Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Martes, 25 de febreiro de 2003 Páx. 2.271

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 3 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 86/2001, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 5 de novembro de 2002, o delegado provincial da Consellería de Sanidade de Ourense dictou resolución do expediente sancionador 86/2001 incoado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade de Ourense a Nilo López Conde.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto número 5 do referido artigo, notifícaselle a Nilo López Conde o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que o asiste para interpor recurso de alzada ante o conselleiro

de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, lembrándolle o seu dereito a consulta-lo expediente, depositado nas dependencias desta delegación provincial, sita na avda. de Zamora, nº 13, Ourense, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Ourense, 3 de febreiro de 2003.

José F. Troncoso Casares

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador: 86/2001.

Denunciado: Nilo López Conde.

DNI: 34954511.

Último enderezo coñecido: rúa Sampaio, nº 18-3º, Ourense.

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: artigo 1.1º d) do Decreto 157/1985, do 11 de xullo; artigo 4 en relación co 1, artigo 5 e artigo 6.7º do Decreto 239/1986, do 24 de xullo, que aproba o Regulamento de manipuladores de alimentos; artigo 4.2º do Real decreto 1437/1992, do 27 de novembro, en relación co punto 2.b do capítulo III do seu anexo.

Tipificación: artigo 5 en relación co 3 e 4 do Decreto 157/1985, do 11 de xullo; artigo 36.1º a) da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanitade.

Sanción imposta: 120 euros (cento vinte euros).