Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Martes, 25 de febreiro de 2003 Páx. 2.272

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 4 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 70/2002, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 11 de decembro de 2002, a instructora do procedemento dictou proposta de resolución do expediente sancionador 70/2002 incoado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade de Ourense a Antonio Carrajo Pérez.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto número 5 do referido artigo, notifícaselle a Antonio Carrajo Pérez o contido da dita proposta que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que a asiste, ó abeiro do disposto no número 1º do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta delegación provincial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o día seguinte ó da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consulta-lo expediente, depositado nas dependencias desta delegación provincial, sita na avda. de Zamora, nº 13 de Ourense, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións

públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Ourense, 4 de febreiro de 2003.

José F. Troncoso Casares

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador: 70/2002.

Denunciado: Antonio Carrajo Pérez.

DNI: 34707552.

Último enderezo coñecido: estrada de Laza, nº 113, Verín.

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: artigo 1.1º d) do Decreto 157/1985, do 11 de xullo; artigo 4 en relación co 1, artigo 5 e artigo 6.7º do Decreto 239/1986, do 24 de xullo, que aproba o Regulamento de manipuladores de alimentos.

Tipificación: artigo 5 en relación co 3 e 4 do Decreto 157/1985, do 11 de xullo; artigo 36.1º a) da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade.

Sanción imposta: 60 euros (sesenta euros).