Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Luns, 24 de febreiro de 2003 Páx. 2.177

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/5-2, 5989 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no título VII do Real decreto

1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: A Coruña, 15000 A Coruña.

Denominación: R.B.T. Berducer, Coído e A Pena.

Situación: Friol-Lugo.

Descricións técnicas: L.B.T.A. con 2,283 km de lonxitude, con orixe no C.T. Cota II e conductor tipo R.Z.

L.B.T.A. con 1,46 km de lonxitude, con orixe no C.T. Cota e conductor tipo R.Z.

L.B.T.A. con 1,402 km de lonxitude, con orixe no C.T. Pena e conductor tipo R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 21 de xaneiro de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo