Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Martes, 25 de febreiro de 2003 Páx. 2.201

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 19 de febreiro de 2003 pola que se dispón o cesamento por pase a outro destino de vocal dos consellos de administración das autoridades portuarias da Coruña e Vigo e a súa ría.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola

Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas a facultade de designación e separación dos vocais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado sitas no seu territorio.

O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de xaneiro de 2002, modificado polo acordo do 6 de xuño de 2002, faculta o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para o presente cesamento.

Conforme o previsto no artigo 40 da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, a designación dos vocais do consello de administración deberá facerse necesariamente por proposta das administracións públicas, entidades ou organismos representados no consello de administración, polo que, en canto órgano competente,

DISPOÑO:

O cesamento, por paso a outro destino, de Emilio García Gallego como vocal dos consellos de administración das autoridades portuarias da Coruña e Vigo e a súa ría, en representación da Xunta de Galicia, agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2003.

Alberto Núñez Feijoo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA