Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Martes, 25 de febreiro de 2003 Páx. 2.277

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO de concurso de anteproxectos con intervención de xurado, e contratación da redacción de proxecto e dirección de obras.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Cambre.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría-Contratación.

c) Número do expediente: 03/6-3 Con. Asist. Serv.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: concurso de anteproxectos con intervención de xurado, e contratación do proxecto e dirección da obra do edificio destinado á Casa da Cultura de Cambre.

b) Lugar de execución: Cambre.

c) Prazo de execución: sen prexuízo dos prazos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares para a redacción e entrega dos proxectos básico e de execución, a duración da relación contractual quedará determinada pola execución das obras que se van realizar.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Para a selección do mellor anteproxecto utilizarase o concurso, se ben a adxudicación da redacción dos proxectos básico e de execución, así como da dirección das obras, se efectuará por procedemento negociado (art. 216.4º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño).

4. Orzamento base de licitación.

O orzamento máximo do concurso, que inclúe honorarios por redacción do proxecto básico e de execución, dirección das obras, importe do segundo premio e dos accésits, non poderá exceder de 120.466,89 A, IVE incluído (ver cláusula 2 do prego administrativo).

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) A documentación pode obterse na Delegación da COAG na Coruña, sita na avda. Linares Rivas nº 28-32, CP 15005, teléfono 981 12 22 55, ou

a través da páxina web: www.coag.es/informacioncolexial/concursos/ultimos concursos.asp

Ademais, os interesados poderán realizar consultas na Sección de Planeamento e Xestión do Concello de Cambre, situada na planta baixa da Casa do Concello (Adro, s/n-15660 Cambre, A Coruña), tels. 981 61 31 91/981 61 31 28, ou a través do enderezo de correo electrónico: urbanismo*cambre.org

b) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 14 horas do día anterior ó que remate o prazo para presenta-la documentación.

7. Requisitos específicos do contratista.

Poderán concursar na presente licitación aquelas persoas físicas ou xurídicas que cumpran cos requisitos esixidos na cláusula 3 do prego administrativo.

8. Presentación da documentación de participación.

a) Data límite de presentación: das 9 ás 14 horas dentro do prazo de dous meses, a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a documentación presentarase en tres carpetas, sobres ou paquetes pechados:

-Carpeta A, subtitulada «Documentación técnica», conterá a documentación esixida na cláusula 4.1.2.A) do prego.

-Carpeta B, subtitulada «Identidade do concursante», conterá a documentación esixida na cláusula 4.1.2.B) do prego.

-Carpeta C, subtitulada «Proposta de arquitecto como membro do xurado», conterá a documentación esixida na cláusula 4.1.2.C) do prego.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: Concello de Cambre. Rexistro de Entrada.

2º Domicilio: Adro, número 1.

3º Localidade e código postal: Cambre, 15660.

9. Apertura das ofertas.

Ás 12 horas do terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación da documentación, abriranse en sesión pública as carpetas C.

As sesións que realice o xurado, dado o seu carácter, non serán públicas.

10. Outras informacións.

A decisión do xurado fixarase en función da cualidade arquitectónica da oferta, ata 100 puntos, ponderados da seguinte forma:

-Idoneidade da solución proposta: ata 50 puntos.

-Funcionalidade e adaptación ás necesidades da súa explotación, fixando solucións de compatibilidade dos usos tendentes á reducción da superficie construída: ata 25 puntos.

-Maior grao de integración no contorno: ata 25 puntos.

11. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

12. Exposición dos pregos.

Os pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas expóñense ó público durante o prazo de oito días, polo que se poderán presentar alegacións a estes no mesmo prazo, no Rexistro de Entrada do Concello de Cambre.

De se presentaren alegacións ós pregos, o prazo de presentación de documentación adiarase o tempo preciso para resolvelas.

Cambre, 14 de febreiro de 2003.

P.D. (R.A. 23-7-1999)

Augusto Rey Moreno

Primeiro tenente de alcalde