Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Martes, 25 de febreiro de 2003 Páx. 2.265

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública o proxecto de autorización de instalacións e o estudio ambiental de rede de subministración a Aluminios Cortizo, que discorre polos termos municipais de Rois e Padrón, promovido pola empresa Gas Natural sdg, S.A.

De acordo co disposto no Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, na Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles, aprobado por Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, artigos 17 da Lei de expropiación forzosa e 56 do seu regulamento, Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia e demais normativa específica de aplicación, e para os efectos previstos no acordo do Consello da Xunta do 6 de maio de 1993, polo que se designa á Consellería de Industria e Comercio como órgano competente por razón da materia para a tramitación da unidade de expediente e resolución única do procedemento, sométese a información pública o proxecto de execución e o estudio ambiental de rede de subministración a Aluminios Cortizo, que discorre polos termos municipais de Rois e Padrón, declarado de utilidade pública polo artigo 103 da citada Lei 34/1998.

Peticionario: Gas Natural sdg, S.A., con enderezo na avda. América, nº 38 (CP 28028), Madrid, titular da concesión administrativa para a conducción e subministración de gas natural canalizado para usos industriais en distintos termos municipais da provincia da Coruña, entre os que se encontran os de Rois e Padrón, concesión administrativa que debeu en autorización conforme a disposición transitoria décimo quinta da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos.

Obxecto da petición: estudio ambiental e aprobación do proxecto de instalacións rede de subministración a Aluminios Cortizo.

A autorización de instalacións que se solicita comportará, de acordo co que establecen os artigos 103 e 105 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, os beneficios da declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación urxente para o efecto de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións e da imposición e o exercicio da servidume de paso e doutras limitacións de dominio.

Características das instalacións:

Termo municipal de Padrón:

A conducción ten a súa orixe na válvula de liña de diámetro 6'' do ramal a Aluminios Quintás e soterrada á beira dun camiño.

A conducción de diámetro 6'' continúa cara ó sudoeste en paralelismo a 5 metros co gasoducto Vilalba-Tui, crúzase un camiño de servicio e continúase polo borde, e en paralelismo cun camiño para cruzalo posteriormente.

A conducción continúa cara ó sur deixando o camiño e continuando o paralelismo co gasoducto para cruzar outro camiño e seguir en paralelismo cara ó sudoeste pola beira deste.

Crúzase un camiño a Prada e continúase en paralelismo aproximado cunha pista, para cruzala pola pista de Monte Alto, aberta polo gasoducto Vilaba-Tui.

A conducción continúa en paralelismo ó gasoducto cara ó sudoeste por terreos de cultivos e praderías, para chegar ó río Sar, o que se cruza, con lastrado continuo de formigón, pasando a conducción ó termo municipal de Rois.

A lonxitude do trazado que discorre polo termo municipal de Padrón é de 2.961 m cun diámetro de 6 polgadas.

Termo municipal de Rois:

A conducción entra neste termo municipal, procedente de Padrón, cruzando o río Sar.

A conducción de diámetro 6'' continúa cara ó sudoeste en paralelismo co gasoducto Vilalba-Tui, cruza un camiño e continúa por cultivos de millo e similares, algúns viñedos e en paralelismo cun camiño.

A conducción cruza unha pista a Souto e continúa en paralelismo a 5 metros co gasoducto e un camiño cara ó sur por terreos de cultivo e praderías, cruzando o río Rois subalveo e con lastrado continuo de formigón.

A conducción continúa cara ó sur por praderías, crúzase un camiño e predios de cultivo e a estrada de Extremundi de Abaixo a Souto.

A conducción de 6'' continúa en paralelismo co gasoducto Vilalba-Tui e segue pola pista de Monte Baixo e Alto do gasoducto, crúzase unha liña de 66 kV, para cruzar un regato e ó chegar á estrada AC-301 de Padrón a Rois xirar cara ó sudoeste e discorrer en paralelismo con esta e cruzala cara ó sur mediante perforación horizontal para deixar acometida de diámetro 4 polgadas en arqueta para Aluminios Cortizo.

A lonxitude dos trazados que discorren no termo municipal de Rois son de 3.163 m en 6'' e 4 m en 4''.

A presión máxima de servicio do ramal será de 16 bar relativos.

A lonxitude total do ramal de subministración é de 6.128 m.

Termos municipais afectados:

Rois e Padrón.

Orzamento: o orzamento ascende a setecentos corenta e cinco mil novecentos noventa e nove euros con cincuenta e oito céntimos (745.999,58 A).

Afección a predios particulares:

A afección a predios particulares derivada da rede de subministración, concrétase na seguinte forma:

Un: expropiación en pleno dominio dos terreos sobre os que se teñen que construí-los elementos de instalación fixa en superficie.

Dous: para as canalizacións:

a) Imposición de servidume permanente de paso, nunha franxa de terreo de tres (3) metros de largo, un e medio a cada lado do eixo, por onde discorrerá soterrada a encanamento e cables de telecomunicación e telemando que se requiran para a conducción do gas e que estará suxeita ás seguintes limitacións ó dominio:

1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a cincuenta (50) centímetros, así como de plantar árbores ou arbustos a unha distancia inferior a dous (2) metros contados do eixo do encanamento.

2. Prohibición de realizar calquera tipo de obras ou efectuar acto ningún que puidese danar ou perturba-lo bo funcionamento das instalacións, a unha distancia inferior a cinco (5) metros do eixo do trazado, a un e outro lado desta. Esta distancia poderá reducirse sempre que se solicite expresamente e se cumpran as condicións que, en cada caso, fixe o órgano competente da Administración.

3. Libre acceso do persoal e equipos necesarios para poder manter, reparar ou renova-las instalacións, con pagamento, se é o caso, dos danos que se ocasionen.

4. Posibilidade de instala-los fitos de sinalización ou delimitación e os tubos de ventilación, así como de realiza-las obras superficiais ou subterráneas que sexan necesarias para a execución ou funcionamento das instalacións.

b) Ocupación temporal dos terreos necesarios para a execución das obras, da franxa que se reflicte para cada predio nos planos parcelarios de expropiación. Nesta zona farase desaparecer, temporalmente, todo obstáculo e realizaranse as obras necesarias para o tendido e instalación da canalización e elementos anexos, executando os traballos ou operacións precisas os ditos fins.

Tres: para o paso dos cables de conexión e elementos dispersores de protección catódica:

a) Imposición de servidume permanente de paso nunha franxa de terreo dun (1) metro de largo, por

onde discorrerán soterrados os cables de conexión. Para os leitos dispersores da protección catódica, a franxa de terreo, onde se establece a imposición de servidume permanente de paso, terá como largura, a correspondente á da instalación máis un (1) metro a cada lado.

Esta franxa estará suxeita ás seguintes limitacións:

1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a cincuenta (50) centímetros, así como de plantar árbores ou arbustos e realizar calquera tipo de obras, construcción ou edificación a unha distancia inferior a un metro e medio (1,5), a cada lado do cable de conexión ou do límite da instalación soterrada dos leitos dispersores, podendo exerce-lo dereito a cortar ou arrinca-las árbores ou arbustos que houbese a distancia inferior á indicada.

2. Libre acceso do persoal e elementos necesarios para poder vixiar, manter, reparar ou renova-las instalacións, con pagamento, se é o caso, dos danos que se ocasionen.

b) Ocupación temporal, como necesidade derivada da execución das obras, da zona que se reflicta para cada predio nos plans parcelarios de expropiación, e na que se poderá facer desaparecer todo obstáculo, así como realiza-las obras necesarias para o tendido e montaxe das instalacións e elementos anexos, executando as obras ou operacións precisas os ditos fins.

O proxecto inclúe planos parcelarios e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados.

O que se fai público para coñecemento xeral e especialmente dos propietarios de terreos e demais titulares afectados polo dito proxecto, cunha relación que se insire ó final deste anuncio, para que poidan examinar esta nesta Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Industria e Comercio, edificio administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, e na Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, praza Luis Seoane 2-edificio administrativo Monelos, e presentar por triplicado nos ditos centros as alegacións que consideren oportunas no prazo de vinte días a partir do seguinte á publicación deste anuncio.

Así mesmo, o estudio ambiental correspondente ás instalacións, poderase examinar nas dependencias da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da Coruña e concellos de Rois e Padrón, podendo presentarse cantas alegacións se consideren pertinentes dentro do mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

Relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados

Proxecto: rede de subministración a Aluminios Cortizo.

Termo municipal: Rois.

Predio nºTitular e domicilioAfecciónCatastroNatureza

L.M.O.T. mPolíg.Parcela

C-RO-1Concello de Rois. Lugar de Samil. 15911 Rois, A Coruña770281Masa común

Monte baixo

C-RO-2Concello de Rois. Lugar de Samil. 15911 Rois, A Coruña580Camiño

C-RO-3Rosalino Pérez Lens. Meana-Sorribas. 15980 Rois, A Coruña951.4502183-aLabor

C-RO-4José Romero Castaño. Meana-Seira. 15980 Rois, A Coruña52002184Labor

C-RO-5Concello de Rois. Lugar de Samil. 15911 Rois, A Coruña540Camiño

C-RO-6María Luisa González Vázquez. Meana-Sorribas. 15980 Rois, A Coruña231842186Labor

C-RO-7José López Mella. Lamego-Seira. 15911 Rois, A Coruña272242273Labor

C-RO-8José López Mella. Lamego-Seira. 15911 Rois, A Coruña121042274Labor

C-RO-9Gerardo Sorribas Bustelo. Lamego-Seira. 15911 Rois, A Coruña151202275Labor

C-RO-10María del Carmen Suárez Casal. Lamego-Seira. 15911 Rois, A Coruña11882276Labor

