Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Martes, 25 de febreiro de 2003 Páx. 2.242

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2003 pola que se publica o tipo de xuro nominal fixo que as entidades financeiras aplicarán ás operacións de préstamo correspondentes ás solicitudes de axuda financeira que se presenten no ano 2003 ó abeiro do convenio para o comercio retallista 2002-2003.

O convenio de apoio financeiro ó comercio retallista na Comunidade Autónoma de Galicia 2002-2003, publicado mediante Resolución do 20 de setembro de 2002 (DOG nº 205, do 23 de outubro de 2002), prevé na súa cláusula 7.5 a publicación no Diario Oficial de Galicia do tipo de xuro nominal fixo que se aplicará ás operacións de préstamo correspondentes ás solicitudes de axuda financeira que se presenten no ano 2003.

Visto o exposto e en virtude das facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Unico.-O tipo de xuro nominal fixo, que se aplicará ás operacións de préstamo correspondentes ás solicitudes de axuda financeira presentadas no Igape no ano 2003 ó abeiro do convenio para o comercio retallista 2002-2003, será o 4,55%.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2003.

José Antonio Orza Fernández

Presidente do Instituto Galego de Promoción

Económica

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA