A Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia, para dar cumprimento ós artigos 9 e 10
da Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación resolve convoca-lo seguinte concurso público:
1. Entidade adxudicadora: Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia, avda. Monte da Condesa s/n, 15706 Santiago de Compostela. Teléfono 981 54 69 00. Fax 981 59 31 51.
2. Obxecto e orzamento do contrato: adquisición de subministracións para a extracción de sangue mediante procedementos de aférese (nº expediente 02-2003) 2 lotes:
Lote 1. Equipos desbotables de aférese, sistema funcionalmente pechado para a obtención de compoñentes sanguíneos: plaquetas e/ou plasma e/ou hemacías (multicompoñente). Total unidades primeiro ano: 9.500; segundo ano 10.500.
Orzamento primeiro ano: 1.331.235 A
Orzamento segundo ano: 1.471.365A
Lote 2. Equipos desbotables de aférese, sistema funcionalmente pechado para a obtención de plasma. Total unidades primeiro ano 500; segundo ano 500.
Orzamento primeiro ano: 14.875 A
Orzamento segundo ano: 14.875 A.
Duración: 2 anos desde a data da sinatura do contrato.
Admisión de variantes: consideraranse as proposicións que, respectando o obxecto do contrato e o orzamento máximo autorizado, incorporen para a prestación da subministración solucións alternativas ás definidas nas condicións técnicas particulares.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.
4. Fianzas e garantías: provisional o 2% do orzamento de cada lote ó que se concorra. Garantía definitiva por importe do 4% do valor de adxudicación de cada lote.
5. Documentos de interese para os licitadores: os pregos de condicións xurídicas e de condicións técnicas particulares pódense solicitar no Centro de Transfusión de Galicia, avda. Monte da Condesa s/n, 15706 Santiago de Compostela en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.
6. Solvencia económico-financeira e técnica: acredítanse conforme o establecido no apartado 2.2.2 do prego de condicións xurídicas.
7. Criterios de adxudicación: os establecidos no cadro resumo de características.
8. Prazo e lugar de presentación das proposicións: as proposicións presentaranse antes das 14 horas do día 26 de marzo de 2003.
9. Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de condicións xurídicas e na forma que nel se sinala.
10. Data de apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada en acto público na sala de xuntas do Centro de Transfusión de Galicia, a partir das 10.30 horas do día 4 de abril de 2003.
11. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.
Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2003.
Carlos Areal Méndez
Director técnico da Fundación Pública Centro
de Transfusión de Galicia