Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Martes, 25 de febreiro de 2003 Páx. 2.274

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2003 de concurso público, polo procedemento aberto e trámite ordinario, para proceder á contratación do servicio de limpeza no edificio administrativo da Escola Galega de Administración Pública.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Escola Galega de Administración Pública.

b) Dependencia que tramita o expediente: servicio económico-administrativo.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: servicio de limpeza no edificio administrativo da Escola Galega de Administración Pública, sito na rúa de Madrid 2-4, 15707 de Santiago de Compostela.

b) Prazo de execución: 1 ano.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 109.100 euros.

5. Garantía provisional: 2.184 euros.

6. Obtención da documentación e información.

A documentación poderá retirarse na Escola Galega de Administración Pública sita na rúa de Madrid 2-4, 15707 Santiago de Compostela, os días e horas hábiles de oficina durante o prazo de presentación de proposicións, e no enderezo da internet

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N= 2233.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo U. Subgrupo 1. Categoría A.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a requirida nos pregos de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas.

a) A documentación requirida segundo o establecido nos pregos de cláusulas administrativas, presentarase no rexistro xeral da Escola Galega de Administración Pública, na rúa de Madrid 2-4, 15707 de Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 80 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

b) O prazo de presentación será de 15 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir o último día en sábado ou festivo, entenderase prorrogado ó primeiro día hábil seguinte.

c) Non se admiten variantes.

9. Apertura das ofertas.

Terá lugar en acto público na sala de reunións da Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa de Madrid 2-4, 15707 de Santiago de Compostela, ás 12 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel en que remata o prazo de presentación de ofertas. De coincidir en sábado ou festivo terá lugar o día hábil seguinte á mesma hora.

10. O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2003.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega

de Administración Pública