Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Venres, 21 de febreiro de 2003 Páx. 2.067

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 2003 pola que se anuncia a licitación para a adxudicación, mediante concurso, das obras de saneamento do sistema marítimo fluvial río-ría Xunqueira de Alba: actuación e eliminación de verteduras á ría de Pontevedra.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra; praza de España s/n, 36071. Pontevedra. Órgano de contratación: Comisión de Goberno.

2. Obxecto:

a) Eliminación de verteduras da ría. b) Duración do contrato: doce meses. c) Lugar: Pontevedra.

3. Tramitación, procedemento e forma: ordinaria, aberto e concurso.

4. Orzamento base de licitación: fíxase como tipo máximo de licitación a cantidade de 2.572.582,03 euros, IVE incluído (cláusula 4 do prego de cláusulas administrativas particulares).

5. Garantías: provisional: 51.451,64 euros. Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: os interesados dispoñen da documentación no Servicio de Contratación e deberán aboa-la cantidade de 35 euros.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite: 24 de febreiro de 2003 (cincuenta e dous días naturais contados a partir do día seguinte ó de envío deste anuncio ó DOCE). b) Documentación que hai que presentar: cláusula 16 do prego no rexistro xeral do concello (das 9 ás 13 horas).

8. Apertura das ofertas: cláusula 21 do prego rectificado de cláusulas administrativas particulares.

9. Criterios de adxudicación: cláusula 19 do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Gastos: cláusula 33 do prego.

11. Data de envío do anuncio ó DOCE: 3 de xaneiro de 2003.

Pontevedra, 2 de xaneiro de 2003.

Miguel Anxo Fernández Lores

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral