Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Martes, 25 de febreiro de 2003 Páx. 2.234

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 14 de febreiro de 2003 pola que se convocan bolsas para coordinación e organización de fondos documentais de arquivos de interese galego.

O Decreto 307/1989, polo que se regula o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia, atribúelle á Consellería de Cultura Comunicación Social e Turismo a competencia de velar pola conservación, organización e difusión do patrimonio documental de Galicia, así como a responsabilidade de fomenta-la adecuada formación do persoal técnico de arquivos.

Coñecendo, por outra banda, as necesidades de organización e descrición de fondos documentais de moitos arquivos galegos pola importancia que teñen para garanti-los dereitos e obrigas dos cidadáns e as actividades da propia Administración, esta consellería convoca bolsas de formación e colaboración co fin de proceder á organización deses fondos documentais. Estas bolsas precisan de coordinación técnica para controla-lo traballo desenvolvido polos bolseiros e resolve-las dúbidas que xurdan no quefacer diario. Para realizar estes traballos precísanse persoas con experiencia neste tipo de tarefas de orga

nización e descrición de fondos documentais de arquivos, polo que se estipula como requisito indispensable ter desfrutado con anterioridade de dúas ou máis bolsas completas das convocadas por esta Dirección Xeral de Patrimonio Cultural para organización e descrición de arquivos de interese galego.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1º

1. Convócanse tres bolsas para coordinación e organización de fondos documentais de arquivos de interese galego, con cargo á aplicación orzamentaria 10.03.352B.480.0, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2003. Convócanse así mesmo dúas bolsas para a organización e descrición de fondos de arquivos eclesiásticos de Galicia e unha bolsa para informatización de inventarios.

O importe total das axudas en ningún caso excederá a cantidade de corenta mil douscentos cinco euros con vintecinco céntimos (40.205,25 A).

2. Os bolseiros realizarán o seu traballo nos centros arquivísticos de Galicia onde sexan destinados e nos arquivos que se van coordinar.

3. Os traballos terán unha duración de 8 meses, a partir da data de incorporación que estableza a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

4. Os bolseiros seleccionados quedarán obrigados a:

-Dispoñibilidade horaria: o horario será o establecido polos servicios técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural de acordo coas necesidades do seu traballo. En todo caso o horario non excederá as 30 horas semanais.

-Segui-las indicacións técnicas da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

-Dispoñibilidade para desprazarse polos arquivos da provincia para os que sexan nomeados coordinadores ou ós que se destinen.

-Entregar ós servicios técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, mensualmente, informe do traballo realizado e ó finaliza-la bolsa a memoria explicativa resultado do seu traballo.

Artigo 2º

1. Requisitos dos solicitantes:

-Licenciados universitarios con formación académica en historia, con coñecementos de arquivística e experiencia de traballo en arquivos.

-Ter desfrutado con anterioridade de dúas ou máis bolsas completas das convocadas por esta Dirección

Xeral de Patrimonio Cultural para organización e descrición de arquivos de interese galego.

Para opción de arquivos eclesiásticos terán preferencia aquelas persoas que demostraran experiencia de traballo con fondos eclesiásticos, fondos históricos (por esta orde) e teñan coñecementos de paleografía e diplomática.

Para opción de informatización de inventarios terase en conta, ademais da experiencia demostrada en organización e descrición de arquivos municipais, os coñecementos e dominio de programas informáticos.

2. Presentación das solicitudes:

As solicitudes presentaranse conforme o modelo oficial, que figura como anexo I desta orde, no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo ou nas súas delegacións provinciais. O prazo de presentación será de 40 días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

Sen prexuízo do establecido no parágrafo anterior, as solicitudes poderán así mesmo presentarse de calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. Documentación que hai que presentar:

Os solicitantes deberán xunta-la seguinte documentación:

-Anexo I e II debidamente cubertos e fotocopia dos méritos alegados. Só se contabilizarán aqueles méritos dos que se achega proba documental.

-Fotocopia do DNI.

-Declaración responsable de comprometerse a non desenvolver emprego remunerado nin desfrutar doutra bolsa ou axuda, calquera que fose esta, que fosen incompatibles co desfrute da bolsa que neste orde se convoca.

-Fotocopia compulsada do expediente académico.

Os solicitantes que xa achegaran méritos na convocatoria de bolsas do ano 2002, só deberán xunta-la documentación dos novos méritos que estimen oportunos.

4. Unha vez outorgadas as bolsas, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural poderá solicitar ós seleccionados a presentación do orixinal ou fotocopia compulsada dos méritos alegados, que deberán ser presentados nun prazo non superior a tres días, contados a partir do momento do seu requirimento público.

5. En caso de renunciar á bolsa os interesados deberán comunicalo por escrito á Dirección Xeral

de Patrimonio Cultural, no prazo de tres días despois da notificación de concesión da bolsa nos taboleiros de anuncios da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e nas súas delegacións provinciais. De non presentarse a renuncia no prazo estipulado quedará sen efecto o seu nomeamento e será motivo de exclusión na próxima convocatoria.

Así mesmo, renuncia durante o desfrute da bolsa inhabilitará o seu adxudicatario para efectos de presentación na próxima convocatoria.

6. Serán causas de exclusión a demostración de falsidade documental, a non correspondencia cos orixinais ou incorrección na documentación presentada.

Artigo 3º

As bolsas serán adxudicadas para a coordinación e organización dos arquivos de Galicia que se relacionan no anexo II.

Artigo 4º

O importe de cada bolsa non excederá da cantidade de sete mil trescentos trinta euros (7.330 A) para as bolsas de coordinación e seis mil setenta e un euros con setenta e cinco céntimos (6.071,75 A) para as bolsas de organización de arquivos eclesiásticos e de informatización de inventarios.

Artigo 5º

1. Os correspondentes servicios técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo poderán reclamar, se fose necesario, ós solicitantes que emenden os defectos administrativos apreciados na documentación esixida, de acordo co artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, outorgándose un prazo de 10 días hábiles, desde a notificación de requirimento.

2. A avaliación dos méritos alegados, que corresponde á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, farase segundo o seguinte baremo:

a) Licenciatura nunha universidade da Comunidade Autónoma de Galicia: 1 punto.

b) Experiencia de traballo:

-Traballo remunerado en organización e descrición de arquivos públicos municipais ou na elaboración do censo-guía. Por cada mes traballado: 0,75 puntos ata un máximo de 9 puntos.

-Traballo remunerado en organización e descrición noutro tipo de arquivos públicos. Por cada mes traballado: 0,50 puntos ata un máximo de 6 puntos.

-Traballo remunerado en organización e descrición de arquivos privados. Por cada mes traballado: 0,25 puntos ata un máximo de 3 puntos.

-Traballo non remunerado en organización e descrición de arquivos públicos ou privados con dirección técnica certificada. Por cada mes traballado: 0,10 puntos ata un máximo de 1,20 puntos.

c) Especialización:

-Especialidade universitaria en arquivística: 2 puntos.

-Máster en arquivística: 2 puntos.

-Certificado de escola-obradoiro en arquivística: 2 puntos.

d) Cursos de arquivística, diplomática, paleografía e historia das institucións:

-Con acreditación expresa de 100 horas ou máis de duración: 0,70 puntos ata un máximo de 2,40 puntos.

-Con acreditación expresa de 60 horas ou máis de duración: 0,50 puntos ata un máximo de 2 puntos.

-Con acreditación expresa de 40 horas ou máis de duración: 0,30 puntos, ata un máximo de 1,5 puntos.

-Con acreditación expresa entre 25 e 40 horas de duración: 0,20 puntos ata un máximo de 1 punto.

-Con duración entre 10 e 25 horas: 0,10 puntos ata un máximo de 0,80 puntos.

e) Congresos, xornadas e seminarios:

-Asistencia a congresos, xornadas ou seminarios de arquivística, diplomática, paleografía ou historia das institucións: 0,10 puntos ata un máximo de 1 punto.

-Presentación de comunicacións en congresos, xornadas ou seminarios sobre arquivística, diplomática, paleografía ou historia das institucións: 0,50 puntos ata un máximo de 2 puntos.

-Presentación de relatorios en congresos, xornadas ou seminarios sobre arquivística, diplomática, paleografía ou historia das institucións: 1 punto ata un máximo de 3 puntos.

f) Publicacións relacionadas coa arquivística, paleografía, diplomática e historia das institucións, impresas antes do remate do prazo de presentación de solicitudes:

-Por cada libro: 1 punto ata un máximo de 3 puntos.

-Por cada artigo en revista especializada: 0,25 puntos ata un máximo de 2 puntos.

-Pola publicación efectiva de inventarios ou catálogos: 0,25 puntos ata un máximo de 2 puntos.

Os cursos e congresos non específicos que se acrediten deberán acompañarse do seu correspondente programa.

O mesmo mérito só se valorará unha única vez: como comunicación, publicación ou asistencia a congresos.

g) Cursos de galego:

-Iniciación: 0,5 puntos.

-Iniciación e/ou perfeccionamento: 1 punto.

h) Cursos de informática:

-Informática en xeral: 0,10 puntos por curso ata un máximo de 1 punto.

-Informática aplicada ós arquivos: 0,25 puntos por curso hasta un máximo de 1,50 puntos.

3. As listas provisionais de bolseiros faranse públicas nos taboleiros de anuncios da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e nos das súas delegacións provinciais. O prazo de exposición das listas será de 10 días naturais contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, e durante os cales se poderán face-las alegacións pertinentes.

4. Serán convocadas a unha entrevista aquelas persoas que obtiveran, como mínimo, a puntuación establecida polos servicios técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. A dita entrevista será de contido técnico e terá carácter selectivo, valorándose especialmente a dispoñibilidade para desprazarse ós centros. Terá unha puntuación máxima de 4 puntos.

5. A resolución da convocatoria correspóndelle ó conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo por proposta do director xeral de Patrimonio Cultural. O acordo farase público, para efectos de notificación ós interesados nos taboleiros de anuncios da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e nos das súas delegacións provinciais nun prazo que non excederá de tres meses tralo remate do prazo de presentación de solicitudes.

Calquera notificación ou requirimento ós interesados farase a través do taboleiro de anuncios da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e nos das súas delegacións provinciais, dando así cumprimento ó disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999.

6. No suposto de que non recaese resolución expresa dentro do prazo máximo previsto, o sentido do silencio será negativo.

7. A resolución de adxudicación pon fin á vía administrativa, de acordo co artigo 109 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e contra ela cabe interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado a partir da data de notificación dela ós interesados ou recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados así mesmo desde a data de notificación.

8. Unha vez rematado o período de desfrute da bolsa, as persoas non seleccionadas poderán solicita-la devolución da documentación achegada.

Transcorrido o prazo dun ano, procederase á eliminación da documentación non recollida.

Artigo 6º

O pagamento da bolsa axustarase á normativa orzamentaria de aplicación.

Ós adxudicatarios das bolsas poderáselles requiri-la documentación necesaria para proceder ó pagamento de dita bolsa.

Artigo 7º

1. No caso de que os beneficiarios das bolsas incumprisen algunha das condicións ou obrigas estipuladas na presenta orde, a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo instruirá expediente sancionador conforme o previsto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e poderá, mesmo, anula-los beneficios concedidos e solicita-la devolución das cantidades percibidas, se as houbese, nos prazos que establece o Regulamento xeral de recadación.

2. A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo expedirá, a petición dos interesados, ó remata-los traballos, logo do informe favorable dos servicios técnicos e entrega dos informes correspondentes, certificación acreditativa da prestación de servicios.

3. As bolsas non implican relación funcionarial nin laboral coa Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, nin compromiso que se estenda máis alá do seu ámbito de duración.

4. Os traballos resultantes serán propiedade da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. A súa utilización deberá contar coa autorización expresa e previa da dita consellería e do centro onde se realizaron os traballos.

Artigo 8º

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo poderá facer pública unha nova convocatoria en iguais ou diferentes termos, no caso de que as adxudicacións acordadas non cubrisen a totalidade do crédito asignado.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o director xeral de Patrimonio Cultural para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor ó día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2003.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación

Social e Turismo