Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S. Torreiro.
Situación: Abegondo.
Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 15/20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x95) mm Al, de 316 m de lonxitude, coa orixe na liña que alimenta ó C.T. Curriño e final no centro de transformación Torreiro. Concello de Abegondo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Mone
los, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 14 de xaneiro de 2003.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña