Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Martes, 25 de febreiro de 2003 Páx. 2.264

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 7 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/368).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: UDESA.

Domicilio social: rúa Madrid, 1 B (polígono das Fontiñas), 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Denominación: L.M.T.S., centro de interconexión en Ponte Ulla.

Situación: Vedra.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 10/20 kV en triple circuíto, baixo tubo, en conductor R.H.V. de 18/30 kV e 3x3(1x150) mm Al, de 20 m de lonxitude, con orixe en celas de liña do centro de interconexión de UDESA en Ponte Ulla ata apoio paso aéreo-subterráneo de L.M.T. Codeso. Centro de seccionamento e interconexión, con caseta prefabricada de formigón, equipada con celas de entrada liña de Unión Fenosa Distribución, S.A., celas de medida e verificación auxiliares, celas de protección liñas de saída, celas de remonte e de transformador. Centro de transformación e servicios auxiliares a 10-20/0,380-0,220 kV, de 50 kVA. Concello de Vedra.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 7 de xaneiro de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña