Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Martes, 25 de febreiro de 2003 Páx. 2.274

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 13 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación do inicio de expediente sancionador 4/2003 a María Luz Maceda Arias.

A Delegación Provincial de Lugo tramitou expediente sancionador 4/2003, seguido de oficio, contra María Luz Maceda Arias, finalizando este trámite con acordo do inicio do expediente sancionador por non dedica-la vivenda de promoción pública adxudicada a domicilio habitual e permanente. Expediente LU-83/050, conta 6.

O citado acordo é do seguinte teor:

Acordo do inicio do expediente sancionador 4/2003.

Vistas as dilixencias seguidas de oficio pola Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo en relación coa vivenda de promoción pública construída baixo o expediente LU-83/050, conta 6, adxudicada a María Luz Maceda Arias, rúa Lamas de Prado, 191-1º D de Lugo e unha vez terminadas estas e logo das actuacións previas practicadas, de acordo cos seguintes:

Feitos.

1. Con data do 28 de outubro de 2002 realízase de oficio visita de inspección á vivenda de referencia, resultando imposible localizar a ninguén nela e constatando indicios de que a adxudicataria non reside de maneira habitual e permanente neste domicilio, segundo se reflicte na correspondente acta de inspección nº 1521/02.

2. Con data do 31 de outubro de 2002 solicitáronse os seguintes certificados:

-Certificado de empadroamento da adxudicataria solicitado ó Concello de Lugo.

-Certificado do consumo de enerxía eléctrica da vivenda solicitado á empresa BEGASA.

-Certificado sobre o consumo real de auga da vivenda solicitado ó Concello de Lugo.

3. En contestación ás anteriores peticións recíbese a seguinte documentación:

-Con data do 15 de novembro de 2002 certificado do Concello de Lugo, segundo o cal resulta que no padrón de habitantes dese concello figura inscrita a titular noutra vivenda.

-Con data do 8 de novembro de 2002 certificación do consumo de enerxía eléctrica remitido pola empresa BEGASA indicando que a vivenda non figura dada de alta no abastecemento de enerxía eléctrica.

4. O artigo 5, letra c), da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, dispón que «o non destino das vivendas de protección oficial ou daquelas para as que se recibiu unha axuda da Comunidade Autónoma a domicilio habitual e permanente ou mantelas deshabitadas sen causa xustificada durante un prazo superior a tres meses», constitúe unha infracción grave.

Fundamentos de dereito.

1. É competente para a resolución deste expediente o delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo, de acordo co disposto no Decreto 134/1997, do 22 de maio.

2. Ó amparo do disposto no artigo 3.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, os interesados teñen dereito a formular alegacións e a achegar tódolos documentos que consideren convenientes en calquera momento do procedemento con anterioridade ó trámite de audiencia.

Poderán, así mesmo, recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade conforme o establecido no artigo 8 do citado regulamento.

3. En particular, e segundo o artigo 16.1º do Regulamento do procedemento, os interesados dispoñen dun prazo de 15 días contados desde a súa notificación do presente acordo para achega-los documentos ou informacións que consideren convenientes e propoñer probas, concretando os medios dos que pretendan valerse.

4. Os feitos indicados poden ser constitutivos de infracción administrativa tipificada na letra e), 6 da Lei 13/1996, do 30 de decembro, sobre infraccións en materia de vivenda da que aparece como presunta responsable María Luz Maceda Arias, podendo corresponderlle unha sanción de 601,02 ata 3.005,06 euros de multa, sen prexuízo do que resulte da tramitación do presente procedemento.

5. De acordo co artigo 153 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, Lei 30/1992, do 26 de novembro, o presunto responsable ten dereito a coñecer, entre outros extremos, o instructor do procedemento sancionador, dereito que o artigo 13.1º do Regulamento do procedemento estende ó coñece

mento do secretario, o seu réxime de recusación é o recollido nos artigos 28 e 29 da dita lei.

Vistos os preceptos sinalados e os demais de aplicación xeral, esta delegación

ACORDA:

1. Incoa-lo procedemento administrativo sancionador contra María Luz Maceda Arias, como presunta responsable dos feitos sinalados.

2. Nomear instructor do expediente a Francisco Centeno Márquez xefe da Sección de Inspección e Sancións do Instituto Galego da Vivenda e Solo, e como secretario a Jesús Rodríguez Anllo, auxiliar administrativo da Sección de Inspección e Sancións do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo.

3. Conceder un prazo de quince días para achegar por parte dos interesados cantas alegacións, documentos e informacións estimen convenientes, e, de se-lo caso, propoñer probas concretando os medios dos que pretendan valerse.

Comuníquese este acordo ó órgano instructor con traslado de tódalas actuacións practicadas, e notifíqueselles ós interesados, entendendo en todo caso como tal ó inculpado, con mención expresa dos requisitos esixidos polo artigo 58.2º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 13 de xaneiro de 2003.

Antonio Boné Piña

Delegado provincial de Lugo