Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Martes, 25 de febreiro de 2003 Páx. 2.264

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 7 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/377).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra de Santa Comba, S.L.

Domicilio social: r/ Miraflores, 20 baixo, 15840 Santa Comba (A Coruña).

Denominación: centro de interconexión de Ser.

Situación: Santa Comba.

Descricións técnicas: apoio metálico de celosía, que se implantará na liña Francos-Bouza 1ª fase e paso aéreo-subterráneo, baixo tubo, con conductor R.H.V. 18/30 kV de 3(1x150) mm Al, de 16 m de lonxitude, con final en cela de liña do centro de seccionamento para un nivel de tensión de 20 kV. Centro de seccionamento en caseta prefabricada de formigón, equipada cunha cela de liña en SF, cela de disxuntor, cela de equipos de medida, cela para servicios auxiliares e cela do transformador 20/0,220 kV e 2,5 kVA para servicios auxiliares. Concello de Santa Comba.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 7 de xaneiro de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña