaranse, no Concello de Cervo en man, das 9 ás 14 horas, dentro dos 13 días naturais seguintes ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: figura descrita na cláusula décimo primeira do prego de condicións.

9. Clasificación de documentación e apertura de plicas: terá lugar no salón de actos da Comisión de Goberno, ás 17 horas do segundo día hábil seguinte ó de remate do prazo para presentar proposicións. Se coincide con sábado trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

10. Gastos de anuncios e tributos e outros derivados da contratación: por conta do adxudicatario.

Cervo, 10 de febreiro de 2003.

José Insua Pernas

Alcalde