Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Luns, 24 de febreiro de 2003 Páx. 2.185

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ORTIGUEIRA

ANUNCIO de concurso, por procedemento aberto para, a contratación do servicio de explotación de local.

Obxecto: servicio de explotación da cafetería, limpeza e mantemento das instalacións, moblaxe, servicios e dependencias, incluso a tarima de madeira lindeira, do local sito nos xardíns do peirao da vila de Santa Marta.

Tipo de licitación: canon anual 1.452 euros máis IVE.

Información: Secretaría Municipal-Negociado de Contratación.

Proposicións: poderanse presentar no rexistro xeral, Negociado de Contratación ata ás 14 horas, dentro do prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG.

Gastos de anuncios: os gastos do presente anuncio serán por conta do adxudicatario.

Ortigueira, 11 de febreiro de 2003.

Antonio Campo Fernández

Alcalde