Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Luns, 24 de febreiro de 2003 Páx. 2.185

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2003 pola que se publica a contratación da subministración de tres vehículos para a policía local.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. a) Órgano de contratación: Comisión de Goberno. b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación.

2. Obxecto do contrato: a) Subministración de tres vehículos para a policía local. b) Prazo de entrega: un mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto, concurso.

4. Orzamento de licitación: 67.0000 euros, incluído todo xénero de gastos.

5. Garantías: provisional: 1.340 euros. Definitiva: 4% do prezo da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: a) Lugar: Servicio de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra. Praza de España s/n, Pontevedra 36071. Teléfono 986 80 43 00. Fax 986 86 01 02. b) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis días naturais desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Presentación das ofertas: a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. b) Documentación que hai que presentar: cláusula 10ª do prego. c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra. De 8 a 13.30 horas. d) Prazo no que o licitador está obligado a mantene-la súa oferta: 3 meses.

8. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación as 9 horas do luns seguinte hábil ó da terminación do prazo sinalado para a presentación de ofertas.

9. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos: a) Os de anuncios que xere o procedemento e os seus actos preparatorios. b) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato de subministración, incluído o IVE. c) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa Ordenanza Fiscal reguladora da taxa. d) Os de transporte e entrega da subministración.

Ponteveddra, 13 de xaneiro de 2003.

Raimundo González Carballo

Tenente alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral