Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Luns, 24 de febreiro de 2003 Páx. 2.187

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2003 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da subministración e instalación de material para a dotación ó colexio Calvo Sotelo dunha rede de cableado estructurado. (Expediente 02/11744 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: subministración e instalación de material para a dotación ó colexio Calvo Sotelo dunha rede de cableado estructurado.

Lugar de entrega e instalación: colexio Calvo Sotelo.

Prazo de entrega: un mes.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Orzamento: 33.544,88 euros.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Alférez Provisional, s/n, 5º, 15003 A Coruña, teléfono: 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 13 de febreiro de 2003.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña