Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Luns, 24 de febreiro de 2003 Páx. 2.171

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se aproba o proxecto de execución modificado parcial do proxecto Eixe Bergantiños, revisión 1, promovido pola empresa Gas Directo, S.A. nos termos municipais de Arteixo, A Laracha e Carballo.

Examinado o expediente instruído por instancia da empresa Gas Directo, S.A., con enderezo para efectos de notificacións en Capitán Haya, 53, 28020 Madrid, resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Con data do 25 de setembro de 1998, a Consellería de Industria e Comercio outorgou a Gas Directo, S.A. a concesión administrativa para a subministración de gas natural para usos domésticos, comerciais e industriais no termo municipal da Laracha e para usos industriais no termo municipal de Carballo, concesión devida en autorización segundo se establece na disposición adicional sexta da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos.

Segundo.-Con data do 27 de setembro de 2001, a referida empresa solicitou, ó amparo do establecido nos artigos 89.3º e 104 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, e no artigo 9 do Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles aprobado por Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de modificado parcial do proxecto Eixe Bergantiños, revisión 1, así como a declaración de utilidade pública das mencionadas instalacións, xuntando a dita solicitude ó preceptivo proxecto de

instalacións, que foi redactado conforme o esixido polo Regulamento de redes e acometidas de combustibles gasosos, aprobado por orde do Ministerio de Industria do 18 de novembro de 1974, modificado por ordes do Ministerio de Industria e Enerxía do 26 de outubro de 1983, do 6 de xullo de 1984 e 9 de marzo de 1994.

O trazado afecta ós termos municipais de Arteixo, A Laracha e Carballo.

O ramal principal terá a súa orixe na conexión cunha válvula da Rede da Coruña (Enagás) situada no termo municipal de Arteixo, e finalizará na válvula de final de liña que se instalará no polígono industrial de Carballo.

Ó longo do trazado o ramal principal derivará en subramais para o abastecemento de gas a Paiosaco, A Laracha e Siderúrxica Añón.

A presión máxima de servicio dos ramais será de 16 bar relativos.

As lonxitudes e diámetros das conduccións son:

RamalDiámetroLonxitude (m)

Ramal principal8''25.205

Ramal a Paiosaco4''160

Ramal á Laracha4''754

Ramal a Siderúrxica Añón6''1.098

Total25.217

O orzamento ascende á cantidade de 543.738.900 ptas. (3.267.936,60 A)

Terceiro.-Esta dirección xeral someteu a información pública o referido proxecto xunto coa relación de bens e dereitos afectados, mediante Resolución do 11 de abril de 2002, publicada no Diario Oficial de Galicia do 3 de maio, no BOP da Coruña do 4 de maio, no diario La Voz de Galicia do 5 de maio e no taboleiro de anuncios dos concellos de Arteixo, A Laracha e Carballo.

Cuarto.-Durante o período legalmente establecido recibíronse as seguintes alegacións ó proxecto:

1. María Ramos Añón, afectada no predio C-LA-218; Estrella Lourdes Canedo Caamaño, afectada nos predios C-LA-214 e C-LA-216; Manuel Vázquez Puñal, afectado no predio C-CA-36; Laura Rodríguez Varela, afectada no predio C-LA-20; Mª del Carmen Crespo Barro, afectado no predio C-AX-169, solicitan corrección de erros na relación de bens e dereitos afectados con respecto á titularidade dos predios mencionados, que aparecen como descoñecidos ou a nome de anteriores propietarios.

2. María Josefa Cambón Mariño, afectada no predio C-LA-136, dado que a conducción afecta ó pozo de auga da súa vivenda; Manuel Cambón Casas, en representación do seu irmán, David Cambón Casas, afectado no predio C-LA-135 e Alicia Doldán Mallo, afectada no predio C-LA-139, solicitan o mesmo cambio de trazado, co que se ocasionaría un dano

moito menor nos predios e resultando beneficiados varios afectados.

3. Ramón Caamaño Gabín, afectado nos predios C-CA-98 e C-CA-99; Ramón Lista Vázquez, afectado nos predios C-CA-38 e C-CA-42 solicitan corrección de erros na titularidade dos predios e variación de trazado polos lindeiros.

4. Obdulia Morales Barreiro, afectada no predio C-LA-12, pide variación de trazado cara ó camiño ou que se lle pague o valor real.

5. Jesús Nión Seoane e Abencio Pombo López, afectados no predio C-LA-151; Eliseo Rodríguez Felipez, afectado nos predios C-LA-161 e C-LA-163, e Ramón López Morales, afectado no predio C-LA-164, solicitan cambio de trazado ó outro lado da autovía A-55 (A Coruña-Carballo) onde vai situado o futuro parque empresarial da Laracha e que se lles pague antes do inicio das obras.

6. Luís Varela Viña, afectado no predio C-LA-38, solicita variación de trazado ó lindeiro do seu predio.

7. Juan Manuel Cancela Sánchez, en representación de Asemcar, sociedade xestora do Polígono Industrial de Bértoa, propón cambio de trazado porque este se proxecta no vial principal do polígono, o que afetaría ó tráfico rodado do polígono durante e despois das obras, e ademais crúzase con outros servicios.

8. María Josefa Varela Palleiro, afectada no predio C-AX-179, solicita variación de trazado que non afecta a terceiros.

9. Carlos Rumbo Piña, afectado no predio C-AX-68, pide a variación de trazado a camiños e senón a expropiación total do predio.

10. Mª Josefa Gantes Suárez, afectada nos predios C-AX-208 e C-AX-213, e Francisca Añón Rodríguez, afectada no predio C-AX-219, solicitan que se modifique o trazado do gasoducto entre os vértices V-43 e V-45, co fin de que se adapte máis ós camiños existentes e ós lindes dos predios afectados, sin afectar a terceiros non incluídos no expediente.

11. María Silveira Piña, afectada no predio C-AX-66 e Pilar Silveira Piña, afectada no predio C-AX-64, manifestan a súa desconformidade co trazado, dado que non poderían edificar nin plantar árbores e solicitan que os predios permanezan no seu estado actual.

12. José Bao Rodríguez, afectado no predio C-AX-158, manifesta a súa desconformidade co trazado que di se fixo aleatoriamente e propón modificación de trazado que lle ocasionaría menor perxuízo.

13. José Palleiro Caamaño, afectado nos predios C-AX-182 e C-AX-183, manifesta a súa desconformidade co trazado que lle atravesa os predio, e solicita que non as cruce ou de facelo, sexa por un lateral.

14. Manuel Caamaño Becerra, afectado no predio C-LA-166, solicita cambio de trazado, xa que lle pasa polo xardín da súa casa. Non dá alternativas.

15. María Mercedes Muñíz Canedo, afectada no predio C-LA-208, propón variación de trazado á parte traseira da súa parcela, afastando a conducción das vivendas construídas.

16. José Manuel Rumbo Piña, afetado no predio C-AX-67, solicita que se considere o uso de cultivo a efectos de compensación económica ou que se faga outro trazado que produza efectos menos gravosos.

17. María Victoria Vázquez Mariño, afectada no predio C-AR-89 manifesta a súa desconformidade co trazado, porque deixa de afectar a uns para afectar a outros e porque favorece as zonas industriais e edificables, pero transcorre por solo rústico e forestal.

18. José Bao Rodríguez e corenta persoas máis, propoñen dous trazados alternativos na parroquia de Larín, a través de vías públicas municipais, que contan coa conformidade do Concello de Arteixo.

19. Gas Natural SDG, S.A. alega que o punto de conexión do Eixe Bergantiños, pertence ó Ramal R-1-2 da rede de distribución da ciudade da Coruña, propiedade de Gas Natural, SDG, S.A.; que a Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, define no seu artigo 76 (acceso ás redes de distribución de gas natural) que os titulares de instalacións de distribución deberán permiti-la utilización desta ós consumidores cualificados e ós comercializadores [...] polo que Gas Directo, S.A. non cumpre ningunha das condicións esixidas na Lei de hidrocarburos para ter acceso directo a unha rede de distribución, pois nin é consumidor cualificado nin comercializador polo cal, non está previsto en toda a normativa de desenvolvemento no tema de tarifas e peaxes, a remuneración entre empresas distribuidoras polo concepto de ATR (acceso de terceiros á rede).

Ademais alega que, a utilización das instalacións propiedade de Gas Natural SDG, S.A., deseñadas para abastece-la poboación da Coruña, poderían resultar insuficientes para o tránsito de gas necesario para subministrar gas ós presentes e futuros clientes da Coruña. En consecuencia, pide a modificación do proxecto, presentando a conexión das súas instalacións directamente á rede propiedade do transportista Enagás.

As alegacións foron remitidas á empresa beneficiaria.

Quinto.-Así mesmo, solicitouse informe dos organismos e entidades competentes sobre determinados bens públicos e servicios que resultan afectados pola mencionada conducción de gas natural.

Sexto.-A solicitude obxecto deste expediente está informada favorablemente pola Delegación Provincial da Coruña.

Sétimo.-O 12 de novembro de 2002 a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formulou a declaración de impacto ambiental do dito proxecto.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación coa Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, cos decretos 2913/1973, do 26 de outubro e 1775/1967, do 22 de xuño.

Segundo.-O proxecto cumpre coas esixencias regulamentarias fixadas no citado Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, así como as normas ou regulamentos que as desenvolven, e o Regulamento de redes e acometidas de combustibles gasosos aprobado pola orde do Ministerio de Industria do 18 de novembro de 1974.

Terceiro.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación a estas por parte da empresa Gas Directo, S.A. e o resto da documentación que consta no expediente, queda de manifesto que:

1. Con respecto ás alegacións relativas a erros de titularidade, previas ás comprobacións oportunas, a empresa procederá emendar estes, se ben os alegantes deberán achegar título orixinal suficiente que acredite a súa condición de propietarios dos predios no momento que sexan requiridos para iso.

2. Con respecto ás alegacións presentadas por María Josefa Cambón Mariño, Manuel Cambón Casas e Alicia Doldán Mallo, Gas Directo, tras contactar cos afectados, consensuou unha modificación de trazado e achega documento do acordo, polo que se aproba a dita modificación.

3. Con respecto ás alegacións de cambio de trazado de Ramón Caamaño Gabín, a modificación que propón implica modificación na afección ás parcelas C-CA-094, C-CA-095, C-CA-96 e C-CA-097, e a modificación proposta por José Ramón Lista Vázquez implica modificación na afección das parcelas C-CA-37, C-CA-039 e C-CA-40 e C-CA-043 e C-CA-46, que non solicitaron modificación de trazado.

4. Con respecto ás alegacións de Obdulia Morales Barreiro, as características inherentes á gran maioría dos predios da comarca (pequena superficie, formas irregulares, etc.) fan inviable calquera trazado de obra lineal que pretenda axustarse ós lindeiros de tódalas parcelas.

A servidume de paso é subterránea, polo que o predio rústico pode seguir destinado ó uso que viña sendo destinado con anterioridade, e tampouco afecta á edificabilidade.

Con respecto ó prezo, os interesados poden chegar a mutuo acordo coa empresa distribuidora, e no caso de que este non se alcance, seguirase o trámite de prezo xusto que vén estipulado na Lei de expropiación forzosa e o seu regulamento.

5. Con respecto ás alegacións presentadas por Jesús Nión Seoane, Eliseo Rodríguez Felípez e Ramón López Morales, hai que dicir que situa-la traza ó outro lado da autoestrada supoñería despraza-la afección duns propietarios a outros novos e que o procedemento expropiatorio realizarase de acordo co establecido na lexislación vixente.

6. Con respecto ás alegacións presentadas por Luís Varela Viña, a variación de trazado que propón faría discorre-lo tubo sobre un pequeno regato; condicións de seguridade da instalación recomendan a non adopción da dita alternativa. Ademais a dita modificación implica a variación de trazado noutras parcelas lindantes que non son da súa propiedade (C-LA-39, C-LA-40 e C-LA-42).

7. Con respecto ás alegacións presentadas por Juan Manuel Cancela Sánchez, en representación de Asemcar, a existencia dunha liña moi próxima á alternativa proposta non fai recomendable o cambio polos problemas de corroxión. Na fase de obra tomaranse as medidas necesarias para non afectar a outras canalizacións existentes e para respecta-las distancias de seguridade con outras canalizacións. A afección ó tráfico rodado só afectará durante as obras, restituíndo despois os viais ó seu estado orixinal.

8. Con respecto á alegación presentada por María Josefa Varela Palleiro, a modificación que propón produce modificacións na afección ás parcelas C-AX-177, C-AX-179, C-AX-182, así como afección a novos propietarios, que non solicitaron modificación de trazado.

9. Con respecto as alegacións presentadas por Carlos Rumbo Piña, o trazado polo seu predio discorre en paralelo a unha liña eléctrica a unha distancia de 10 m para mante-las condicións de seguridade. O gasoducto só aumenta a franxa de afección da liña, evitando o paso por outros predios que non están afectados por outros servicios. É tecnicamente inviable pretender adaptar unha obra lineal ó trazado dos camiños da zona, que non presentan aliñacións que o permitan.

10. Con respecto ás alegacións presentadas por Mª Josefa Gantes Suárez, a variación proposta supón modificacións na afección ós predios C-AX-209, C-AX-210, C-AX-211, C-AX-214, C-AX-215, C-AX-216, C-AX-217, así como a afección a dúas parcelas que non se encontraban afectadas polo trazado, e que os ditos predios non solicitaron variación deste. A variación proposta por Francisca Añón Rodríguez supón a modificación de afección ó predio C-AX-217 e afección a outras que non se encontraban afectadas polo tratado, e que os ditos predios non solicitaron variación deste.

11. Con respecto ás alegacións presentadas por María Silveira Piña e Pilar Silveira Piña, o trazado discorre en paralelo e o máis próximo posible á liña eléctrica existente, coa finalidade de non crear novos corredores de infraestructuras que aumentarían as afeccións sobre os predios. Ó tratarse dunha liña soterrada, non resta volume edificable ó predio, caso

de ser edificable, e sempre que se solicite expresamente e se cumpran as condicións que en cada caso se fixen, o órgano competente da Administración pode autoriza-la edificación a menos de cinco metros do eixe do tubo. A limitación de plantar árbores circunscríbese só a dous metros do eixe do encanamento.

12. Con respecto ás alegacións presentadas por José Bao Rodríguez, as variacións propostas supoñen variación da afección no predio C-AX-159, non solicitando modificación de trazado o propietario de dito predio.

13. Con respecto ás alegacións presentadas por José Palleiro Camaño, as características da gran maioría dos predios da comarca fan inviable calquera trazado de obra lineal que pretenda axustarse ós lindeiros de tódalas as parcelas.

14. Con respecto ás alegacións presentadas por Manuel Caamaño Becerra, o trazado proposto discorre a distancia suficiente da vivenda para non producir afeccións e os terreos do xardín afectados serán restituídos ás súas condicións orixinais.

15. Con respecto ás alegacións presentadas por María Mercedes Muñíz Canedo, as condicións de diseño da instalación, recomendan trazados o máis liñais posible.

16. Con respecto ás alegacións presentadas por José Manuel Rumbo Piña, unha vez finalizada a obra a afección causada pola conducción non impide o uso e desfrute da parcela rústica tal e como se viña facendo, por canto non se trata dunha expropiación de dominio, senón dunha servidume de paso. No valor da indemnización considerarase o valor do solo como o da colleita existente ó inicio da obra.

17. Con respecto ás alegacións presentadas por María Victoria Vázquez Mariño, o trazado foi realizado tras unha rolda de reunións cos concellos afectados, buscando, na medida do posible, minimiza-lo impacto deste ante particulares que se puideran ver afectados.

18. Con respecto ás alegacións presentadas por José Bao Rodríguez e corenta persoas máis, non proceden as alternativas propostas por ser tecnicamente inviable durante tramos tan prolongados realiza-las obras exclusivamente por camiños, dado que os criterios de deseño da conducción recomendan tramos o máis rectilíneos posible, para minimiza-lo número de codos, facilita-la construcción e reduci-lo período de realización desta, diminuíndo as molestias ós particulares e minimiza-los puntos de posibles fugas. Con respecto ó resto das alegacións, non cabe dúbida de que é necesario afectar a particulares do concello de Arteixo para poder abastecer de gas ós concellos da Laracha e Carballo, e que o trazado discorre a maior distancia de zonas edificadas que as alternativas propostas.

19. Con respecto á alegación presentada por Gas Natural, S.D.G., S.A., non se pode ter en consideración, xa que este non é un suposto de dereito de

acceso a terceiros, senón de conexión e configuración de rede de distribución. En todo caso, o dereito de acceso exercerao o transportista que acceda a unha infraestructura a través da rede doutro distribuidor.

O artigo 73.5º da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, referíndose ás instalacións de distribución, di que cando as instalacións autorizadas teñan que conectarse a instalacións xa existentes de distinto titular, eéste deberá permiti-la conexión nas condicións que regulamentariamente se establezan.

O Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalación de gas natural, no artigo 12.1º di: as redes de distribución deberán alimentarse preferentemente desde unha rede de transporte, podendo, así mesmo, alimentarse a partir doutra rede de distribución de presión máxima de deseño superior a 4 bares, sempre que esta dispoña de suficente capacidade de subministración, atendendo a criterios de racionalidade técnica e económica.

O procedemento para isto desenvólvese no punto 2 do mesmo artigo: os distribuidores que desexen conectarse a unha rede de transporte ou de distribución, de presión máxima de deseño superior a 4 bar, enviarán ó transportista ou ó distribuidor unha solicitude de conexión á dita rede de transporte, indicando os caudais de gas previstos.[...] o transportista ou distribuidor disporá dun prazo de corenta días hábiles para contestar á súa solicitude, indicando o punto de conexión máis axeitado, as condicións técnicas de conexión, as presións dispoñibles no punto de entrega, custos necesarios para efectua-la conexión e prazos de execución.

Á vista dos documentos presentados por Gas Directo, S.A., enténdese que o dito trámite xa se realizara con Enagás, anterior propietario da rede, que con data do 22 de marzo de 1999 contestou afirmativamente á solicitude de conexión de Gas Directo, indicando como punto de conexión máis axeitado a válvula de 8 da rede da Coruña situada en Arteixo, así como as condicións técnicas e económicas desta. Dado que Enagás xa previra no seu día esta válvula como punto de partida do ramal para a gasificación da comarca de Bergantiños e que Gas Natural, SDG, S.A. non xustifica nin documental nin contractualmente a súa falta de capacidade, tampouco se pode considera-la alegación relativa á falta de capacidade.

Cuarto.-Gas Directo, S.A. procederá igualmente a realiza-los cruzamentos e afeccións a organismos públicos de acordo cos condicionados e informes realizados, ou se é o caso, pendentes de realizar.

Por todo o anterior, debe accederse ó solicitado pola empresa Gas Directo, S.A. e, por conseguinte, proceder a aproba-lo proxecto de execución de referencia.

Vistos os preceptos legais citados e os demais de pertinente e xeral aplicación, esta dirección xeral

RESOLVE:

-Aprobar a Gas Directo, S.A. o proxecto de execución das instalacións que se consideran en la «Modificado parcial do proxecto Eixe Bergantiños. Resión 1.», nos termos municipal de Arteixo, A Laracha e Carballo.

-Declara-la utilidade pública das instalacións que se autorizan, para os efectos previstos no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Esta autorización administrativa outórgase de acordo coas condicións xerais previstas na Lei 34/1998, do 7 de outubro, o Decreto 2613/1973, do 26 de outubro e o Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e baixo as condicións especiais seguintes:

Primeira.-As instalacións deberán realizarse conforme as especificacións e planos do proxecto que se aproba.

Segunda.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten ós datos básicos do proxecto será necesario a autorización desa Dirección Xeral de Industria. Así mesmo, a Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación dae dita facultade.

Terceira.-En todo momento deberá cumprirse canto establece o Regulamento de redes e acometidas de combustibles gasosos, aprobado por orde do Ministerio de Industria do 18 de novembro de 1974, modificado polas ordes do Ministerio de Industria e Enerxía do 26 de outubro de 1983, 6 de xullo de 1984 e 9 de marzo de 1994, así como as instruccións técnicas complementarias ITC-MIG 5.2. Canalizacións de transporte e distribución de gas de alta presión A e ITC-MIG 6.1. Acometidas de gas en alta presión, aprobadas por Orde do 26 de outubro de 1983 e modificadas pola do 6 de xullo de 1984, normas UNE e demais normativas e directrices vixentes.

Cuarta.-Os materiais e instalacións eléctricas deberán cumpri-lo disposto no Regulamento electrotécnico de baixa tensión e as súas instruccións técnicas complementarias, así como a norma UNE 20.322-86: clasificación de lugares con riscos de explosión debido á presencia de gases, vapores e néboas inflamables ou lugares de canalizacións deberá realizarse segundo o establecido na norma UNE 60-302 as zonas de seguridade e coeficientes de cálculo estarán de acordo co establecido na norma UNE 60-305, debendo así mesmo establecerse dispositivos que limiten a presión nas canalizacións ós valores máximos de servicio autorizados.

Quinta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións será de seis meses contados desde a data en que exista posibilidade legal de ocupación física

dos predios afectados, podendo solicitar prórroga, en caso necesario, previa á oportuna xustificación.

Sexta.-A Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña deberá realizar durante as obras e unha vez rematadas estas, as comprobacións e probas que considere necesarias en relación co cumprimento das condicións xerais e específicas establecidas.

Sétima.-O peticionario manterá informada á Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña de calquera incidencia que se poida producir durante a execución das obras e tamén das datas e fases previstas para a realización das probas e controis regulamentarios, todo iso con antelación suficiente, acreditando posteriormente ante a citada delegación provincial que os ensaios previstos se realizaron por entidades ou persoas legalmente facultadas e con resultado satisfactorio.

Ó remata-las obras remitiráselle á dita delegación provincial o certificado final de dirección de obra, asinado por técnico competente, que acredite que as instalacións cumpren as condicións técnicas e prescricións regulamentarias que lle son de aplicación e que se axustan ó proxecto aprobado e/ou, se é o caso, ás modificacións autorizadas, xuntando as actas e certificacións das probas e controis regulamentarios. A delegación provincial, logo do informe do técnico designado pola dita delegación estenderá, se procede, a acta de posta en marcha da instalación.

Oitava.-Os cruzamentos especiais ou outras afeccións a bens de dominio público realizaranse de conformidade cos condicionados técnicos impostos polos organismos afectados.

Novena.-O peticionario asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construcción e despois da súa posta en servicio co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Décima.-Para a seguridade das instalacións a que se refire a presente autorización establécense as seguintes afeccións en relación cos elementos que se mencionan:

Un: expropiación forzosa dos terreos sobre os que se construirán os elementos de instalación fixa en superficie.

Dous: para as canalizacións:

A. Imposición de servidume permanente de paso ó longo do trazado da conducción, cunha largura de dous (2) metros, un (1) a cada lado do eixe, por onde discorrerá soterrado o encanamento ou encanamentos que se requiran para a conducción do gas. Esta servidume que se establece estará suxeita ás seguintes limitacións de dominio.

1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a cincuenta (50) centímetros, así coma de plantar árbores ou arbustos a unha distancia inferior a dous (2) metros, contados desde o eixe do encanamento.

2. Prohibición de realizar calquera tipo de obras, construcción, edificación ou efectuar acto ningún que puidera danar ou perturba-lo bo funcionamento das instalacións, a unha distancia inferior a cinco (5) metros do eixe do trazado, a un e outro lado deste. Esta distancia poderá reducirse sempre que se solicite expresamente e se cumpran as condicións que, en cada caso, fixe o órgano competente da Administración.

3. Libre acceso do persoal e equipos necesarios para poder manter, reparar ou renova-las instalacións, con pagamento, se é o caso, dos danos que se ocasionen.

4. Posibilidade de instala-los fitos de sinalización ou delimitación e os tubos de ventilación, así como de realiza-las obras superficiais ou subterráneas que sexan necesarias para a execución ou funcionamento das instalacións.

B. Ocupación temporal dos terreos necesarios para a execución das obras, da franxa que se reflicte para cada predio nos planos parcelarios de expropiación. Nesta zona farase desaparecer, temporalmente, todo obstáculo e realizaranse as obras necesarias para o tendido e instalación da canalización e elementos anexos, executando os traballos ou operacións precisas ós ditos fins.

Tres: para o paso de cables de conexión e elementos dispersores de protección catódica:

A. Imposición de servidume permanente de paso nunha franxa de terreo dun (1) metro de largo, por onde discorrerán soterrados os cables de conexión. Para os leitos dispersores de protección catódica, a franxa de terreo, onde se establece a imposición de servidume permanente de paso, terá como largura, a correspondente á da instalación máis un (1) metro a cada lado.

Esta franxa estará suxeita ás seguintes limitacións:

1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a cincuenta (50) centímetros, a plantar árbores ou arbustos e realizar todo tipo de obras, construcción ou edificación a unha distancia inferior a un metro e medio (1,5), a cada lado do cable de conexión ou do límite da instalación soterrada dos leitos dispersores, podendo exerce-lo dereito a cortar ou arrinca-las árbores ou arbustos que houbera a distancia inferior á indicada.

2. Libre acceso do persoal e elementos necesarios para poder vixiar, manter, reparar ou renova-las instalacións, con pagamento, se é o caso, dos danos que se ocasionen.

B. Ocupación temporal, como necesidade derivada da execución das obras, da zona que se reflicte para cada predio nos planos parcelarios de expropiación, e na que se poderá facer desaparecer todo obstáculo, así como realiza-las obras necesarias para o tendido e montaxe das instalacións e elementos anexos, executando as obras ou operacións precisas ós ditos fins.

Catro: para o paso da acometida eléctrica:

A. Imposición de servidume permanente de paso nunha franxa de terreo dun (1) metro de largo, por onde discorrerá a liña eléctrica.

Estas franxas estarán suxeitas ás seguintes limitacións:

1. Prohibición de plantar árbores ou arbustos a unha distancia inferior a dous (2) metros, a cada lado da liña, podendo exerce-lo dereito a cortar ou arrinca-las árbores ou arbustos que houbera a distancia inferior á indicada.

2. Prohibición de realizar calquera tipo de obras de construcción ou edificación a unha distancia inferior a cinco (5) metros a cada lado da liña

3. Libre acceso do persoal e elementos necesarios para poder vixiar, manter, reparar ou renova-las instalacións, con pagamento, se é o caso, dos danos que se ocasionen.

B. Ocupación temporal, como necesidade derivada da execución das obras, da zona que se reflicte para cada predio nos planos parcelarios de expropiación, e na que se poderá facer desaparecer todo obstáculo, así como realiza-las obras necesarias para o tendido e montaxe das instalacións e elementos anexos, executando as obras ou operacións precisas ós ditos fins.

O proxecto inclúe planos parcelarios e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados.

Décimo primeira.-A compañía operadora deberá ter un programa de vixilancia, inspección e control para observa-las condicións en que se atopan as canalizacións, debendo manter unha central de avisos atendida permanentemente e dispor dun plan de emerxencia escrito que describa a organización e actuación de medios humanos e materiais propios nas situacións de emerxencia. Así mesmo, deberá facilitarlles ós servicios de bombeiros, concello e organismos con competencias en materia de protección civil, copia dos planos de situación das canalizacións e características destas. Esta documentación será copia da que debe ter actualizada en arquivo a compañía operadora durante o período de explotación, de acordo co establecido no Regulamento de redes e acometidas de combustibles gasosos e demais disposicións complementarias e modificadoras.

Décimo segunda.-A autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias de competencia doutros organismos ou entidades públicas, necesarios para realiza-las instalacións aprobadas.

Décimo terceira.-A Administración resérvase o dereito a deixar sen efecto a presente autorización polas causas sinaladas polo artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 20 de xullo, por incumprimento das condicións estipuladas, pola facilitación de datos inexactos, pola extinción da concesión da que dima

na ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interporse, se é o caso, recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas