Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Martes, 25 de febreiro de 2003 Páx. 2.276

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BETANZOS

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na sesión celebrada o pasado día 14 de xaneiro de 2003, acordou aprobar definitivamente o expediente de constitución da comisión xestora e proxecto de estatutos e bases de actuación da Xunta de Compensación da UEI-16, na rúa Pintor Seijo Rubio-Esquina rúa do Rollo, por petición de Construcciones Ecológicas Gallegas, S.L.-Consega, S.L., modificándose o artigo 14 dos estatutos, no que se inclúe o seguinte parágrafo: o acordo de aprobación do proxecto de compensación

requirirá a maioría absoluta de cotas. Contra este acordo poderán interpoñe-los seguintes recursos:

-Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo da Coruña no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación.

Betanzos, 22 de xaneiro de 2003.

Manuel Lagares Pérez

Alcalde