Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Venres, 21 de febreiro de 2003 Páx. 2.068

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2003 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: é a realización das obras incluídas no proxecto de EDAR compacta en Bornais, redactado polo Servicio Municipal de Proxectos e Obras.

Tipo de licitación: 259.804,96 A, IVE incluído.

Prazo de execución: o prazo de execución do contrato será de catro meses e medio contados a partir da data da acta de comprobación do replanteo.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar as proposicións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela das 9 ás 14, dentro do prazo de vinteseis días naturais, contados desde o día seguinte ó da data da última das publicacións que corresponden facer no DOG e no BOP da Coruña.

Información: Concello de Santiago de Compostela (Sección de Contratación). Teléfono 981 54 30 33. Fax 981 57 76 27.

Documentación: Copy Estudio. R/ Nova de Abaixo, nº 19-21, local 2. Teléfono 981 59 33 85.

Clasificación: grupo K, subgrupo 8, categoría d.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no punto 15.3.3 do prego de cláusulas administrativas.

Garantías: provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 12 horas, o segundo día hábil seguinte, non sábado, ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2003.

José A. Sánchez Bugallo

Alcalde