Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Luns, 24 de febreiro de 2003 Páx. 2.177

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/4-2, 5978 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Cabreira.

Situación: Baleira-Lugo.

Descricións técnicas: L.M.T.A. a 20 kV, con lonxitude de 0,566 km, con orixe no apoio F.L. de L.M.T. a C.T. de San Paio, conductor tipo LA-56 e final no C.T. de Esgrade. C.T.I. con potencia de 50 kVA e relación de transformación de 20.000/380-220 V. L.B.T.A. con lonxitude de 1,895 km, con orixe no C.T. Cabreira e conductor tipo R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 20 de xaneiro de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo