Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Luns, 24 de febreiro de 2003 Páx. 2.184

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OROSO

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora.

Concello de Oroso.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: o contrato ten por obxecto a xestión integral do servicio público de limpeza viaria, recollida de residuos sólidos urbanos, vidro, envases lixeiros, chatarra do Concello de Oroso e o seu transporte á ecoplanta de Sogama no concello de Cerceda.

b) Lugar de execución: Concello de Oroso.

c) Prazo de execución: dez anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público, de acordo co prego de cláusulas económico-administrativas e prescricións técnicas aprobado pola Comisión de Goberno, en sesión do 7 de febreiro de 2003. O prego de cláusulas económico-administrativas sométese a información pública conxuntamente coa convocatoria da licitación e esta licitación aprazarase no suposto de que se formulasen reclamacións contra o prego no prazo de 8 días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP, a teor do disposto no artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

4. Orzamento, base de licitación.

O previsto na cláusula 5 do prego de cláusulas económico-administrativas.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento de licitación.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Presentación de proposicións.

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ó da última das publicacións deste anuncio no BOP e no DOG.

b) Lugar de presentación: rexistro xeral do concello en horario das 9 ás 14 horas, ou a través de calquera dos medios establecidos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas.

7. Apertura de plicas.

Ás trece horas do terceiro día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de proposicións, a mesa de contratación procederá á apertura dos sobres B e C Documentación.

Ás catorce horas do sétimo día hábil posterior a aquel no que teña lugar a cualificación dos documentos pola mesa de contratación (sobres B e C), celebrarase o acto público de apertura de proposicións económicas (sobre A), constituíndose para estes efectos a mesa de contratación (en caso de coincidir en sábado trasládase ó seguinte hábil).

8. Modelo de proposición e de sobre.

Os sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Oroso.

b) Enderezo: praza do Concello, s/n.

c) Localidade e código de postal: 15884 Sigüeiro-Oroso.

d) Teléfono: 981 69 14 78/69 16 80. Telefax: 981 69 17 86.

10. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Oroso, 10 de febreiro de 2003.

Manuel Mirás Franqueira

Alcalde