Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Martes, 25 de febreiro de 2003 Páx. 2.272

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 6 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 228/2002, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 27 de decembro de 2002, a delegada provincial da Consellería de Sanidade da Coruña dictou resolución do expediente sancionador 228/2002 incoado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade da Coruña a Rosa Mª Lozano Zapata.

Intentada a notificación deste acordo segundo no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto número 5 do referido artigo, notifícaselle a Rosa Mª Lozano Zapata o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que a asiste para interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o seguinte ó da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, lembrándolle o seu dereito a consulta-lo expediente, depositado nas dependencias desta delegación, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas

e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 6 de febreiro de 2003.

Mª Blanca García Varela

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 228/2002.

Denunciada: Rosa Mª Lozano Zapata.

DNI/NIF: 32432024-T.

Último enderezo coñecido: Salvador de Madariaga, bloque 41, nº 14 baixo. A Coruña.

Feito imputado: infracción á lexislación aplicable ós establecementos dedicados á elaboración de pastelería, repostería, bolos e empanadas.

Preceptos infrinxidos: artigo 35.A.3 da Lei 14/1986, xeral de sanidade; artigos 2.1º.1; 2.2º e 3.3º.6 do Real decreto 1945/1983, sobre infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria; artigo 4 e capítulo VI (anexo) do Real decreto 1916/1997, polo que se establecen as condicións sanitarias de producción e comercialización de carne picada e preparados de carne; artigo 6 do Real decreto 1904/1993, sobre condicións sanitarias de producción e comercialización de productos cárnicos e doutros determinados productos de orixe animal; artigo 3 capítulo VII (anexo) do Real decreto 1437/1992, modificado polo Real decreto 1840/1997, sobre normas aplicables á producción e comercialización de productos pesqueiros e da acuicultura.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: 30,05 euros (trinta euros con cinco céntimos).