Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Martes, 25 de febreiro de 2003 Páx. 2.194

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 17 de febreiro de 2003 pola que se regulan os ficheiros que conteñen datos de carácter persoal existentes na Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no Instituto Galego da Vivenda e Solo e no ente público Portos de Galicia.

De conformidade co establecido na Lei orgánica 5/1992, do 29 de outubro, de regulación do tratamento automatizado de datos de carácter persoal, por Orde do 27 de xullo de 1994 (DOG do 30 de xullo) reguláronse os ficheiros con datos de carácter persoal existentes nesta consellería.

A citada lei orgánica foi derrogada pola Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal. Esta, no seu artigo 20, dispón que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só poderá facerse por medio de disposición xeral publicada no BOE ou diario oficial correspondente.

O refirido cambio normativo xunto coas modificacións orgánicas producidas na consellería desde a Orde do 27 de xullo de 1994, fai aconsellable dictar unha nova disposición na que se relacionen a totalidade dos ficheiros xestionados polas distintos centros directivos e organismos públicos da consellería.

En consecuencia, e en virtude das facultades que me confire o artigo 34.6º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Mediante a presente orde, a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda regula os ficheiros con datos de carácter persoal existentes nos seus centros directivos e nos organismos públicos dependentes, que se citan nos anexos, nos termos e condicións establecidos na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

Artigo 2º.-Contido.

A información que, de acordo co artigo 20.2º da Lei orgánica 15/1999, deberá indicarse na disposición de creación de ficheiros, está contida nos anexos desta orde, en cada un dos ficheiros creados.

Artigo 3º.-Finalidade e usos dos ficheiros.

Os datos de carácter persoal rexistrados nos ficheiros da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda só serán utilizados para os fins expresamente previstos e por persoal debidamente autorizado.

Artigo 4º.-Seguridade dos ficheiros.

Serán responsables dos ficheiros os órganos que, en cada caso, figuran no anexo.

Os titulares dos órganos administrativos responsables dos ficheiros adoptarán as medidas de xestión e organización necesarias para asegura-la confidencialidade, seguridade e integridade dos datos, así como as dirixidas a facer efectivas as garantías, obrigas e dereitos recoñecidos na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.

Disposición derrogatoria

Queda derrogada a orde desta consellería, do 27 de xullo de 1994, pola que se regularon os ficheiros automatizados de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2003.

Alberto Núñez Feijóo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

ANEXO I

Ficheiros da secretaría xeral da consellería

* Ficheiro: persoal.mdb.

1. Finalidade do ficheiro e usos previstos: mellorar e axiliza-la xestión do persoal destinado na consellería mediante a introducción, modificación e cancelación de datos relativos ó citado colectivo así como contar cun acceso áxil ós datos do persoal que estivo con anterioridade nesta consellería.

2. Persoas e colectivos afectados: persoal funcionario, laboral, interino, contratado administrativo, eventual, altos cargos e persoal asimilado, destinado nesta consellería.

3. Procedemento de recollida de datos: os datos recóllense mediante os expedientes persoais dos traballadores, a achega de datos polos propios interesados e mediante a documentación que xorde pola actividade administrativa, cesamentos, tomas de posesión, recoñecemento de dereitos, etc.

4. Estructura básica do ficheiro: base de datos.

5. Tipo de datos de carácter persoal que inclúe:

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF; nº SS/mutualidade; nome e apelidos; enderezo; nº de rexistro de persoal.

Datos de características persoais: data de nacemento; sexo.

Datos académicos: formación e titulación.

Datos de detalles de emprego: corpo/escala; categoría/grao; postos de traballo.

6. Cesións de datos previstas: non se prevén cesións.

7. Órgano da Administración responsable do ficheiro: Secretaría Xeral.

8. Servicios ou unidades ante os que se poden exerce-los dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición: CPTOPV-Secretaría Xeral, edificio administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

9. Medidas de seguridade: nivel básico.

* Ficheiro: xurídicos. Traballo.

1. Finalidade do ficheiro e usos previstos: a finalidade do ficheiro é o control e seguimento dos expedientes relativos a reclamacións e recursos administrativos, así como das peticións dos órganos xurisdiccionais e doutras institucións, das que a súa xestión estea atribuída á secretaría xeral.

2. Persoas ou colectivos afectados: persoas físicas ou representantes de persoas xurídicas que presenten peticións, reclamacións , recursos ou demandas nos que a contestación ou proposta de resolución sexa competencia da secretaría xeral.

3. Procedemento de recollida de datos: directamente das persoas físicas ou representantes das persoas xurídicas que formulen a petición, reclamación, recurso ou demanda, ou derivados dos expedientes administrativos.

4. Estructura básica do ficheiro: base de datos.

5. Tipo de datos de carácter persoal que inclúe:

Datos de carácter identificativo: nome e apelidos.

Datos económico-financeiros: embargos ou retencións xudiciais ou administrativos.

6. Cesións de datos previstas: non se prevén cesións.

7. Órgano da Administración responsable do ficheiro: Secretaría Xeral.

8. Servicios ou unidades ante os que se poden exerce-los dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición: CPTOPV-Secretaría Xeral, edificio administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

9. Medidas de seguridade: nivel medio.

ANEXO II

Ficheiro da Direccion Xeral de Urbanismo

* Ficheiro: disciplina urbanística reposición da legalidade urbanística, sancións, autorizacións para construccións e instalacións en solo rústico e autorizacións para edificacións en núcleos rurais preexistentes.

1. Finalidade do ficheiro e usos previstos: inspección e vixilancia urbanística. Disciplina urbanística.

2. Persoas ou colectivos afectados: promotores, empresarios de obras e técnicos directores das mesmas.

3. Procedemento de recollida de datos: solicitudes dos interesados, denuncias ou inspeccións.

4. Estructura básica do ficheiro: base de datos.

5. Tipo de datos de carácter persoal que inclúe:

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, razóns social, domicilio, teléfono, fax.

Datos relativos á comisión de infraccións penais e/ou administrativas.

Datos de circunstancias sociais: características e datos rexistrais de terreos e de actos de edificación e uso do solo, de propiedades, posesións, licencias e autorizacións.

6. Cesións de datos previstas:

Consellería de Economía e Facenda (procedemento de recadación).

Policía autonómica (control e seguimento de resolucións).

Concellos (información/colaboración para a protección da legalidade e a adopción das medidas de disciplina necesarias).

Consellería de Medio Ambiente (exercicio de competencias propias).

Augas de Galicia (exercicio de competencias propias).

Portos de Galicia (exercicio de competencias propias).

7. Órgano da Administración responsable do ficheiro: Dirección Xeral de Urbanismo.

8. Servicios ou unidades ante os que se poden exerce-los dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición: CPTOPV-Dirección Xeral de Urbanismo, edificio administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

9. Medidas de seguridade: nivel medio.

ANEXO III

Ficheiros da Dirección Xeral de Obras Públicas.

* Ficheiro: autorizacións e instalacións en estradas

1. Finalidade do ficheiro e usos previstos: xestión dos expedientes de autorizacións de estacións de servicio na rede autonómica de estradas.

2. Persoas ou colectivos afectados: os propios solicitantes.

3. Procedemento de recollida de datos: mediante solicitudes presentadas polos interesados.

4. Estructura básica do ficheiro: base de datos.

5. Tipo de datos de carácter persoal que inclúe:

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF; nome e apelidos; enderezo; teléfono; fax.

6. Cesións de datos previstas: non se prevén cesións.

7. Órgano da Administración responsable do ficheiro: Dirección Xeral de Obras Públicas.

8. Servicios ou unidades ante os que se poden exerce-los dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición: Dirección Xeral de Obras Públicas, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

9. Medidas de seguridade: nivel básico.

* Ficheiro: base de datos de recursos, reclamacións e sancións.

1. Finalidade do ficheiro e usos previstos: tramitación e resolución dos recursos e reclamacións presentadas así como dos expedientes sancionadores.

2. Persoas ou colectivos afectados: persoas que interpoñen recursos ou reclamacións ou que son responsables de infraccións en materia de estradas.

3. Procedemento de recollida de datos: mediante solicitudes presentadas polos afectados ou por denuncias ou actas de infracción.

4. Estructura básica do ficheiro: base de datos.

5. Tipo de datos de carácter persoal que inclúe:

Datos de carácter identificativo: nome e apelidos; enderezo.

Datos de circunstancias sociais: propiedades e autorizacións.

6. Cesións de datos previstas: non se prevén cesións.

7. Órgano da Administración responsable do ficheiro: Dirección Xeral de Obras Públicas.

8. Servicios ou unidades ante os que se poden exerce-los dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición: Dirección Xeral de Obras Públicas, edificio administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

9. Medidas de seguridades: nivel medio.

ANEXO IV

Ficheiros da Dirección Xeral de Transportes

* Ficheiro: CTR (concesións de transportes).

1. Finalidade do ficheiro e usos previstos: a finalidade do ficheiro é a xestión dos expedientes administrativos de concesións de servicios regulares permanentes de uso xeral de transporte viaxeiros por estrada.

2. Persoas ou colectivos afectados: persoas físicas ou representantes das persoas xurídicas titulares de concesións de servicios regulares permanentes de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada.

3. Procedemento de recollida de datos: mediante declaracións ou formularios recibidos do propio interesado ou do seu representante.

4. Estructura básica do ficheiro: base de datos.

5. Tipo de datos de carácter persoal que inclúe:

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF; nome e apelidos; teléfono, fax, enderezo, correo electrónico.

6. Cesións de datos previstas: non se prevén cesións.

7. Órgano da Administración responsable do ficheiro: Dirección Xeral de Transportes.

8. Servicios ou unidades ante os que se poden exerce-los dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición: Dirección Xeral de Transportes, praza de Europa, 5 A, Área Central, As Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela.

9. Medidas de seguridade: nivel básico.

* Ficheiro: programa Sitran.

1. Finalidade do ficheiro e usos previstos: o ficheiro constitúe un instrumento básico para ter coñecemento da vixencia das autorizacións das empresas para a realización de transporte así como o número de vehículos e as súas características.

2. Persoas ou colectivos afectados: persoas físicas ou representantes das persoas xurídicas que soliciten ou sexan titulares de autorizacións de transporte por estrada.

3. Procedemento de recollida de datos: os datos son achegados polos propios solicitantes das autorizacións de transporte ou recadados doutros órganos administrativos.

4. Estructura básica do ficheiro: base de datos.

5. Tipo de datos de carácter persoal que inclúe:

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF; nome e apelidos; enderezo.

Datos de características persoais: data e lugar de nacemento; nacionalidade.

Datos profesionais: capacitación profesional para o exercicio de actividades de transporte por estrada.

6. Cesións de datos previstas: non se prevén cesións.

7. Órgano da Administración responsable do ficheiro: Dirección Xeral de Transportes.

8. Servicios ou unidades ante os que se poden exerce-los dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición: Dirección Xeral de Transportes, praza de Europa, 5 A, Área Central, As Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela.

9. Medidas de seguridade: nivel básico.

* Ficheiro: SNC (sancións de transporte).

1. Finalidade do ficheiro e usos previstos: a finalidade do ficheiro é o control e seguimento dos expedientes sancionadores incoados por infraccións da normativa reguladora do transporte por estrada.

2. Persoas ou colectivos afectados: as persoas físicas ou xurídicas que realizan actividades no ámbito do transporte por estrada.

3. Procedemento de recollida de datos: os datos recóllense ou ben do programa Sitran ou procedentes das denuncias da Garda Civil de Tráfico ou da Inspección de Transportes.

4. Estructura básica do ficheiro: base de datos.

5. Tipo de datos de carácter persoal que inclúe:

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF; nome e apelidos; enderezo.

Outros datos: outras infraccións cometidas.

6. Cesións de datos previstas: ós servicios de recadación da Consellería de Economía e Facenda, para os efectos do procedemento executivo.

7. Órgano da Administración responsable do ficheiro: Dirección Xeral de Transportes.

8. Servicios ou unidades ante os que se poden exerce-los dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición: Dirección Xeral de Transportes, praza de Europa, 5 A, Área Central, As Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela.

9. Medidas de seguridade: nivel medio.

ANEXO V

Ficheiros do Instituto Galego da Vivenda e Solo

* Ficheiro: plan cuadrienal de vivenda.

1. Finalidade do ficheiro e usos previstos: a finalidade do ficheiro é a xestión e tramitación dos expedientes relativos a concesións de axudas e financiamento cualificado formuladas ó amparo dos plans de vivenda.

2. Persoas ou colectivos afectados: persoas que solicitan as axudas ou financiamento.

3. Procedemento de recollida de datos: os datos obtéñense das solicitudes que presentan os interesados nos rexistros da Xunta de Galicia.

4. Estructura básica do ficheiro: base de datos.

5. Tipo de datos de carácter persoal que inclúe:

Datos de carácter identificativo: NIF, nome e apelidos, enderezo, teléfono.

Datos de características persoais: integrantes da unidade familiar, data de nacemento.

Datos de circunstancias sociais: superficie e prezo de adquisición da vivenda.

Datos económico-financeiros: ingresos declarados e conta bancaria.

6. Cesións de datos previstas: Ministerio de Fomento.

7. Órgano da Administración responsable do ficheiro: IGVS.

8. Servicios ou unidades ante os que se poden exerce-los dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición: Instituto Galego da Vivenda e Solo, Área Central, s/n, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela.

9. Medidas de seguridade: nivel básico.

* Ficheiro: infravivenda.

1. Finalidade do ficheiro e usos previstos: xestiona-la concesión de axudas á erradicación da infravivenda.

2. Persoas ou colectivos afectados: concellos solicitantes e persoas beneficiarias das axudas.

3. Procedemento de recollida de datos: os datos obtéñense das solicitudes que presentan os interesados nos rexistros da Xunta de Galicia.

4. Estructura básica do ficheiro: base de datos.

5. Tipo de datos de carácter persoal que inclúe:

Datos de carácter identificativo: NIF; nome e apelidos; enderezo; teléfono.

Datos de características persoais: membros da unidade familiar.

Datos de circunstancias sociais: superficie da vivenda.

Datos económicos: ingresos declarados.

Datos administrativos: contía de axudas concedidas.

6. Cesións de datos previstas: non prevén cesións.

7. Órgano da Administración responsable do ficheiro: IGVS.

8. Servicios ou unidades ante os que se poden exerce-los dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición: Instituto Galego da Vivenda e Solo, Área Central, s/n, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela.

9. Medidas de seguridade: nivel básico.

* Ficheiro: rehabilitación rural.

1. Finalidade do ficheiro e usos previstos: xestiona-la concesión de subvencións á rehabilitación rural.

2. Persoas ou colectivos afectados: solicitantes das subvencións.

3. Procedemento de recollida de datos: os datos obtéñense das solicitudes que presentan os interesados nos rexistros da Xunta de Galicia.

4. Estructura básica do ficheiro: base de datos.

5. Tipo de datos de carácter persoal que inclúe:

Datos de carácter idenitificativo: NIF; nome e apelidos; enderezo; teléfono.

Datos de carácterísticas persoais: data de nacemento e membros da unidade familiar.

Datos de circunstancias sociais: características da vivenda.

Datos económicos: ingresos declarados; conta bancaria.

Datos administrativos: contía de axudas concedidas.

6. Cesións de datos previstas: non se prevén cesións.

7. Órgano da Administración responsable do ficheiro: IGVS.

8. Servicios ou unidades ante os que se poden exerce-los dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición: Instituto Galego da Vivenda e Solo, Área Central, s/n, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela.

9. Medidas de seguridade: nivel básico.

* Ficheiro: conxuntos históricos.

1. Finalidade do ficheiro e usos previstos: xestiona-la concesión de subvencións á rehabilitación en conxuntos históricos.

2. Persoas ou colectivos afectados: solicitantes das axudas.

3. Procedemento de recollida de datos: os datos obtéñense das solicitudes que presentan os interesados nos rexistros da Xunta de Galicia.

4. Estructura básica do ficheiro: base de datos.

5. Tipo de datos de carácter persoal que inclúe:

Datos de carácter identificativo: NIF; nome e apelidos; enderezo; teléfono.

Datos de características persoais: membros da unidade familiar e data de nacemento.

Datos de circunstancias sociais: superficie da vivenda.

Datos económicos: ingresos declarados e conta bancaria.

Datos administrativos: contía de axudas concedidas.

6. Cesións de datos previstas: non se prevén cesións.

7. Órgano da Administración responsable do ficheiro: IGVS.

8. Servicios ou unidades ante os que se poden exerce-los dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición: Instituto Galego da Vivenda e Solo, Área Central, s/n, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela.

9. Medidas de seguridade: nivel básico.

* Ficheiro: reconstrucción rural.

1. Finalidade do ficheiro e usos previstos: xestiona-la concesión de subvencións á reconstrucción rural.

2. Persoas ou colectivos afectados: solicitantes das axudas.

3. Procedemento de recollida de datos: os datos obtéñense das solicitudes que presentan os interesados nos rexistros da Xunta de Galicia.

4. Estructura básica do ficheiro: base de datos.

5. Tipo de datos de carácter persoal que inclúe:

Datos de carácter identificativo: NIF; nome e apelidos; enderezo; teléfono.

Datos de carácterísticas persoais: membros da unidade familiar e data de nacemento.

Datos de circunstancias sociais: características da vivenda.

Datos económicos: ingresos declarados e conta bancaria.

Datos administrativos: contía de axudas concedidas.

6. Cesións de datos previstas: non se prevén cesións.

7. Órgano da Administración responsable do ficheiro: IGVS.

8. Servicios ou unidades ante os que se poden exerce-los dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición: Instituto Galego da Vivenda e Solo, Área Central, s/n, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela.

9. Medidas de seguridade: nivel básico.

* Ficheiro: axudas a mozos.

1. Finalidade do ficheiro e usos previstos: xestiona-la concesión de subvencións ós mozos adquirentes de vivendas de protección pública.

2. Persoas ou colectivos afectados: solicitantes das axudas.

3. Procedemento de recollida de datos: os datos obtéñense das solicitudes que presentan os interesados nos rexistros da Xunta de Galicia.

4. Estructura básica do ficheiro: base de datos.

5. Tipo de datos de carácter persoal que inclúe:

Datos de carácter identificativo: NIF; nome e apelidos; enderezo; teléfono.

Datos de características persoais: membros da unidade familiar e data de nacemento.

Datos de circunstancias sociais: características da vivenda.

Datos económicos: ingresos declarados e conta bancaria.

Datos administrativos: contía de axudas concedidas.

6. Cesións de datos previstas: non se prevén cesións.

7. Órgano da Administración responsable do ficheiro: IGVS.

8. Servicios ou unidades ante os que se poden exerce-los dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición: Instituto Galego da Vivenda e Solo, Área Central, s/n, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela.

9. Medidas de seguridade: nivel básico.

* Ficheiro: axudas a famillias numerosas.

1. Finalidade do ficheiro e usos previstos: xestiona-la concesión de subvencións ás familias numerosas adquirentes de vivendas.

2. Persoas ou colectivos afectados: solicitantes das axudas.

3. Procedemento de recollida de datos: os datos obtéñense das solicitudes que presentan os interesados nos rexistros da Xunta de Galicia.

4. Estructura básica do ficheiro: base de datos.

5. Tipo de datos de carácter persoal que inclúe:

Datos de carácter identificativo: NIF; nome e apelidos; enderezo; teléfono.

Datos de características persoais: membros da unidade familiar e data de nacemento.

Datos de circunstancias sociais: características da vivenda.

Datos económicos: ingresos declarados e conta bancaria.

Datos administrativos: contía de axudas concedidas.

6. Cesións de datos previstas: non se prevén cesións.

7. Órgano da Administración responsable do ficheiro: IGVS.

8. Servicios ou unidades ante os que se poden exerce-los dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición: Instituto Galego da Vivenda e Solo, Área Central, s/n, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela.

9. Medidas de seguridade: nivel básico.

* Ficheiro: inspección.

1. Finalidade do ficheiro e usos previstos: control das actividades realizadas polo Servicio de Inspección do IGVS.

2. Persoas ou colectivos afectados: adxudicatarios de vivendas de promoción pública.

3. Procedemento de recollida de datos: os datos obtéñense dos ficheiros de adxudicatarios de vivendas e de informes solicitados a diversas entidades públicas e privadas.

4. Estructura básica do ficheiro: base de datos.

5. Tipo de datos de carácter persoal que inclúe:

Datos de carácter identificativo: NIF; nome e apelidos; enderezo; teléfono.

Datos de circunstancias sociais: características da vivenda.

Datos administrativos: conclusións das inspeccións.

6. Cesións de datos previstas: non se prevén cesións.

7. Órgano da Administración responsable do ficheiro: IGVS.

8. Servicios ou unidades ante os que se poden exerce-los dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición: Instituto Galego da Vivenda e Solo, Área Central, s/n, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela.

9. Medidas de seguridade: nivel básico.

* Ficheiro: administración de vivendas de promoción pública.

1. Finalidade do ficheiro e usos previstos: adxudicación, recadación e xestión administrativa das vivendas de promoción pública.

2. Persoas ou colectivos afectados: adxudicatarios de vivendas de promoción pública.

3. Procedemento de recollida de datos: os datos obtéñense da documentación achegada polos adxudicatarios.

4. Estructura básica do ficheiro: base de datos.

5. Tipo de datos de carácter persoal que inclúe:

Datos de carácter identificativo: NIF; nome e apelidos; enderezo; teléfono.

Datos de características persoais: membros da unidade familiar.

Datos de circunstancias sociais: superficie e prezo de adquisición da vivenda.

Datos económicos: ingresos declarados e conta bancaria.

Datos administrativos: débeda contraída, cantidade do pagamento aprazado, prezo do alugamento.

6. Cesións de datos previstas: non se prevén cesións.

7. Órgano da Administración responsable do ficheiro: IGVS.

8. Servicios ou unidades ante os que se poden exerce-los dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición: Instituto Galego da Vivenda e Solo, Área Central, s/n, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela.

9. Medidas de seguridade: nivel básico.

* Ficheiro: construccións.

1. Finalidade do ficheiro e usos previstos: control e xestión da promoción pública de vivendas: contratos e informes técnicos.

2. Persoas ou colectivos afectados: empresas e profesionais vinculados ós contratos implicados na promoción pública de vivendas.

3. Procedemento de recollida de datos: os datos obtéñense da documentación achegada polos adxudicatarios.

4. Estructura básica do ficheiro: base de datos.

5. Tipo de datos de carácter persoal que inclúe:

Datos de carácter identificativo: NIF; nome e apelidos; enderezo; teléfono.

Datos económicos: conta bancaria.

6. Cesións de datos previstas: non se prevén cesións.

7. Órgano da Administración responsable do ficheiro: IGVS.

8. Servicios ou unidades ante os que se poden exerce-los dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición: Instituto Galego da Vivenda e Solo, Área Central, s/n, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela.

9. Medidas de seguridade: nivel básico.

* Ficheiro: facturas de notarios e rexistradores.

1. Finalidade do ficheiro e usos previstos: control e xestión das facturas emitidas por notarios e rexistradores.

2. Persoas ou colectivos afectados: rexistradores e notarios que emiten factura ó IGVS.

3. Procedemento de recollida de datos: os datos obtéñense das facturas emitidas.

4. Estructura básica do ficheiro: base de datos.

5. Tipo de datos de carácter persoal que inclúe:

Datos de carácter identificativo: NIF; nome e apelidos; enderezo; teléfono.

Datos económicos: conta bancaria.

6. Cesións de datos previstas: non se prevén cesións.

7. Órgano da Administración responsable do ficheiro: IGVS.

8. Servicios ou unidades ante os que se poden exerce-los dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición: Instituto Galego da Vivenda e Solo, Área Central, s/n, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela.

9. Medidas de seguridade: nivel básico.

ANEXO VI

Ficheiros de Portos de Galicia

* Ficheiro: SICPG.

1. Finalidade do ficheiro e usos previstos: a finalidade do ficheiro é constituír un sistema de información da xestión contable e orzamentaria, no que se reflicte a contabilidade financeira e patrimonial, así como o seguimento da execución orzamentaria.

2. Persoas ou colectivos afectados: terceiros que contratan co ente público xerando obrigas daquel ou dereitos ó seu favor.

3. Procedemento de recollida de datos: os datos recóllense dos interesados ou dos seus representantes, constando nos contratos ou expedientes administrativos.

4. Estructura básica do ficheiro: base de datos.

5. Tipo de datos de carácter persoal que inclúe:

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF; nome e apelidos; endezo; número da Seguridade Social/mutualidade.

Datos económico-financeiros: datos bancarios.

6. Cesións de datos previstas: non se prevén cesións.

7. Órgano da Administración responsable do ficheiro: Portos de Galicia.

8. Servicios ou unidades ante os que se poden exerce-los dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición: Portos de Galicia, praza de Europa, 5 A, 6º, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela.

9. Medidas de seguridade: nivel básico.

* Ficheiro: Secretaxa.

1. Finalidade do ficheiro e usos previstos: o seguimento de peticións, dos expedientes e dos recursos administrativos, das demandas xudiciais interpostas por ou contra o ente público, e das convocatorias de sesións e dos acordos do seu Consello de Administración.

2. Persoas ou colectivos afectados: persoas físicas ou representantes das persoas xurídicas que formulen peticións, recursos administrativos ou demandas xudiciais contra actos ou resolucións do ente público.

3. Procedemento de recollida de datos: mediante a presentación polo interesado ou o polo seu representante legal, da petición, recurso ou demanda, ou derivados do expediente administrativo.

4. Estructura básica do ficheiro: base de datos.

5. Tipo de datos de carácter persoal que inclúe:

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF; nome e apelidos; enderezo.

6. Cesións de datos previstas: non se prevén cesións.

7. Órgano da Administración responsable do ficheiro: Portos de Galicia.

8. Servicio ou unidades ante os que se poden exerce-los dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición: Portos de Galicia, praza de Europa, 5 A, 6º, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela.

9. Medidas de seguridade: nivel básico.

* Ficheiro: xestión de recadación. xeral.mdb.

1. Finalidade do ficheiro e usos previstos: a finalidade do ficheiro é a xestión da facturación por tarifas e canons pola utilización dos bens e servicios prestados polo ente público; a elaboración das liquidacións emitidas e o seguimento económico destes, domiciliación bancaria e xestión da recadación.

2. Persoas ou colectivos afectados: persoas físicas ou representantes de persoas xurídicas que sexan usuarios das instalacións portuarias adscritas á Comunidade Autónoma de Galicia e que reciban servicios xerais ou específicos por parte do ente público, ou sexan titulares de concesión administrativa ou autorización temporal.

3. Procedemento de recollida de datos: a través do propio interesado ou do seu representante mediante declaración ou ben a través dos concesionarios que prestan os servicios.

4. Estructura básica do ficheiro: base de datos.

5. Tipo de datos de carácter persoal que inclúe:

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF; nome e apelidos; enderezo e teléfono.

Datos económico-financeiros: datos bancarios.

6. Cesións de datos previstas: non se prevén cesións.

7. Órgano da Administración responsable do ficheiro: Portos de Galicia.

8. Servicio ou unidades ante os que se poden exerce-los dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición: Portos de Galicia, praza de Europa, 5 A, 6º, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela.

9. Medidas de seguridade: nivel básico.

* Ficheiro: base de datos comunicación.portos. mdb.

1. Finalidade do ficheiro e usos previstos: a finalidade do ficheiro é dispoñer dunha axenda de posibles destinatarios de circulares e información emitida polo ente público.

2. Persoas ou colectivos afectados: son os membros do Consello de Administración do ente público; asociacións; deputados autonómicos; consignatarios; empresas e operadores portuarios; clubs náuticos; autoridades portuarias; capitanías marítimas; confrarías de pescadores e alcaldes de municipios costeiros de Galicia.

3. Procedemento de recollida de datos: a través do propio interesado, da institución que representa e das fontes accesibles ó ente público previstas como tales no artigo 3 j) da Lei orgánica 15/1999.

4. Estructura básica do ficheiro: base de datos.

5. Tipo de datos de carácter persoal que inclúe:

Datos de carácter identificativo: nome e apelidos; enderezo; teléfono.

Outros datos: denominación da entidade á que representa; cargo.

6. Cesións de datos previstas: non se prevén cesións.

7. Órgano da Administración responsable do ficheiro: Portos de Galicia.

8. Servicios ou unidades ante os que se poden exerce-los dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición: Portos de Galicia, praza de Europa, 5 A, 6º, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela.

9. Medidas de seguridade: nivel básico.

* Ficheiro: GC-epsilon-RH.

1. Finalidade do ficheiro e usos previstos: xestión integral do persoal do ente público.

2. Persoas ou colectivos afectados: persoal eventual, funcionario ou laboral, destinados no ente público.

3. Procedemento de recollida de datos: mediante formularios cubertos polos interesados ou transmisión de datos doutras administracións públicas.

4. Estructura básica do ficheiro: base de datos.

5. Tipo de datos de carácter persoal que inclúe:

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF; nº SS/mutualidade; nome e apelidos; enderezo; teléfono.

Datos de características persoais: estado civil; data e lugar de nacemento; idade; sexo; nacionalidade.

Datos académicos e profesionais: formación e titulacións.

6. Cesións de datos previstas: non se prevén cesións.

7. Órgano da Administración responsable do ficheiro: Portos de Galicia.

8. Servicios ou unidades ante os que se poden exerce-los dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición: Portos de Galicia, praza de Europa, 5 A, 6º, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela.

9. Medidas de seguridade: nivel básico.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA