Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Venres, 21 de febreiro de 2003 Páx. 2.068

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBEIRA

ANUNCIO.

Por acordo do Pleno desta Corporación Municipal, adoptado en sesión celebrada o día 27 de xaneiro de 2003, aprobouse o texto inicial do convenio urbanístico de planeamento subscrito entre o Concello de Ribeira e os propietarios do soar situado entre a rúa de Lugo, praza Otero Goyanes e rúa de Ramón y Cajal.

O que se somete a información pública por un período de vinte días, mediante a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia, en cumprimento do artigo 237.1º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, co obxecto de que durante o referido prazo cantas persoas se consideren interesadas poidan examina-lo correspondente expediente nas mañás dos días hábiles, de nove trinta a trece trinta horas, no prazo indicado, que comezará a contar a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas oficinas de Secretaría do Concello de Ribeira, praza do Concello s/n, co fin de que se poidan formula-las reclamacións e alegacións que se estimen procedentes.

Ribeira, 28 de xaneiro de 2003.

José Luis Torres Colomer

Alcalde