Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Luns, 24 de febreiro de 2003 Páx. 2.188

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA

ANUNCIO de concurso, polo procedemento aberto, para a adquisición das seguintes subministracións: bolsas para a extracción de sangue, sistemas de fraccionamento do sangue e inactivación viral do plasma.

A Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia, para dar cumprimento os artigos 9 e 10 da Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación, resolve convoca-lo seguinte concurso público:

1. Entidade adxudicadora: Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia, avda. Monte da Condesa s/n, 15706 Santiago de Compostela. Teléfono 981 54 69 00. Fax 981 59 31 51.

2. Obxecto e orzamento do contrato: adquisición das seguintes subministracións: bolsas para extracción de sangue, sistemas de fraccionamento do sangue e inactivación viral do plasma (nº expediente 01-2003) 7 lotes:

Lote 1. Sistemas de bolsas cuádruples Sag-M con filtro desleucotizador incorporado, toma de mostra estéril, protector de agulla e bolsa de eliminación da contaminación bacteriana. Total unidades: 113.000.

Orzamento: 2.302.865 A.

Lote 2. Sistemas de filtración de hemacías de aférese e conservación con Sag Manitol. Total unidades: 5.000.

Orzamento: 84.100 A.

Lote 3. Inactivación viral do plasma con azul de metileno. Total unidades: 26.000.

Orzamento: 562.380 A.

Lote 4. Sistemas de bolsas para a recollida de sangue de cordón umbilical. Total unidades: 1.400.

Orzamento: 21.294 A.

Lote 5. Sistemas de bolsas de procesamento de sangue de cordón umbilical con bolsa de conxelación incorporada para o almacenamento. Total unidades: 700.

Orzamento: 72.573 A.

Lote 6. Sistemas de láminas fundidoras para selado en estéril de tubulares de bolsas de sangue. Total unidades: 50.400.

Orzamento: 128.433 A.

Lote 7. Sistemas de fraccionadores automáticos para a preparación de componentes sanguíneos. Total unidades: 8.

Orzamento: 81.500 A.

Duración: 1 ano desde a data da sinatura do contrato.

Admisión de variantes: consideraranse as proposicións que, respectando o obxecto do contrato e o orzamento máximo autorizado, incorporen para a prestación da subministración solucións alternativas ás definidas nas condicións técnicas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

4. Fianzas e garantías: provisional o 2% do orzamento de cada lote ó que se concurra. Garantía definitiva por importe do 4% do valor de adxudicación de cada lote.

5. Documentos de interese para os licitadores: os pregos de condicións xurídicas e de condicións técnicas particulares pódense solicitar no Centro de Transfusión de Galicia, avda. Monte da Condesa s/n, 15706 Santiago de Compostela en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

6. Solvencia económico-financeira e técnica: acredítanse conforme o establecido no punto 2.2.2 do prego de condicións xurídicas.

7. Criterios de adxudicación: os establecidos no cadro resumo de características.

8. Prazo e lugar de presentación das proposicións: as proposicións presentaranse antes das 14 horas do día 26 de marzo de 2003.

9. Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de condicións xurídicas e na forma que nel se sinala.

10. Data de apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada en acto público na sala de xuntas do Centro de Transfusión de Galicia, a partir das 10.30 horas do día 4 de abril de 2003.

11. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2003.

Carlos Areal Méndez

Director técnico da Fundación Pública Centro

de Transfusión de Galicia