C-RO-11Rosalía González Vázquez. Meana-Seira. 15980 Rois, A Coruña11882277Labor

C-RO-12Máximino Gómez Cornes. Meana-Sorribas. 15980 Rois, A Coruña12962278Labor

C-RO-13Delia Vidal Miguens. Lamego-Seira. 15980 Rois, A Coruña413282279Labor

C-RO-14María Souto Souto. Cruceiro de Seira. 15980 Rois, A Coruña282242280Labor

C-RO-15Carmen Bravo Villas e irmáns. Meana-Sorribas. 15980 Rois, A Coruña353602281Labor

C-RO-16Esther Calvo Fernández. Rosalía Fernández Casal. Seira

15980 Rois, A Coruña

483842283Labor

C-RO-17José Castaño Guerra. Lamego-Seira. 15980 Rois, A Coruña756202284Labor

C-RO-18Concello de Rois. Lugar de Samil. 15911 Rois, A Coruña324Camiño

C-RO-19Dolores Rodríguez Martínez. Lameigo-Seira. 15980 Rois, A Coruña1139043344Labor

C-RO-20Carmen Esparís Calvo. Seira-Lamego. 15980 Lamego, A Coruña1159283343Labor

C-RO-21Concello de Rois. Lugar de Samil. 15911 Rois, A Coruña432Camiño

C-RO-22Deolinda Vázquez Castaño. Igrexa de Seira. 15980 Rois, A Coruña1024003370Labor

C-RO-23José Bustelo Otero e outros. Cruceiro de Seira. 15980 Rois, A Coruña686503368Labor

C-RO-24Augas de Galicia Xunta de Galicia. Edificio Admvo. de San Caetano. 15704 Santiago de Compostela, A Coruña80Río

C-RO-25Hros. de María Blanco Rodríguez. Cruceiro de Seira

15980 Rois, A Coruña

808006468Labor

Predio nºTitular e domicilioAfecciónCatastroNatureza

L.M.O.T. mPolíg.Parcela

C-RO-26Concello de Rois. Lugar de Samil. 15911 Rois, A Coruña324Camiño

C-RO-27Guillermina Vidal Mayo. Seira. 15980 Rois, A Coruña655206471Labor

C-RO-28Aguas de Galicia Xunta de Galicia. Edificio Admvo. de San Caetano

15704 Santiago de Compostela, A Coruña

40Regato

C-RO-29Marcelina Otero Bizalo. Rosa Bralo Lapido. Peruca-Oín

15911 Rois, A Coruña

550125694Monte alto

C-RO-30José Miguens Vidal. Lamego-Seira. 15980 Rois, A Coruña1080125693Monte alto

C-RO-31José Otero Castaño. Atalaya. 15970 Porto de Son, A Coruña1080125692Monte alto

C-RO-32Guillermina Vidal Mayo. Seira. 15980 Rois, A Coruña15120125691Monte alto

C-RO-32/1Marcelina Otero Castaño. Igrexa de Seira. 15980 Rois, A Coruña1080125690Monte alto

C-RO-33Marcelina Otero Castaño. Igrexa de Seira. 15980 Rois, A Coruña15120125688Monte alto

C-RO-34María del Carmen Matías Romero. Codesido-Ribasar

15980 Rois, A Coruña

25200125687Monte alto

C-RO-35José Franco Fraga. Lamego-Seira. 15980 Rois, A Coruña050125686Monte alto

C-RO-36Aurora Agrasar Fernández. Seira. 15980 Rois, A Coruña25200125685Pasteiro

C-RO-37Josefa Agrasar Gabeiro. Seira. 15980 Rois, A Coruña020125684Pasteiro

C-RO-38Guillermina Vidal Mayo. Seira. 15980 Rois, A Coruña40320125683Pasteiro

C-RO-39Carmen Fragas Castaño. Pazos-Iria (Hotel Scala)

15917 Padrón, A Coruña

1080125682Pasteiro

C-RO-40Carmen Fragas Castaño. Pazos-Iria (Hotel Scala)

15917 Padrón, A Coruña

540125681Pasteiro

C-RO-41María Peneireiro Souto. Xiaxe-Sorribas. 15980 Rois, A Coruña540125680Pasteiro

C-RO-42Descoñecido230125679Pasteiro

C-RO-43Ventura Trigo Junqueira. Outeiro-Bastavales. 15280 Brión, A Coruña020125678Pasteiro

C-RO-44Ramón Vidal Miguens. Prada-A Escravitude. 15980 Padrón, A Coruña010125677Pasteiro

C-RO-45Carmen Souto Bustelo. Contimundi. 15911 Rois, A Coruña50400125667Pasteiro

C-RO-46Concello de Rois. Lugar de Samil. 15911 Rois, A Coruña1301.040125666Monte baixo

C-RO-47Concello de Rois. Lugar de Samil. 15911 Rois, A Coruña324Camiño

C-RO-48Concello de Rois. Lugar de Samil. 15911 Rois, A Coruña3535012435Monte baixo

C-RO-49Gaspar Vidal Miguens. Seira. 15980 Rois, A Coruña84012444Monte alto

C-RO-50Guillermo Trigo Vidal. Seira. 15980 Rois, A Coruña87212445Monte alto

C-RO-51Mercedes Morono Morono. Seira. 15980 Rois, A Coruña87212446Monte alto

C-RO-52Gaspar Vidal Miguens. Seira. 15980 Rois, A Coruña87212448Monte alto

C-RO-53Guillermina Vidal Mayo. Seira. 15980 Rois, A Coruña2016012449Monte alto

C-RO-54Eduardo Miguens Vidal. Seira. 15980 Rois, A Coruña02012450Monte alto

C-RO-55Mercedes Morono Morono. Seira. 15980 Rois, A Coruña66012452Monte alto

C-RO-56Camilo Iglesias Busto. Cornes. 15911 Rois, A Coruña66012454Monte alto

C-RO-57María Sánchez Lamas. José Agrasar Fernández. Seira

15980 Rois, A Coruña

76012455Monte alto

C-RO-58Guillermo Trigo Vidal. Seira. 15980 Rois, A Coruña108012456Monte alto

C-RO-59Eduardo Pérez Morono. María Soneira Miranda. Seira

15980 Rois, A Coruña

108012457Monte alto

C-RO-60Gaspar Vidal Miguens. Seira. 15980 Rois, A Coruña108012458Monte alto

C-RO-61Guillermina Vidal Mayo. Seira. 15980 Rois, A Coruña108012461Monte alto

C-RO-62Guillermina Vidal Mayo. Seira. 15980 Rois, A Coruña108012462Monte alto

C-RO-63José Vidal Sánchez e irmáns. Sorribas. 15980 Rois, A Coruña108012466Monte alto

C-RO-64Guillermina Vidal Mayo. Seira. 15980 Rois, A Coruña35012467Monte alto

C-RO-65Guillermina Vidal Mayo. Seira. 15980 Rois, A Coruña554405522Labor

C-RO-66Eloy Agrasar Fabeiro. Francisco Pérez Fabeiro. Oín

15911 Rois, A Coruña

483845523Labor

C-RO-67Manuel Pérez Morono. María Soneira Miranda. Seira

15980 Rois, A Coruña

0505529Labor

C-RO-68Concello de Rois. Lugar de Samil. 15911 Rois, A Coruña432Camiño

C-RO-69Carmen Naveiro Peneireiro. Peruca. 15911 Rois, A Coruña020124177Monte alto

C-RO-70Deolinda Vázquez Castaño. Igrexa de Seira. 15980 Rois, A Coruña18100124176Monte alto

C-RO-71Carmen Naveiro Peneireiro. Peruca. 15911 Rois, A Coruña060124175Monte alto

C-RO-72Guillermina Vidal Mayo. Seira. 15980 Rois, A Coruña756124179Monte alto

C-RO-73Elena Carón Iglesias. Rosalía Iglesias Tarrío. Seira

15980 Rois, A Coruña

540124180Monte alto

C-RO-73/1José Ramón Iglesias Fraga. Lamego-Seira. 15980 Rois, A Coruña864124180Monte alto

C-RO-74José Castaño Guerra. Lamego-Seira. 15980 Rois, A Coruña756124181Monte alto

C-RO-75Eduardo Miguens Vidal. Seira. 15980 Rois, A Coruña648124182Monte alto

C-RO-76Descoñecido540124183Monte alto

C-RO-77Elena Carón Iglesias. Rosalía Iglesias Tarrío. Seira. 15980 Rois, A Coruña540124184Monte alto

C-RO-78Carmen Naveiro Peneireiro. Peruca. 15911 Rois, A Coruña648124185Monte alto

C-RO-79Carmen Souto Souto. Ferreiros. 15911 Rois, A Coruña648124186Monte alto

C-RO-80Elisa Trigo Vidal. Seira. 15980 Rois, A Coruña20160124187Monte alto

C-RO-81Luis Guerra Franco. Seira. 15980 Rois, A Coruña648124164Monte alto

C-RO-82Asunción Agrasar Fernández. Seira. 15980 Rois, A Coruña648124163Monte alto

C-RO-83Alejandro Agrasar Fernández. Seira. 15980 Rois, A Coruña648124162Monte alto

C-RO-84Alejandro Agrasar Fernández. Seira. 15980 Rois, A Coruña648124161Monte alto

C-RO-85José Carbajal Baleira. Seira. 15980 Rois, A Coruña648124160Monte alto

C-RO-86José Carbajal Baleira. Seira. 15980 Rois, A Coruña648124159Monte alto

C-RO-87Rosa Castro Lens. Extramundi (Talleres Pardal). 15910 Padrón, A Coruña648124158Monte alto

C-RO-88Guillermo Trigo Vidal. Seira. 15980 Rois, A Coruña648124157Monte alto

C-RO-89Luis Guerra Franco. Seira. 15980 Rois, A Coruña648124156Monte alto

C-RO-90Francisca Baleirón Aboy. Seira. 15980 Rois, A Coruña648124155Monte alto

Predio nºTitular e domicilioAfecciónCatastroNatureza

L.M.O.T. mPolíg.Parcela

C-RO-91María del Carmen Tarela Otero. Arretén-Iria. 15917 Padrón, A Coruña302405517Labor

C-RO-92Eva María Rañón Sánchez. Outeiro-Carcacía. 15914 Padrón, A Coruña. José Manuel Rañón Penedo302405516Labor

C-RO-93Clodomira Nieto Varela e fillos. Cornes. 15911 Rois, A Coruña540124220Monte alto

C-RO-94Marina Aboy Agrasar. Seira. 15980 Rois, A Coruña540124221Monte alto

C-RO-95Elvira Peneireiro Soutot. San Miguel Da Costa. 15911 Rois, A Coruña540124224Monte alto

C-RO-95/1Rosalía Iglesias Tarrío. Seira. 15980 Rois, A Coruña540124224Monte alto

C-RO-96Alejandro Agrasar Fernández. Seira. 15980 Rois, A Coruña540124225Monte alto

C-RO-97Guillermina Vidal Mayo. Seira. 15980 Rois, A Coruña540124228Monte alto

C-RO-98Guillermina Vidal Mayo. Seira. 15980 Rois, A Coruña540124229Monte alto

C-RO-99Eduardo Miguens Vidal. Seira. 15980 Rois, A Coruña540124229Monte alto

C-RO-100José Agrasar Fernández. Seira. 15980 Rois, A Coruña540124232Monte alto

C-RO-101Carmen Fragas Castaño. Pazos-Iria (Hotel Scala)

15917 Padrón, A Coruña

1080124233Monte alto

C-RO-102Guillermina Vidal Mayo. Seira. 15980 Rois, A Coruña540124230Monte alto

C-RO-103Gaspar Vidal Miguens. Seira. 15980 Rois, A Coruña540124237Monte alto

C-RO-104Jesús Rodríguez Castro. Extramundi. 15980 Rois, A Coruña00124238Monte alto

C-RO-104/1Rosa Iglesias Tarrío. Seira. 15980 Rois, A Coruña540124241Monte alto

C-RO-105Bernardino Otero Bralo. Peruca. 15911 Rois, A Coruña. Rosa Bralo Lapido540124243Monte alto

C-RO-106José Miguens Vidal. Lamego-Seira. 15980 Rois, A Coruña540124246Monte alto

C-RO-107Guillermina Vidal Mayo. Seira. 15980 Rois, A Coruña540124247Monte alto

C-RO-108Descoñecido540124250Monte alto

C-RO-109Rosa Iglesias Tarrío. Seira. 15980 Rois, A Coruña540124251Monte alto

C-RO-110José Miguens Vidal. Lamego-Seira. 15980 Rois, A Coruña540124252Monte alto

C-RO-111Carmen Bustelo Pérez. Contimundi. 15911 Rois, A Coruña35280124302Monte alto

C-RO-112Concello de Rois. Lugar de Samil. 15911 Rois, A Coruña432Camiño

C-RO-113Carmen Bustelo Pérez. Contimundi. 15911 Rois, A Coruña0012021

C-RO-114Manuel Rey Lea. Dices. 15911 Rois, A Coruña0012018

C-RO-115Concello de Rois. Lugar de Samil. 15911 Rois, A Coruña864Camiño

C-RO-116Ramón García Buela. Avda. Camilo José Cela-Iria

15917 Padrón, A Coruña

0012052-9

C-RO-117Ramón García Buela. Avda. Camilo José Cela-Iria

15917 Padrón, A Coruña

86412051-15Monte alto

C-RO-118Juan José Sánchez Lamas. Tarrío-Laíño. 15980 Rois, A Coruña118812051-14Monte alto

C-RO-119María Vázquez Castiñeiras. Peruca-Oín. 15911 Rois, A Coruña1512012051-13Monte alto

C-RO-120María Vázquez Castiñeiras. Peruca-Oín. 15911 Rois, A Coruña54012051-12Monte alto

C-RO-121María Sánchez Lamas. Seira. 15980 Rois, A Coruña54012051-11Monte alto

C-RO-122José Souto Pardal. Oín. 15911 Rois, A Coruña54012051-10Monte alto

C-RO-123Manuela García Rivas. Samil-Oín. 15911 Rois, A Coruña64812051-9Monte alto

C-RO-124Erundina Sorribas Agrasar. Santiago, 2. 15980 Padrón, A Coruña64812051-8Monte alto

C-RO-125Descoñecido86412051-7Monte alto

C-RO-126José Souto Pardal. Oín. 15911 Rois, A Coruña54012051-6Monte alto

C-RO-127Peregrina Trigo Vidal. Seira. 15980 Rois, A Coruña54012051-5Monte alto

C-RO-128Ventura Trigo Junqueira. Outeiro-Bastavales. 15280 Brión, A Coruña54012051-4Monte alto

C-RO-129Marcelina Otero Castaño. Igrexa de Seira. 15980 Rois, A Coruña54012051-3Monte alto

C-RO-130Carmen Souto Bustelo. Contimundi. 15911 Rois, A Coruña1512012051-2Monte alto

C-RO-131Ramón García Buela. Avda. Camilo José Cela-Iria

15917 Padrón, A Coruña

1512012051-1Monte alto

C-RO-132Timoteo Miguen Duyos. Oín. 15911 Rois, A Coruña54012050-16Monte alto

C-RO-133Carmen Pérez Angueira. Oín. 15911 Rois, A Coruña54012050-15Monte alto

C-RO-134Marcelina Otero Castaño. Igrexa de Seira. 15980 Rois, A Coruña5401205014Monte alto

C-RO-135María Gómez Bastelo e outra. Seira. 15980 Rois, A Coruña54012050-13Monte alto

C-RO-136José París Cereijo. Antequeira. 15911 Rois, A Coruña118812050-12Monte alto

C-RO-137Descoñecido43212050-11Monte alto

C-RO-138Manuel Lapido Sánchez. Oín. 15911 Rois, A Coruña43212050-10Monte alto

C-RO-139Descoñecido108012050-9Monte alto

C-RO-140María Cristina Somoza Rodríguez. Ponte Novo. 15911 Rois, A Coruña54012050-9Monte alto

C-RO-140/1Edemina Sánchez Rosende. Oín de Abaixo. 15911 Rois, A Coruña54012050-09Monte alto

C-RO-140/2Descoñecido54012050-8Monte alto

C-RO-141Descoñecido86412050-7Monte alto

C-RO-142José García Rosende e irmáns. Cornes. 15911 Rois, A Coruña54012050-6Monte alto

C-RO-143Manuel Lapido Sánchez. Oín. 15911 Rois, A Coruña54012050-5Monte alto

C-RO-144María Teresa Baleirón Vázquez. Oín. 15911 Rois, A Coruña54012050-4Monte alto

C-RO-145Manuel Lapido Sánchez. Oín. 15911 Rois, A Coruña54012050-3Monte alto

C-RO-146Camila Abalo Dis. Oín. 15911 Rois, A Coruña54012050-1Monte alto

C-RO-147Concello de Rois. Lugar de Samil. 15911 Rois, A Coruña324Camiño

C-RO-148José Manuel Lijo e outros. R/ Daniel López, nº 7

15917 Padrón, A Coruña

1580120104Monte alto

C-RO-149Milagros Martínez de la Riva Vega e fillos. Maldonado, nº 55

Apdo. 618. 28006 Madrid

70700120105Monte alto

C-RO-150María Elisa Elena Paz Priegue. Eduardo Pondal C.1551-1

15124 Muxía, A Coruña

15180120108Monte alto

C-RO-151Descoñecido648120109Monte alto

C-RO-152Francisco Souto Romero. Oín de Abaixo. 15911 Rois, A Coruña648120110Monte alto

Predio nºTitular e domicilioAfecciónCatastroNatureza

L.M.O.T. mPolíg.Parcela

C-RO-153Darío Castiñeiras Buela. c/ Redondo, nº 79. 36649 Pontecesures, Pontevedra648120111Monte alto

C-RO-154Carmen Sánchez Rosende. Oín de Abaixo. 15911 Rois, A Coruña648120112Monte alto

C-RO-155Elvira Fuentes López. Vilares1380120113Monte alto

C-RO-156Descoñecido030120114Monte alto

C-RO-157Eusebio Sánchez Rosende. Oín. 15911 Rois, A Coruña1081120114Monte alto

C-RO-158María Sorribas Abalo. Pza. Eugenio Fadrique, 11 - 2º B. 36208 Vigo, Pontevedra17140120110Monte alto

C-RO-159Peregrina Bustelo Piñeiro. Dices. 15911 Rois, A Coruña050120117Monte alto

C-RO-160María Sorribas Abalo. Pza. Eugenio Fadrique, 11 - 2º B. 36208 Vigo, Pontevedra010120118Monte alto

C-RO-161Concello de Rois. Lugar de Samil. 15911 Rois, A Coruña1301.040120125Pista

C-RO-162Aluminios Cortizo, S.A. Extramundi, s/n. 15910 Padrón, A Coruña1871.50012059Aparcamento

e entrada

a fábrica

C-RO-163COTOP Xunta de Galicia. Edificio Admvo. San Caetano

15704 Santiago de Compostela, A Coruña

90Camiño

C-RO-164Aluminios Cortizo, S.A. Extramundi, s/n. 15910 Padrón, A Coruña001193

Termo municipal: Padrón.

Predio nºTitular e domicilioAfecciónCatastroNatureza

L.M.O.T. mPolíg.Parcela

C-PA-1Francisco Quintas Cortiñas. A Matanza-Iria. 15917 Padrón, A Coruña6524010620Monte alto

C-PA-2Eladio Arias Fernández. Zona industrial de Maia, 1-sec-8. Alm. 211. Porto (Portugal)06010571Monte alto

C-PA-3Concello de Padrón. R/ Xeneral Franco, 29. 15900 Padrón, A Coruña03018298Pista

C-PA-4Concello de Padrón. R/ Xeneral Franco, 29. 15900 Padrón, A Coruña25200Monte alto

C-PA-5Digna Iglesias Leborán. Vigo-A Escravitude. 15980 Padrón, A Coruña5522010614Monte alto

C-PA-6María Teresa Castro Visos. Pazos-Iria. 15917 Padrón, A Coruña5731410613Pista

C-PA-7Concello de Padrón. R/ Xeneral Franco, 29. 15900 Padrón, A Coruña648Monte alto

C-PA-8Avelina Reboredo García. Prada-Cruces-A Escravitude

15980 Padrón, A Coruña

12935013736Monte alto

C-PA-9Avelina Reboredo García. Prada-Cruces-A Escravitude

15980 Padrón, A Coruña

196013737Monte alto

C-PA-10Manuel Guerra Ferreira. Manuel de Castro, nº 22-1º A

36210 Vigo, Pontevedra

9430013741Monte alto

(plantación nova)

C-PA-11Ernesto e Obdulia Iglesias Díaz. Muíños-A Escravitude

15980 Padrón, A Coruña. María Dial Perdal

5015013742Monte alto

C-PA-12Marcos Alfonsín Somozas. Pizarro, nº 73-1º A. 36204 Vigo, Pontevedra22013743Monte alto

C-PA-13José María Trigo Cruces e irmáns. Prada-Cruces-A Escravitude

15980 Padrón, A Coruña

8568012720Monte alto

C-PA-14Josefa Cajaraville Rose. Prada-Cruces-A Escravitude

15980 Padrón, A Coruña

10281612724Monte alto

C-PA-15José María Trigo Cruces e irmáns. Prada-Cruces-A Escravitude

15980 Padrón, A Coruña

2520012726Monte alto

C-PA-16José Carregal Bermúdez. Prada-Cruces-A Escravitude

15980 Padrón, A Coruña

118812727Monte alto

C-PA-17José Carregal Bermúdez. Prada-Cruces-A Escravitude

15980 Padrón, A Coruña

7561240Monte alto

C-PA-18Concello de Padrón. R/ Xeneral Franco, 29. 15900 Padrón, A Coruña648Pista

C-PA-19José María Tojo Blanco. Ortoño-Bertamiráns. 15228 Ames, A Coruña7660812729Monte alto

C-PA-20Obdulia González Reboredo. Prada-A Escravitude. 15980 Padrón,

A Coruña

8870012730Xardín (árbores

froiteiras)

C-PA-21Concello de Padrón. R/ Xeneral Franco, 29. 15900 Padrón, A Coruña648Monte alto

C-PA-22Manuel e Josefa Cajaraville Pose. Prada-A Escravitude

15980 Padrón, A Coruña

7459212217Labor

C-PA-22/1José González Reboredo. 15981 Dodro, A Coruña15120503302Labor

C-PA-22/2Ramón Aboy Caneda. Prada-A Escravitude. 15980 Padrón, A Coruña560Labor

C-PA-23Concello de Padrón. R/ Xeneral Franco, 29. 15900 Padrón, A Coruña14112Monte alto

C-PA-24José María Trigo Cruces e irmáns. Prada-Cruces-A Escravitude

15980 Padrón, A Coruña

10040014787Pista

C-PA-25Amelia Rey Miguéns. María Jesús Pardal Rey. Prada-A Escravitude nº 5, 15980 Padrón, A Coruña2510014788Monte alto

C-PA-26María Mariño Ríos. Cruces-A Escravitude. 15980 Padrón, A Coruña02014789Pista

C-PA-27Descoñecido09014782Labor

C-PA-28Comunidade de Usuarios de Prada. Prada-A Escravitude

15980 Padrón, A Coruña

2822414783Monte baixo

C-PA-29Concello de Padrón. R/ Xeneral Franco, 29. 15900 Padrón, A Coruña1080Monte alto

C-PA-30Descoñecido1314014750Labor

C-PA-31Concello de Padrón. R/ Xeneral Franco, 29. 15900 Padrón, A Coruña1301.040Monte alto

