Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Martes, 25 de febreiro de 2003 Páx. 2.264

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 7 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/376).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra de Santa Comba, S.L:.

Domicilio social: r/ Miraflores, 20 baixo, 15840 Santa Comba (A Coruña).

Denominación: centro de interconexión de mina.

Situación: Santa Comba.

Descricións técnicas: acometida eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV, con conductor R.H.V. 18/30 kV de 3(1x150) mm Al, de 16 m de lonxitude, entroncando na liña nº 9 da subestación de Carballo, no lugar de Barilongo. Centro de interconexión existente e que se equipa con pararraios e autoválvulas, cela de liña, cela para equipos de medida e cela de transformador e saída de liña. Concello de Santa Comba.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 7 de xaneiro de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña