Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Martes, 25 de febreiro de 2003 Páx. 2.273

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 12 de agosto de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores OU 006/2002 C e OU 010/2002 C, en materia de caza.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a resolución dos expedientes sancionadores por infraccións á Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia (DOG nº 133, do 11 de xullo).

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ó da firmeza desta resolución. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita na rúa Paseo, nº 18- 5º andar, en Ourense. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade con previsto no artigo 114.1º e concordantes da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes contado igualmente a partir do seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

Ourense, 12 de agosto de 2002.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO I

Expediente: OU 006/2002 C.

Denunciado: Manuel García Fernández.

DNI: 34926453.

Último enderezo coñecido: avda. de Balaídos nº44-3º, Vigo 36210, Pontevedra.

Feito probado: cazar acompañado de tres cans, sen acreditar estar en posesión das correspondentes cartillas sanitarias.

Precepto infrinxido: artigo 40 da Lei de caza de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 57.35º da Lei de caza de Galicia.

Cualificación da infracción: leve.

Sanción: multa de 60,10 A

ANEXO II

Expediente: OU 010/2002 C.

Denunciado: Juan Blanco Gómez.

DNI: 76699095-Y.

Último enderezo coñecido: estrada Tras Canal, nº199-2ºA, Ourense.

Feito probado: cazar en zona de caza de réxime cinexético común portando seis cartuchos de bala.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 57.23º da Lei de caza de Galicia.

Cualificación da infracción: leve.

Sanción: multa de 60,10 A.