C-PA-32Manuel Estévez Castro. Cruces-A Escravitude. 15980 Padrón, A Coruña03014798Monte alto

C-PA-33Manuel Estévez Castro. Cruces-A Escravitude. 15980 Padrón, A Coruña05014799Monte alto

C-PA-34Erundina Fabeiro Reborero. Prada-A Escravitude. 15980 Padrón,

A Coruña

2512014800Monte alto

C-PA-35Gloria Segade Prada. Cruces-A Escravitude. 15980 Padrón, A Coruña3514014802Monte alto

C-PA-36Manuel Sánchez Abollo. Cruces-A Escravitude. 15980 Padrón, A Coruña83014801Monte alto

Predio nºTitular e domicilioAfecciónCatastroNatureza

L.M.O.T. mPolíg.Parcela

C-PA-37Manuel Raposo Goyanes. Cruces-A Escravitude. 15980 Padrón, A Coruña258014803Monte alto

C-PA-38Ramón Villaverde Pazos. Cruces-A Escravitude. 15980 Padrón, A Coruña4235014766Pista

C-PA-39Ramón Villaverde Pazos. Cruces-A Escravitude. 15980 Padrón, A Coruña108014767Monte alto

C-PA-40Ramón Villaverde Pazos. Cruces-A Escravitude. 15980 Padrón, A Coruña110895140768Monte alto

C-PA-41María del Carmen Blanco Villaverde. Bastavales. 15280 Brión, A Coruña5037014778Monte alto

C-PA-42Gabriel Vilas Miguens. A Escravitude. 15980 Padrón, A Coruña4233614777Monte alto

C-PA-43Descoñecido03014776Monte alto

C-PA-44Concello de Padrón. R/ Xeneral Franco, 29. 15900 Padrón, A Coruña648Pista

C-PA-45María Rego Abaia. Prada-A Escravitude. 15980 Padrón, A Coruña1971.57615874Monte alto

C-PA-46Manuela Sánchez Lapido e fillos. Prada-A Escravitude

15980 Padrón, A Coruña

1651.34415893Monte alto

C-PA-47José María Trigo Cruces e irmáns. Prada-Cruces-A Escravitude

15980 Padrón, A Coruña

2401.42015885Monte alto

C-PA-48Concello de Padrón. R/ Xeneral Franco, 29. 15900 Padrón, A Coruña70560Pista

C-PA-49Dorinda Cebrozón Barbeiro e fillos. Meana-A Escravitude

15980 Padrón, A Coruña

2825018767Estrada

C-PA-50Deputación Provincial. R/ Alférez Profesional, s/n. 15006, A Coruña90Pista

C-PA-51María Rosa Gómez González. Meana-A Escravitude

15917 Padrón, A Coruña

5544016940Monte alto

C-PA-52Francisco Quintas Cortiñas. Matanza-Iria. 15917 Padrón, A Coruña2016018905Monte alto

C-PA-53Concello de Padrón. R/ Xeneral Franco, 29. 15900 Padrón, A Coruña648Pista

C-PA-54Manuel López Martínez. Estrada, s/n, A Escravitude

15980 Padrón, A Coruña

4032016962Plantación de

castiñeiros

C-PA-55Elisardo Paz Sueiro. A Escravitude. 15980 Padrón, A Coruña3528016963Monte alto

C-PA-56María Purificación Pazo Sueiro. Raíces, nº 13, Biduído

15228 Ames, A Coruña

4132816964Monte alto

C-PA-57José García Botana. A Escravitude. 15980 Padrón, A Coruña6652816966Monte alto

C-PA-58José Somoza Sánchez. Manuel Somoza Abaia. Angueira-A Escravitude

15980 Padrón, A Coruña

1512016967Monte alto

(plantación nova)

C-PA-59José Somoza Sánchez. Manuel Somoza Abaia. Angueira-A Escravitude

15980 Padrón, A Coruña

9560016968Camiño

C-PA-60Mercedes María Seco Pérez e irmáns. Monte dos Postes, nº 15-5º C

15703 Santiago de Compostela, A Coruña

1801.00016977Monte alto

C-PA-61Concello de Padrón. R/ Xeneral Franco, 29. 15900 Padrón, A Coruña324Zona industrial

C-PA-62Evangelina Rita García Lapido e outros. Avda. da Mariña nº 124-7º

36600 Vilagarcía de Arousa

25240503181Labor

C-PA-63Purificación Paz Sueiro. Hórreo, 19-baixo 15702 Santiago de Compostela, A Coruña48384503179Labor

C-PA-64Concello de Padrón. R/ Xeneral Franco, 29. 15900 Padrón, A Coruña648Monte alto

C-PA-65Concello de Padrón. R/ Xeneral Franco, 29. 15900 Padrón, A Coruña70560503180Río

C-PA-66Augas de Galicia Xunta de Galicia. Edificio Admvo. de San Caetano

15704 Santiago de Compostela, A Coruña

120Pista